Primates

orde de mamíferos
(Redirección desde «Primate»)

A dos primates (Primates) é unha orde de mamíferos placentarios que abrangue 480 especie reunidas en 78 xéneros de prosimios e simios.[1].

Primates
Primates

Rango fósil: Paleoceno - Actualidade

Fotos de especies dalgunhas familias de primates: Daubentoniidae, Tarsiidae, Lemuridae, Lorisidae, Cebidae, Callitrichidae, Atelidae, Cercopithecidae, Hylobatidae e Hominidae.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia ou Eutheria
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Primates
Linnaeus, 1758
Distribución dos primates (non humanos) en verde
Distribución dos primates (non humanos) en verde

Distribución dos primates (non humanos) en verde
Familias

Os primates xorden de antecesores que viviron en árbores de bosques tropicais e iso implica que as súas principais características débense a adaptacións a complexas contornas tridimensionais. A meirande parte das especies de primates seguen sendo, cando menos parcialmente, arbóreas. Todos os primates teñen cinco dedos (pentadactilidade), un patrón dental común e un primitivo (non especializado) deseño corporal.

Agás os humanos, que habitan en todos os continentes, a meirande parte dos primates viven nas rexións do trópico e subtrópico de América, África e Asia.

Varían en tamaño dende tan só 30 gramos do Microcebus berthae, aos 200 kg do Gorilla beringei graueri.

Segundo o rexistro fósil, os antecesores primitivos dos primates deberon existir dende finais do Cretáceo, hai 64 millóns de anos. Un dos fósiles máis próximos aos primates é Plesiadapis e data de entre 55-58 millóns de anos, a finais do Paleoceno. Estudos con reloxo molecular indican que a liña dos primates podería ser aínda máis antiga, orixinándose a mediados do Cretáceo, hai 85 millóns de anos.

A orde dos primates estivo tradicionalmente dividida en dous grupos principais:

Os prosimios teñen características máis semellantes aos dos primeiros primates e inclúe a especies como son os lémures, lorisoideos e tarseiros.

Os simios inclúen aos monos, simios e humanos. Arestora a orde dos Primates divídese en dúas subordes:

Esta división baséase na estrutura do nariz e do labio superior. A primeira suborde conta con orificios nasais externos rodeados por unha zona de pel espida e o beizo superior divídese en dous pola súa liña media, todo o cal fai que a expresión do rostro sexa limitada; pola contra, nos haplorrinos o beizo superior é continuo e móbil, e non existe unha zona de pel núa que rodee os orificios nasais, todo o cal facilita unha maior expresividade facial.

Os simios divídense en dous grupos:

  • catarrinos, que son monos e simios de África e o sueste de Asia
  • platirrinos, que son os monos do Novo Mundo e residen en América do Sur e central

Os catarrinos son os monos do Vello Mundo, como os babuínos e os macacos), os xibóns e os grandes simios. Os monos do Novo Mundo inclúen aos monos cebinos, monos ouveadores e monos esquío. Os humanos son os únicos catarrinos que se teñen expandido fóra de África, Asia do Sur e da Asia oriental con éxito; malia que os restos fósiles si mostran que houbo outras especies que o foran e estiveran presentes en Europa.

Aínda se están a descubrir novas especies de primates. Na década do 2000 descubríronse e clasificáronse taxonomicamente 25 especies e outras 11 na década do 2010.

Terminoloxía histórica e a actual editar

 
Tarseiro.
 
Cercopithecus neglectus.
 
Mandril.

A relación entre os diferentes grupos de primates non estivo ben esclarecida ata hai pouco, por iso, algúns termos poden dar a confusión aínda hoxe. Un caso é simio, que tanto ten sido empregado como alternativa a mono como para os primates sen rabo e con semellanzas aos humanos. Wilfrid Le Gros Clark foi un dos primatólogos que propuxo a tendencia evolutivo dentro dos primates e como a orde se podería distribuír nunha serie ascendente ata chegar aos humanos[2] . As clasificacións como prosimios, monos, pequenos primates e grandes primates seguen esta idea. Mais arestora, varios destes grupos serían grupos parafiléticos, o que significa que aínda que todos os membros dese grupo teñen un antecesor común, ese grupo non incluiría a todos os descendentes dese antecesor. As clasificacións actuais inclúen a todos os descendentes dun antecesor común dentro do mesmo grupo.

No seguinte diagrama móstrase unha das posibles clasificacións dos actuais primates[3].

