Illa Amsterdam
Illa Amsterdam | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Francia |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2009) | 60 hab. |
Superficie | 58 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 37°50′S 77°31′L / -37.833, -77.517 |
Maior Altura | 881 m. Mont de la Dives |
Localización | |
![]() |
A illa Amsterdam (algunha vez chamada Nova Amsterdam) é unha pequena illa francesa situada ao sur da océano Índico.
Forma coa illa Saint-Paul, a 85 km máis ao sur o distrito das Illas de Saint-Paul e Amsterdam.
Habítana preto de 30 persoas durante o inverno austral e 60 persoas no verán.
XeografíaEditar
A illa Amsterdam é unha illa de orixe volcánico cunha superficie de 58 km². A montaña Dives é o punto máis alto con 881 m.
As illas Saint-Paul e Amsterdam son as illas máis afastadas do mundo de toda masa continental.
ClimatoloxíaEditar
Teñen un clima oceánico amornado sen neve nin xeadas pero cun vento constante do oeste. Temperatura media ao abrigo do vento de 16 °C cunha máxima absoluta, durante 50 anos, de 26 °C e unha mínima de 1´7 °C.
A única poboación é a da base científica de Martin de Viviès, de 1949 hai misións científicas con 23 a 35 persoas.
Explótase a pesca da lagosta (Jasus paulensis).
Fauna e floraEditar
Presentan un ecosistema fortemente perturbado polo ser humano (caza, deforestación) e estendéronse plantas introducidas como capuchinas e gramíneas.
A vexetación natural é de tipo herbáceo só na illa de Amsterdam atópase unha especie de árbore a Phylica arborea pero en 1980 só quedaban árbores residuais xa que deles se alimentan os bovinos asilvestrados duns rabaños do século XIX.
Replantaronse 7.000 destes tipos de árbores.
Fauna: aves mariñas como un endémico Albatros, o albatros de Amsterdam (Diomedea amsterdamensis)
Mamíferos mariños como o otárido (Arctocephalus tropicalis) e elefantes de mar e a candorca.
HistoriaEditar
A illa Amsterdam foi vista por Magalláns e Sebastián Elcano o 18 de marzo de 1522 O gobernador holandés Van Diemen deulle o nome do seu barco Nieuw Amsterdam, en 1633. Pero o primeiro en desembarcar alí foi o holandés Willen de Vlaming en 1696.
As dúas illas foron redescubertas polo polaco Adam Mieroslawski, en 1842. En 1843 Francia tomou posesión. Houbo intentos de explotar as illas para a agricultura e a gandería.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Amsterdam |