Depredación

(Redirección desde «Depredador»)

Depredación é, en ecoloxía e bioloxía, unha relación interespecífica na que un individuo (depredador) dunha especie mata a outro doutra especie (presa) para alimentarse del.

Un oso polar como depredador alimentándose dunha foca barbuda en Svalbard, Noruega

Un mesmo individuo pode ser depredador duns organismos, e presa doutros. En caso de non ser presa de ningún organismo, falaríamos dun superdepredador.

Na relación de depredación, unha especie sae beneficiada, a especie depredadora, e outra sae prexudicada, a especie presa, pasando a enerxía deste último ao primeiro (da presa ao depredador).

Son exemplos o león e maila cebra. O primeiro sería o depredador do segundo, que sería a presa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.