 Primates 
 Haplorrhini 
 Anthropoidea 
 Catarrhini 
 Hominoidea 
 Hominidae 
 Homininae 

humanos (xénero Homo)

chimpancés e bonobos (xénero Pan)

gorilas (tribo Gorillini)

orangutáns (familia Pongidae)

xibóns (familia Hylobatidae)

monos do Vello Mundo (superfamilia Cercopithecoidea)

monos do Novo Mundo (parvorde Platyrrhini)

 Tarsiiformes 

tarsios (superfamilia Tarsioidea)

 Strepsirrhini 
 

lemuriformes (infraorde Lemuriformes) - (superfamilias Cheirogaleoidea e Lemuroidea)

lorisoides e similares (superfamilia Lorisoidea)

Os grupos historicamente empregados, que aparecen nunha serie ascendente na árbore filoxenética e que son parafiléticos, son os seguintes:

Non existe un amplo consenso sobre que terminoloxía usar; se empregar os nomes comúns parafiléticos ou se empregar os nomes monofiléticos.

Clasificación editar

 
Colobus guereza.
 
Gorila.
 
Xibón.

Historia evolutiva editar

 
Plesiadapis o primate máis antigo.

A orde dos Primates é parte do clado Euarchontoglires, que está dentro do clado de Eutheria na clase dos Mammalia. Os estudos de xenética molecular nos primates, en colugos e escadentes mostraron que as dúas especies de colugos están máis achegados aos primates vivos arestora ca aos ascendentes.[4] malia que no seu momento estes últimos estiveran clasificados como primates[5]. Esas tres ordes compoñen o clado dos Euarchonta. A combinación deste clado co clado dos Glires, que está composta por Roedentia e Lagomorpha, forman o clado dos Euarchontoglires. Tanto Euarchonta como Euarchontoglires están clasificados como superordes. Algúns científicos consideran que Dermoptera, os colugos, é unha suborde dos Primates e refírense á suborde dos Euprimates como a dos "verdadeiros" primates[6].

Euarchontoglires  
Glires 

Lagomorpha (coellos, lebres, picas)

Rodentia (roedores)

 Euarchonta 

Scandentia (tupaias)

Primatomorpha

Dermoptera (colugos)

Plesiadapiformes

Primates

Evolución editar

A liña dos primates pénsase que apareceu hai 65 millóns de anos,[7] aínda cando os primates máis antigos coñecidos datan do Paleoceno tardío de África (que corresponde co fósil denominado Altiatlasius)[7] ou da transición do Paleoceno-Eoceno nos continentes do norte, arredor de hai 55 millóns de anos (Cantius, Donrussellia, Altanius, e Teilhardina)[8]. Outros estudos, algúns co uso de reloxos moleculares, teñen estimado que a orixe da liña de primates está no Cretáceo Medio, aproximadamente hai 85 millóns de anos[9][10][11].

Coa cladística actual, os Primates son un grupo monofilético. A Suborde Strepsirrhini, os primates con rinario, pénsase que se separaron da liña de primates hai 63 millóns de anos[12], aínda que se propoñen datas anteriores[13]. As sete familias de strepsirrhine son as cinco relacionadas coas familias de lémures e as dúas familias aínda viventes de lorisídeos e gálagos[14][15]. A clasificación de ordes xuntaba a Lepilemuridae en Lemuridae e Galagidae dentro de Lorisidae, dando unha familia de catro a unha e non de cinco a unha como se mostra aquí[14]. Durante o Eoceno, a meirande parte dos continentes estaban dominados por dous grupos: os adapiformes e os omomyides.[16][17] O anteriores estaban considerados como parte dos Strepsirrhini, mais non tiñan un peite dental (un grupo de dentes largos, planos e curvados cara a diante) como o teñen os lémures modernos. Estudos recentes mostran que Darwinius massilae formaba parte deste grupo[7]. Esta última especie estaba máis próxima aos társios, monos e simios. Cal é a relación destes grupos cos primates que actualmente aínda existen non está claro. Os Omomyidos desapareceron hai 30 millóns de anos[17] e os adapiformes sobreviviron ata hai 10 millóns de anos[18]

 
Un lémure, un primate strepsirrhine

Os estudos xenéticos mostran que os lémures de Madagascar diverxeron dos lorisídeos hai aproximadamente 75 millóns de anos[13]. Eses estudos, entre outros, indican que os lémures están máis relacionados entre si ca con calquera outro primate strepsirrhine.[13][19] Porén, Madagascar separouse de África hai 160 millóns de anos e da India hai 90[20]. Sendo iso así, pénsase que unha única poboación dispersouse atravesando dende África o océano cara a Madagascar hai 50 ou 80 millóns de anos e poboou o arquipélago.[13][19][20]. Téñense valorado outras hipóteses de colonización, como é a das múltiples colonizacións desde África e a India pero ningunha destas está apoiada por estudos xenéticos ou moleculares[16].

Ata hai pouco [[Daubentonia madagascariensis]] non daba sido clasificado dentro de Strepsirrhini[14]. As teorías que se tiñan proposto eran que a súa familia, Daubentoniidae, era ou un primate lemuriforme, o que significaría que os seus antecesores se separaran da liña de lémures máis recentemente que a de lémures e lorisídeos; ou un grupo irmán de todos os Strepsirrhine. No 2008 confirmouse que Daubentonia madagascariensis estaba máis achegado a orde de lémures Malagasy, o que supón que tería descendido igualmente desa mesma poboación ancestral que colonizou a illa[13].

A suborde de Haplorhini, está composta de dous clados próximos[14]. Os prosimios társidos da familia Tarsiida, monotípicos na súa propia infraorde Tarsiiformes, son a división máis basal e apareceron hai 58 millóns de anos. O esqueleto de haplorrino máis antigo coñecido data de 55 millóns de anos e é un Archicebus. Foi atopado na China[21] e iso dálle pé as orixes asiáticas da orde, algo que xa se propuxera[22]. A infraorde de Simiiformes (primates simios, que son os monos, os simios e humanos) xurdiu hai 40 millóns de anos atrás[17] posiblemente tamén en Asia. Se a orixe estivera alí tería habido unha dispersión oceánica polo Océano Thethys de Asia a África en moi pouco tempo[23]. Hai dous clados de simios, que ambos son pavordes[24] un son os Catarrhini, que está composto dos monos do Vello Mundo, os humanos e outros simios e que apareceron en África; e o outro son os Platyrrhini, que emerxeron en América do Sur e que son os monos do Novo Mundo.[14] Un terceiro clado son os eosimiidos, que apareceron en Asia pero que se extinguiron hai millóns de anos[25].

Igual que co caso dos lémures, a orixe dos monos do Novo Mundo non está clara. Os estudos moleculares deron unha ampla estimación das datas de diverxencia entre os platyrrhinos e os catarrhinos, variando entre 33 a 70 millóns de anos. Porén os estudos de secuencias mitocondriais deron un rango menor, de entre 35 a 43 millóns de anos[26][27]. Os primates antropoides probablemente atravesaron o océano Atlántico dende África a América do Sur durante o Eoceno polo salto de illa a illa, que sería posible polas dorsais do atlántico e o baixo nivel do mar[16]. Outra posibilidade sería que fora froito dunha única migración transoceánica, xa que a separación do océano Atlántico nese momento non era tan distante como o é hoxe[16].

 
Tamarín emperador, un mono do Novo Mundo

Os simios e os monos espalláronse dende África a Europa e Asia dende o Mioceno[28]. Moi pouco despois os lorisídeos e os társios fixeron a mesma viaxe. Os primeiros homínidos fósiles descubríronse no norte de África e datan de 5 a 8 millóns de anos de antigüidade[17]. Os monos do Vello Mundo desapareceron de Europa hai 1.8 millóns de anos[29] Os estudos moleculares e de restos fósiles mostran polo xeral que os humanos modernos apareceron en África entre hai 100 mil e 200 mil anos[30].

Malia que os primates son un grupo que, en comparanza con outro grupos de animais, foron ben estudados; estanse a descubrir novas especies de Primates e os estudos xenéticos están mostrar especies previamente non identificadas. Arestora apréciase un recente aumento no número de especies, chegando a 424 especies e 658 subespecies[31].

Caracteres xerais dos primates editar

Os principais caracteres dos primates, en relación coa súa vida arborícola, son:

  • Tamaño de pequeno a medio, para deslizarse entre as polas e a follaxe; o aumento de tamaño dáse sobre todo nos grupos máis terrestres (papións, gorila, chimpancé, homínidos).
  • Membros longos e flexibles, para a locomoción arbórea; nos saltadores, pernas maiores cós brazos, e nos braquiadores (que marchan suspendidos dos brazos), á inversa. Conservan todos os ósos, ben desenvolvidos e sen fusionarse. Agás nalgunhas especies, consérvanse os cinco dedos, sendo o primeiro dedo opoñíbel (mans e pés prénsiles), para agarrar as ramas (cuadrumáns), con excepcións, como o pé dos homínidos. O extremo dos dedos queda, en xeral, protexido por uñas planas.
  • Réxime alimenticio omnívoro, con moas de cúspides arredondadas (bunodontes).[32]
  • O olfacto redúcese; desenvólvese o nariz en lugar do rinario ou fociño doutros mamíferos. A visión está moi desenvolvida, e os ollos van desprazándose desde unha posición lateral até unha frontal, conseguindo así unha visión estereoscópica (en relevo), moi apta para o desprazamento polas árbores.
  • Desenvólvense as órbitas óseas que axudan a protexer os ollos dos riscos da vida arbórea.
  • Case todos teñen áreas na retina con abundantes conos e bastonetes, que lles permiten unha visión nítida dos obxectos e a captación de cores (importante para distinguiren as froitas).
  • O encéfalo desenvólvese moito, acadando, especialmente o cerebro, o máximo tamaño relativo e a maior complexidade entre os vertebrados.
  • Teñen unha coordinación motora man-ollo moi desenvolvida, para evitaren caídas, moi perigosas no medio arborícola.
  • Son animais en xeral sociais, que viven en grupos familiares ou mandas, máis ou menos xerarquizadas. Adquiren un importante papel na comunicación social os berros e voces, precursores da linguaxe. Igualmente destaca o gran desenvolvemento dos músculos faciais, coa conseguinte gran variedade de expresións da cara.
  • Teñen, en xeral, unha cría por parto, á que coidan e alimentan durante longo tempo. Todos os mamíferos aleitan ás súas crías, e durante este tempo establécese unha relación especial nai-fillo. Os primates nacen bastante inmaturos, polo que dependen moito dos coidados da nai. Nalgúns casos, as nais coidan dos seus fillos durante períodos de até 4 anos, durante os cales non volven quedar preñadas. Na infancia, a través de xogos, as nais e o grupo social transmiten importantes hábitos sociais á descendencia.
  • Tendencia á postura ergueita. Autores actuais suxiren que esta postura xorde como unha adaptación do animal ao feito de viaxar pendurado das árbores (braquiación).[33] Nos movementos de balanceo, a cabeza ergueita permite mirar cara a diante. Mesmo os monos cuadrúpedes manteñen as costas verticais cando están sentados; nesta postura, as mans quedan libres para manipular a comida.[34] Como veremos máis adiante, a postura ergueita foi unha das características básicas para a evolución cara ao bipedismo ou bipedestación, propio dos seres humanos.[35][36][37][38][39]

Pesos relativos editar

Especies Feminina Masculina
Gorila 105 kg (231 lb) 205 kg (452 lb)
Home 62.5 kg (137.5 lb) 78.4 kg (172 lb)
Mono patas 5.5 kg (12 lb) 10 kg (22 lb)
Mono narigudo 9 kg (20 lb) 19 kg (42 lb)
Tití anano 120 g (4.2 oz) 140 g (5 oz)

Notas editar

  1. [1] Perelman P, Johnson WE, Roos C, Seuánez HN, Horvath JE, et al. (2011) A Molecular Phylogeny of Living Primates. PLoS Genet 7(3): e1001342. doi:10.1371/journal.pgen.1001342
  2. The Natural History of the Gorilla. Ed. Weidenfeld & Nicholson. 1981.
  3. [2] Cartmill et al.. The Human Lineage. Ed. John Wiley & Sons. 2011(en inglés)
  4. [3] Janečka, J. E. et al.. Molecular and Genomic Data Identify the Closest Living Relative of Primates. Science. Vol 318, 5851, páx 792-794. 2007
  5. A Complete Guide to Monkeys, Apes and Other Primates. Kavanagh, M. Viking Press. 1983.
  6. McKenna, M. C. and Bell, S. K. Classification of Mammals Above the Species Level. Columbia University Press. 1997.
  7. 7,0 7,1 7,2 Williams et al.. New perspectives on anthropoid origins. Proceedings of the National Academy of Sciences. Vol 107, páx 4797–4804.
  8. Miller, E.R, et al.. Deep Time and the Search for Anthropoid Origins.AM J of Physical Anthropology. Vol 128, 41, páx 60-95. 2005
  9. Lee M. Molecular Clock Calibrations and Metazoan Divergence Dates. Journal of Molecular Evolution. Vol 49, 3. páx 385-391. 1999.
  10. [4] Scientists Push Back Primate Origins From 65 Million To 85 Million Years Ago. Science Daily. 2008.
  11. Tavaré, S., Marshall, C. R., Will, O., Soligo, C. & Martin R.D.. Using the fossil record to estimate the age of the last common ancestor of extant primates. Nature. Vol 416. páx 726–729, issue 6882. 2002.
  12. [5] Klonisch, T., Froehlich, C., Tetens, F., Fischer, B. & Hombach-Klonisch, S. Molecular Remodeling of Members of the Relaxin Family During Primate Evolution. Molecular Biology and Evolution. Vo 18, páx 393–403. 2001.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 [url=http://genome.cshlp.org/content/18/3/489.full.pdf+html]Horvath, J.. Development and Application of a Phylogenomic Toolkit: Resolving the Evolutionary History of Madagascar's Lemurs. Genome Research. Vol 18, issue 3, páx 489–499. 2008
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Wilson & Reader. Mammal Species of The World. 3º Edición
  15. Mittermeier, R. Lemur Diversity in Madagascar. International Journal of Primatology. páx 1607–1656. Vol 29, issue=6. 2008.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 [6] Primate Evolution. Sellers
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Primates in Perspective. Hartwig, W.. Capítulo 'Primate Evolution'. Campbell, C., Fuentes, A., MacKinnon, K., Panger, M. & Bearder, S. 2007. Oxford University Press.
  18. Primate Evolution and Human Origins. Ciochon, R. & Fleagle, J. Benjamin/Cummings. 1987.
  19. 19,0 19,1 Garbutt. Mammals of Madagascar, A Complete Guide. A&C Black Publishers. 2007.
  20. 20,0 20,1 Mittermeier, R.A, et al.. Lemurs of Madagascar. Conservation International. Ed 2º. 2006.
  21. [7] Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Wade. Early Primate Weighed Less Than an Once. ScienceNow. 2013.
  22. Kay, R. F. Evidence for an Asian origin of stem anthropoids. Proceedings of the National Academy of Sciences. Vol 109, 26. 2012.
  23. [8] Arquivado 02 de xullo de 2012 en Wayback Machine. Chaimanee et al.. Middle Eocene primate from Myanmar and the initial anthropoid colonization of Africa Supporting Information. PNAS June 26, 2012 vol. 109 no. 26 10293-10297
  24. Os pavordes son unha categoría taxonómica específica por riba das superfamilias e por debaixo das infraordes
  25. Marivaux, L. Anthropoid primates from the Oligocene of Pakistan (Bugti Hills): Data on early anthropoid evolution and biogeography. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of América. Vol 102, 24, páx. 8436–8441. 2005.
  26. Helen J Chatterjee, Simon Y.W. Ho, Ian Barnes & Colin Groves (2009). "Estimating the phylogeny and divergence times of primates using a supermatrix approach". BMC Evolutionary Biology 9: 259. doi:10.1186/1471-2148-9-259. PMC 2774700.
  27. [9] Schrago, C.G. et al.. Timing the Origin of New World Monkeys. Molecular Biology and Evolution. Vol 20, 10, páx 1620–1625. 2003
  28. Andrews, P. & Kelley, J. Middle Miocene Dispersals of Apes. Folia Primatologica. Vol 78, páx 328-342. 2007.
  29. Strier, K. Primate Behavioral Ecology. Allyn & Bacon. Ed 3º. 2007.
  30. Pough, F. W., Janis, C. M. e Heiser, J. B. Vertebrate Life. Capítulo 'Primate Evolution and the Emergence of Humans'. Pearson. 7º Edición. 2005.
  31. Rylands, A. B. E Mittermeier, R. A. South American Primates: Comparative Perspectives in the Study of Behavior, Ecology, and Conservation. Capítulo 'The Diversity of the New World Primates (Platyrrhini). Springer 2009
  32. Do grego βουνός bounós 'colina', 'outeiro', e οδούς, οδόντος odús, odóntos, 'dente'.
  33. Encyclopaedia Britannica. Brachiation (en inglés) Consultado o 9/3/2012.
  34. Rice, Patricia C. e Norah Moloney (2005): Biological Anthropology and Prehistory: Exploring our Human Ancestry. Pearson Education, Inc., páxs. 178–179, 192. ISBN 0-205-38196-0.
  35. Darwin, C. (1871): The Descent of Man and Selection in Relation to Sex. London: Murray.
  36. Dart, R.A. (1925): "Australopithecus africanus: The Ape Man of South Africa". Nature, 145: 195-199.
  37. Dawkins, R. (2004): The Ancestor's Tale. London: Weidenfeld and Nicolson.
  38. Hewes, G. W. (:1961): "Food Transport and the Origin of Hominid Bipedalism". American Anthropologist, 63: 687-710.
  39. Hunt, K. D. (1994): "The Evolution of Human Bipedality". Journal of Human Evolution, 26: 183-202.

Véxase tamén editar