Juan Sebastián Elcano
Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1486 Getaria (Coroa de Castela) |
Morte | 4 de agosto de 1526 (Gregoriano) (39/40 anos) Océano Pacífico |
Causa da morte | Escorbuto |
Capitán de barco Nao Victoria | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | explorador , navegante |
Lingua | Lingua latina, Archaic Basque (en) , lingua castelá e lingua éuscara |
Carreira militar | |
Rango militar | oficial da armada |
Comandante de (OBSOLETO) | Nao Victoria |
Participou en | |
10 de agosto de 1519 | Expedición de Magalhães-Elcano |
García Jofre de Loaísa | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | María Hernández de Hernialde (en) María Vidaurreta |
Fillos | Domingo de Elcano Fernandez (en) () María Hernández de Hernialde (en) N. Elcano Vidaurreta () María Vidaurreta |
Pais | Domingo Sebastián Elcano (en) e Catalina del Puerto (en) |
Irmáns | Martin Perez Elcano (en) , Ochoa Martinez de Elcano (en) , Sebastián Elcano (en) , Catalina Elcano (en) , Domingo Elcano (en) , Inés de Elcano (en) e Anton Martin Elcano (en) |
Cronoloxía | |
circum-navegação (pt) | |
Circunnavegación
editarEsta comezara en Sevilla o 10 de agosto de 1519 con cinco naves, capitaneada por Fernão de Magalhães. O 20 de setembro partiran de Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais, e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta para o oeste, que xa buscara Colón.
Tras a morte de Magalhães en Filipinas en 1521 durante unha escaramuza cos indíxenas, Elcano púxose ao mando. Tiña o problema de volver a España co que quedaba da expedición, sen coñecer o camiño de volta polo Pacífico, e parecía tolemia intentalo, polo que elixiu navegar, case como un pirata, polos mares portugueses cara ao oeste, bordeando África por rutas coñecidas e con posibilidades de facer augadas. Conseguiu levar a termo a expedición, chegando a Sanlúcar de Barrameda o 6 de setembro de 1522 na nao Victoria de noventa toneladas[1], xunto con outros 17 sobreviventes. Isto constituíu o logro dunha impoñente fazaña: a circunnavegación da Terra.
O rei Carlos I de España, concedeulle como escudo unha esfera do mundo coa lenda en latín: Primus circumdedisti me ("Fuches o primeiro en me circundar").
Morreu cando participaba na expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas.
Na súa honra, o buque escola da Armada Española leva o seu nome.
Sobreviventes da expedición
editarEstes dezaoito homes regresaron a Sanlúcar na Vitoria en 1522 e está o letreiro posto na fachada do concello de Sanlúcar de Barrameda
Nome | Posto |
---|---|
Juan Sebastián Elcano, de Getaria | Capitán |
Francisco Albo, de Axio | Piloto |
Miguel de Rodas | Piloto |
Juan de Acurio, de Bermeo | Piloto |
Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza | Sobresalinte |
Martín de Yudícibus, de Savona | Mariñeiro |
Hernando de Bustamante, de Mérida | Mariñeiro e barbeiro |
Nicolás el Griego, de Nápoles | Mariñeiro |
Miguel Sánchez, de Rodas | Mariñeiro |
Antonio Hernández Colmenero, de Huelva | Mariñeiro |
Francisco Rodriguez, portugués de Sevilla | Mariñeiro |
Juan Rodríguez, de Huelva | Mariñeiro |
Diego Carmena | Mariñeiro |
Hans de Aquisgrán | Canoneiro |
Juan de Arratia, de Bilbao | Grumete |
Vasco Gómez Gallego o Portugués, de Baiona | Grumete |
Juan de Santandrés, de Santander ou de Cueto | Grumete |
Juan de Zubileta, de Barakaldo | Paxe |
Notas
editar- ↑ Descubrimientos y Exploraciones. Frank Debenham. Ed. Luis de Caralt. Barcelona, 1960
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Sebastián Elcano |