Vespula germanica
Vespula germanica é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos, unha das comprendidas no xénero Vespula.
Vespula germanica | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vespula germanica, a avespa común ou europea | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Vespula germanica (Fabricius, 1793) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1793 polo entomólogo danés Johan Christian Fabricius, co nome de Vespa germanica,[1] na súa obra Entomologia Systematica emendata et aucta: Secundum classes, ordines, genera, species, adjectis synonimis, locis, observationibus, descriptionibus. 5 tomos. (1792-1794).
Etimoloxía
editarPara a do xénero, véxase Vespula.
O epíteto específico, germanica, alude ao lugar onde se describiu o espécime tipo.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Características
editarVespula germanica mide uns 13 mm de lonxitude e ten unha masa corporal de 74,1 ± 9.6 mg.[3]
Ten as patas amarelas, que prega ao voar; antenas cor negra, que teñen doce ou trece segmentos, segundo o sexo, e case non ten pelos no corpo, incuídas as patas. O seu corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, que presenta bandas amarelas e negras. O abdome é avultado, e comunmente adoita ser confundida con Polistes dominula (unha avespa de morfoloxía moi similar, pero de hábitos diferentes, pois non é preeira, e que ademais ten as patas e as antenas amarelas, e o abdome menos avultado). Na parte final do abdome ten o aguillón, co que adoita picar inoculando un veleno de moi alta toxicidade, que nos humanos pode producir desde unha leve inchazón até un choque anafiláctico.
A diferenza da abella doméstica o ferrte é liso, polo que non o perde ao picar, e así unha mesma avespa pode atacar varias veces a súa vítima. Ten un aparato mastigador constituído por mandíbulas de gran poder triturador, polo cal ademais de picar é moi común que morda.
Naqueles sitios onde Vespula germánica é invasora tamén é moi común encontrar á especie Vespula vulgaris. Basicamente, ambas as especies presentan unha bioloxía moi similar, sendo algunhas características morfolóxicas as que as diferencian. A máis relevante a simple vista é a presenza de tres puntos na fronte de V. germánica e unha mancha negra en forma de áncora en V. vulgaris.[4]
Comportamento
editarVespula germanica é un depredador oportunista e preieiro, que posúe unha ampla dieta que varía de acordo aos requirimentos do niño. Durante os períodos de altos requirimentos enerxéticos (por exemplo, durante a construción do niño ou fronte a baixas temperaturas) a súa dieta consiste principalmente en carbohidratos, dos que o néctar, o mel, as froitas maduras e as secrecións azucaradas de pulgóns son as súas fontes máis habituais, mentres que o consumo de proteínas, que obtén de artrópodos cazados vivos (como moscas, mosquitos, e eirugas) e preas, é maior cando as obreiras deben alimentar ás larvas.
Vespula germanica pode tolerar baixas temperaturas, o que lle permite realizar a busca de alimentos nun amplo rango diario e estacional. Vespula germanica non presenta un comportamento agresivo co ser humano, aínda que pode atacar de sentirse molestada. Este comportamento increméntase en outono, cando se acerca o fin do seu ciclo vital e escasea o alimento, ou se o seu niño é perturbado.
Ciclo de vida
editarVespula germanica é un insecto eusocial e extremadamente organizado. As súas colonias presentan diferentes castas: raíña, obreiras e machos. Xeralmente hai unha raíña encargada de poñer os ovos e de regular as actividades da colonia; varias obreiras, responsábeis da recolección de alimentos e o mantemento do niño, e algúns machos, cuxa única función é a reprodució, e que aparecen ao final da temporada.
Despois do inverno as raíñas que hibernaron comezan a construción do niño en sitios secos e protexidos, e soamente durante este período é posíbel velas fóra do niño. Na maioría dos casos os niños están construídos baixo terra, pero en áreas urbanas adoitan encontrarse en cavidades de paredes, espaxos entre teitos, tanques etc. As colonias son fundadas en primavera, e a raíña encárgase de todo até que nacen as primeiras obreiras. As obreiras continúan coa construción do niño, do seu mantemento e a súa defensa, así como tamén da provisión de alimentos para as larvas e a raíña. Conta o final do verán a raíña comeza a producir os individuos reprodutores (machos e futuras raíñas), que abandonan o niño para reproducirse. Posteriormente, as novas raíñas buscan algún lugar protexido para hibernar até a primavera seguinte, mentres que as obreiras e os machos morren gradualmente e o niño queda abandonado.
Ao comezar o outono o niño presenta o seu maior desenvolvemento, podendo alcanzar até 90 cm de diámetro con 15 panais (pisos). O niño está sempre recuberto por unha parede de celulosa que as obreiras fabrican mesturando o que obteñen da casca das árbores coa súa saliva. En cada niño pode haber máis de 250 novas raíñas e 10 000 obreiras. Excepcionalmente, en áreas invadidas, as colonias poden sobrevivir ao inverno, alcanzando poboacións até 20 veces maiores.
Distribución
editarEsta especie é de origxe mediterráneo, abarcando a súa área de distribución Europa, o norte de África e zonas temperadas de Asia. Actualmente invadiu Norteamérica (leste dos Estados Unidos), Suramérica (especialmente Chile e a Arxentina), Nova Zelandia e o sur de Australia. Xeralmente, nos lugares onde é unha especie invasora, está considerada como unha praga para diferentes actividades como a agricultura, a ganadaría, a apicultura e o turismo.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Vespula germanica (Fabricius, 1793) no GBIF. Consultado o 4 de xullo de 2021.
- ↑ Vespula germanica (Fabricius, 1793) en BioLib.
- ↑ Kovac, H.; Stabentheiner, A. (2012). "Does size matter? — Thermoregulation of 'heavyweight' and 'lightweight' wasps (Vespa crabro and Vespula sp.)". Biology Open 1 (9): 848–856.
- ↑ Archer, M. E. (1985). "Population Dynamics of the Social Wasps Vespula vulgaris and Vespula germanica in England". Journal of Animal Ecology 54 (2): 473–485.
- ↑ Paukua Sackmann, Mauricio Rabinobich & Juan Carlos Corley (2001): "Successful Removal of German Yellowjackets (Hymenoptera: Vespidae) by Toxic Baiting". J. Econ. Entomol. 94 (4): 811–816. Vertexto completo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vespula germanica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vespula germanica |
Bibliografía
editar- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Avispa chaqueta amarilla. Vespula germanica F. (en castelán).
- Vespula germanica (Fabricius, 1793) en Discover Life (en inglés).