Lemuriformes

Lemuriformes
Lemuriformes
Lémures

Rango fósil: paleoceno - actualidade
Maki.jpg
Lémure de cola anelada (Lemur catta)
Estado de conservación
Apéndice I da CITES [1][2]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Infraclase: Placentalia
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Primates
Suborde: Strepsirrhini
Infraorde: Lemuriformes
Gray, 1821
Superfamilias

A dos lemuriformes (Lemuriformes) é unha infraorde de mamíferos da orde dos primates e a suborde dos estrepsirrinos,[3] endémicos da illa de Madagascar.

Coñécense co nome vulgar de lémures, derivado dos lemures ou larvae, fantasmas o espíritos da morte da mitoloxía romana, debido ás estrepitosas vocalizacións que emiten estes animais, os seus ollos brillantes e os hábitos nocturnos dalgunhas das súas especies.

Aínda que moitas veces se confundan con primates ancestrais, os primates antropoides (monos, hominoides e seres humanos) non evolucionaron dos lémures, aínda que comparten trazos morfolóxicos e de comportamento con primates basalis.

Na actualidade perviven unhas cen especies de lémures, a maior parte delas descubertas ou promovidas ao status de especie a partir dos anos 1990.

CaracterísticasEditar

Cun peso que vai desde os trinta gramos hasta os nove quilogramos, os lémures comparten moitos dos trazos básicos dos primates, como mans e pés con cinco dedos e polgar opoñíbel, e uñas en lugar de garras (que presentan a maioría das especies). Porén, a súa proporción cerebro-masa corporal é menor que nos primates antropoides e, ao igual que os demais primates estrepsirrinos, teñen o «nariz húmido» (rinario). Os lémures son xeralmente os estrepsirrinos máis sociais, e comunícanse entre eles máis con olores e vocalizacións que con sinais visuais. Teñen un metabolismo basal relativamente baixo, moitos reprodúcense estacionalmente, teñen períodos de dormencia (como hibernación ou letargo), e algúns mostran un dominio social das femias. A maioría aliméntanse cunha ampla variedade de froitas e follas, mentres que outros son especialistas. Aínda que moitos comparten dietas similares, especies distintas comparten os mesmos bosques a través dun proceso de diferenciación de nicho.

Descubrimentos tardíosEditar

A investigación sobre estes primates centrouse na súa taxonomía e na recollida de espécimes durante os séculos XVIII e XIX. Aínda que as observacións achegadas polos primeiros investigadors de campo foron abundantes, os estudos modernos sobre a ecoloxía e o comportamento destes animais non se desenvolveron até os anos 1950 e 1960. Ante as dificultades xurdidas pola inestabilidade política e a confusión reinante en Madagascar a mediados dos anos 1970, os traballos de campo detivéronse, pero retomáronse nos anos 1980 e supuxeron un grande avance no coñecemento destes primates. Instalacións de investigación como o Duke Lemur Center da Universidade Duke proporcionaron a oportunidade de avanzar no seu estudo nun ambiente controlado.

Os lémures son importantes para a investigación porque a mestura que presentan de características primitivas e trazos compartidos cos primates antropoides pode subministrar un maior coñecemento sobre a evolución dos primates e dos humanos. Porén, moitas especies de lémur están en perigo de extinción debido á perda dos seus hábitats e á caza. Pese a que, polo xeral, as tradicións locais axudan a protexer aos lémures e os seus bosques, a talla forestal ilegal, a xeralización da pobreza e a inestabilidade política dificultan os esforzos pola conservación destes primates. Debido a estas ameazas e á diminución constante das súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) considera que os lémures son os mamíferos en maior perigo de extinción, considerando, no ano 2013, que máis do 90 % das especies de lémures estaban ameazadas.

TaxonomíaEditar

A clasificación taxonómica dos lemuriformes está controvertida e depende de que concepto de especie se utilice. Incluso discútese a taxonomía de nivel máis alto, e algúns expertos sitúan a maior parte dos lémures na infraorde dos lemuriformes, mentres que outros prefiren que o grupo dos Lemuriformes conteña a todos os estrepsirrinos existentes, colocando a todos os lémures na superfamilia dos Lemuroidea e as familias dos Lorisidae e Galagidae na superfamilia dos Lorisoidea.

EtimoloxíaEditar

Linneo, o fundador da nomenclatura binomial moderna, deulles o nome de lémures xa en 1758 na 10ª edición do sey Systema Naturae. Linneo situou tres especies baixo o xénero Lemur: L. tardigradus (o loris esvelto vermello, actualmente Loris tardigradus), L. catta (o lémure de cola anelada) e L. volans (o lémur voador de Filipinas, hoxe Cynocephalus volans).[4] Aínda que o termino lémure se aplicara inicialmente aos loris, pronto foi asociado a todos os primates endémicos de Madagascar, que son coñecidos desde entóns como lémures.[5]

O nome provén do latín lemŭres,[6] espectros ou espíritos da morte coñecidos como larvae ou lemures na Roma Antiga.[7] Linneo coñecía os hábitos nocturnos e o aspecto fantasmal de lémures e loris,[8] así como os seus movementos silenciosos pola noite, os seus tamén fantasmais ollos reflectintes e os seus gritos. Tamén é posíbel que os poboadores malgaches lle contaran algunhas lendas que falaban dos lémures como as almas dos seus antepasados.[9] Estando familiarizado cos traballos de Virxilio e Ovidio a as súas referencias ás Lemuralia ou festival de Lemuria, e vendo unha analoxía que encaixaba no seu esquema de nomenclatura, Linneo asignou o termo lemur a estes primates nocturnos.[10]

ClasificaciónEditar

A infraorde dos Lemuriformes foi descrita en 1821 polo zoólogo inglés John Edward Gray,[3] aínda que algúns autores atribúena ao paleontólogo estadounidense William King Gregory, en 1915.[11]

Segundo Wilson e Reeder en Mammal Species of the World, a clasificación da infraorde, dentro dos primates, comprende as superfamilias e familias seguintes:[12][13]

Exemplos doutras clasificaciónsEditar

Dúas clasificacións dos Strepsirrhini en infraordes, superfamilias e familias
3 infraordes, 2 superfamilias[14] 1 infraorde, 2 superfamilias[15][16]

Evolución e filoxeniaEditar

Os lorisiformes chegaron a Madagascar hai aproximadamente entre 62 e 65 millóns de anos por rafting (dispersión biolóxica por balsas de vexetación) nalgún momento en que as correntes oceánicas favoreceron a dispersión cara á illa. Desde entón, os lémures evolucionaron para enfrontarse a un ambiente sumamente estacional e as súas adaptacións lles dan un nivel de diversidade que rivaliza cos demais grupos de primates. Até a chegada dos humanos á illa, hai aproximadamente 2 000 anos, existían lémures tan grandes como un gorila macho.

CladogramaEditar

Filoxenia dos Lemuriformes

Euarchonta 

Scandentia

Dermoptera

Plesiadapiformes

 Primates 

Haplorrhini

 Strepsirrhini 

Adapiformes

 Lemuriformes 

Lorisoidea

Lemuroidea

NotasEditar

  1. Harcourt, C. (1990), pp. 7–13
  2. "UNEP-WCMC Species Database: CITES-Listed Species". UNEP-WCMC. Consultado o 23 de setermbro de 2015. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 Lemuriformes en MSW.
  4. Linnaeus, Carlous (1758). Systema Naturae (en latín) 1 (Holmiae ed.). Imprensis Direct. Laurentii Salvii. pp. 29–30. 
  5. Tattersall, I. (1982), pp. 43–44.
  6. lémur no DRAE.
  7. Lux, J. (2008). "What are lemures?" (PDF). Humanitas 32 (1): 7–14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2010. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  8. Flower, W. H. & Lydekker, R. (1891), p. 682.
  9. Nield, T. (2007), p. 41.
  10. Blunt, W. & Stearn, W. T. (2002), p. 252.
  11. Infraorder Lemuriformes Gregory 1915 en Fossilworks.
  12. Cheirogaleoidea en MSW.
  13. Lemuroidea en MSW.
  14. Groves, Colin P. (2005).
  15. Godinot, M. (2006).
  16. Cartmill, M. (2010).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Blunt, W. & Stearn, W. T. (2002): Linnaeus: the compleat naturalist. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-09636-0.
  • Cartmill, M. (2010): "Primate Classification and Diversity". En Platt, M. & Ghazanfar, A. Primate Neuroethology. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-532659-8, pp. 10–30.
  • Flower, W. H. & Lydekker, R. (1891): An introduction to the study of mammals living and extinct. Londons: A. and C. Black. ISBN 978-1-110-76857-8.
  • Godinot, M. (2006): "Lemuriform Origins as Viewed from the Fossil Record", Folia Primatologica 77 (6): 446–464.
  • Groves, Colin P. (2005): Strepsirrhini, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference.
  • Harcourt, C. (1990): "Introduction". En: Thornback, J. Lemurs of Madagascar and the Comoros: The IUCN Red Data Book. World Conservation Union. ISBN 978-2-88032-957-0.
  • Hartwig, W. (2011): "Chapter 3: Primate evolution". En Campbell, C. J.; Fuentes, A.; MacKinnon, K. C.; Bearder, S. K. & Stumpf, R. M. Primates in Perspective (2nd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539043-8, pp. 19–31.
  • Nield, T. (2007): Supercontinent: Ten Billion Years in the Life of Our Planet. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-02659-9.
  • Szalay, F. S. & Delson, E. (1980): Evolutionary History of the Primates. Academic Press. ISBN 978-0-12-680150-7.
  • Tattersall, I. (1982): The Primates of Madagascar. New York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2310-4704-5.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar