Terra Adelia (francés: Terre Adélie) é un territorio reclamado no continente da Antártida. Esténdese desde unha zona costeira ao longo do océano Antártico polo interior ata o Polo Sur. Francia adminístrao como un dos cinco distritos das Terras Austrais e Antárticas Francesas desde 1955 e aplica as regras do Tratado Antártico desde 1961. O artigo 4 trata das reclamacións territoriais e, aínda que non se renuncia nin diminúe as reclamacións preexistentes de soberanía, tampouco prexudica a posición das Partes Contratantes no seu recoñecemento ou non recoñecemento da soberanía territorial. Francia ten unha estación permanente en Terra Adelia desde o 9 de abril de 1950. A actual Base Dumont d'Urville ten unha poboación de inverno ao redor de 33 habitantes, pero chega a preto de 78 durante o verán da Antártida.

Modelo:Xeografía políticaTerra Adelia
Imaxe

Nomeado en referencia aAdèle Dumont d'Urville Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 66°39′47″S 140°00′10″L / -66.66306, 140.00269Coordenadas: 66°39′47″S 140°00′10″L / -66.66306, 140.00269
Territorio reivindicado porFrancia Editar o valor em Wikidata
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas Francesas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación33 (1956) Editar o valor em Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Superficie432.000 km² Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Terra Adelia atópase entre 136° E (preto de Pourquoi Pas Point en 66°12′S 136°11′L / -66.200, -136.183) e 142° E (preto de Point Alden en 66°48′S 142°02′L / -66.800, -142.033), cunha lonxitude de costa de aproximadamente de 350 km. e coa súa parte interior estendéndose como un sector dun círculo sobre 2,600 kilometres (1,616 mi) cara ao Polo sur. Terra Adelia ten fronteiras co Territorio Antártico Australiano tanto no leste como no oeste, concretamente en Terra de Clarie (parte da Terra de Wilkes) no oeste de Terra de Xurxo V no leste. Estímase que a súa superficie total de terra, na súa maioría cuberta por glaciares, é de 432.000 quilómetros cadrados.

Historia editar

A costa de Terra Adelia foi descuberta en 1840 polo explorador francés Jules Dumont d'Urville (1790-1842) que a nomeou pola súa esposa, Adèle.[1] Esta é a base da reclamación francesa nesta terra antártica.

Estacións de investigación editar

Estación Dumont d'Urville editar

Desde o 12 de xaneiro de 1956, unha base de investigación francesa permanente localízase en 66°40′S 140°01′L / -66.667, -140.017, a estación Dumont d'Urville ten unha poboación no inverno de ao redor de 33 persoas, pero chegan a preto de 78 durante o verán da Antártida.

Porto Martín editar

A primeira estación francesa, Porto Martín, construíuse o 9 de abril de 1950, con 66°49′04″S 141°23′39″L / -66.81778, -141.39417, pero foi destruída por un incendio durante a noite do 22 ao 23 de xaneiro de 1952. Porto Martín albergou unha poboación invernal de 11 persoas en 1950-51 e 17 en 1951-52.[2]  

Base de Charcot editar

Base de Charcot (69°22′30″S 139°01′00″L / -69.375, 139.016667) foi unha base francesa situada na capa de xeo antártica a 320 km. da costa e da estación de Dumont d'Urville, nunha elevación de aproximadamente 2400 m.. A estación, construída para o Ano Xeofísico Internacional de 1957-58, rendeu homenaxe a Jean-Baptiste Charcot, e estivo ocupada só desde xaneiro de 1957 ata 1960, só vivían tres homes.

A base estaba composta por un corpo principal de 24 metros cadrados (o "barracón") que consistía en seccións semicilíndricas de chapa metálica ensambladas de punta a punta. Esta forma foi planeada para soportar mellor a presión de neve acumulada nel. As galerías horizontais conectáronse para albergar dispositivos de medición científica, mentres que un conduto de aire vertical abríase a poucos metros sobre o nivel de neve proporcionando ventilación.

Base de Cap Prud'Homme editar

Cap Prud'Homme () é un campamento italo-francés, inaugurado en 1994, situado na costa da capa de xeo antártica, en Terra Adelia, a uns 5 km da illa Petrel, onde está a base francesa Dumont d'Urville.

Todos os materiais e equipamentos da Estación Concordia italo-francesa son transportados por un convoi combinado de ata 7 tractores Caterpillar de Cap PrudHomme, con pistas Kassbohrer e un equipo de ata 9 persoas, cada convoi transporta unha media de 150 toneladas de carga útil.[3]

Na cultura popular editar

A estación de investigación de Dumont d'Urville foi a localización do filme do documental Marcha dos Pingüins (2005).[4]

Notas editar

  1. Dunmore, John (2007). From Venus to Antarctica: The Life of Dumont D'Urville. Auckland: Exisle Publ. p. 209. ISBN 9780908988716. 
  2. "Fire destroys station in Antarctica, French expedition's loss". The Times. 26 de xaneiro de 1952. 
  3. "Cap Prud’Homme". Italiantartide. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  4. "The Emperor's Close-Up". National Geographic's Adventure. National Geographic Society. 2007. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar