En medicina, o letargo, ou letarxia, é un estado de somnolencia prolongada causada por certas enfermidades.[1][2]

Vespula germanica nun nicho dentro dun tronco de árbore. Hibernando, agarda á primavera para establer unha nova colonia. Se a raíña non sobrevivise, a colonia non sería fundada

Etimoloxía editar

É un termo da linguaxe científica tirado do latín científico lethargia, que á súa vez tomou do grego antigo λήθαργια lēthargia, voz formada polos elementos leth- e -argia, de λήθη lḗthē, "esquecemento", e αργíα argía, "repouso", "pereza", "inacción", "inercia", respectivamente.[3]

Características editar

O letargo é ademais síntoma de varias enfermidades nerviosas, infecciosas o tóxicas, caracterizado por un estado de somnolencia profunda e prolongada. Torpeza, modorra, insensibilidade, enaxenamento do ánimo relacionados con dito estado como comportamentos asociados xa que o organismo relaxa todo o corpo.[4][5]

É un cadro clínico relacionado coa fatiga ou astenia e en, casos graves á narcolepsia. Pode ir acompañado de depresión, diminución da motivación ou apatía.[4][5]

Outras causas editar

O letargo pode ser unha resposta normal a un sono inadecuado, a un exceso de esforzo ou de traballo, ao estrés, á falta de exercicio, á nutrición inadecuada, ou ao aburrimento. Tamén pode ser un efecto secundario da medicación, ou ser causado por unha interacción entre medicamentos e alcohol. Cando forma parte dunha resposta normal, o letargo adoita resolverse co descanso, o sono adecuado, a diminución do estrés, o exercicio físico e unha boa nutrición.[4][5]

En zooloxía editar

En zooloxía é como se denomina un tipo especial de hibernación,[1][2] característico dalgúns mamíferos alpinos das zonas polares, como a marmota, os osos ou o leirón, e que tamén experimentan algúns insectos no seu cliclo vital.[6]

O letargo representa unha forma especial de hibernación, e implica unha suspensión da facultade de termorregulación.[6]

Nos insectos editar

Nos insectos o letargo é produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas, ou para sincronizaren a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.[7][8]

Os seus factores causantes ou determinantes son ben específicos.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 letargo no Dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 VV. AA. (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3371-2.
  3. lethargy no Merriam-Webster Dictionary.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lethargy En healthline.com´ (en inglés).
  5. 5,0 5,1 5,2 Hall J. E. & Guyton A. C. (2006): Textbook of medical physiology, 11th edition. St. Louis, Missouri: Elsevier Saunders. ISBN 0-7216-0240-1.
  6. 6,0 6,1 D'Ancona, Humberto (1972): "Letargo" en Tratado de zoología. Tomo I. Zoología general. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  7. VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
  8. Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  9. Chapman, R. F. (1998): The Insects: Structure and Function, 4th ed. New York: Cambridge University Press. ISBN 0-5215-7890-6, p. 403.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar