África do Norte

(Redirección desde «Norte de África»)

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, o Níxer e o Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

En verde escuro África do Norte segundo a ONU, en verde claro África do Norte desde un punto de vista exclusivamente xeográfico.

Clima Editar

A rexión caracterízase polo clima mediterráneo debido á influencia do Mediterráneo e o clima desértico polo Sáhara.

Poboación Editar

No territorio que segundo a ONU constitúe África do Norte a poboación está formada por tres grandes grupos, os bérberes e os tuaregs, os árabes e os pobos nilóticos. Os árabes e os bérberes arabizados falan dialectos árabes, os bérberes falan dialectos bérberes e os pobos nilóticos dialectos bérberes e árabe. O francés, a antiga lingua colonial en Marrocos, Alxeria e Tunisia ten uso entre unha parte das clases medias. A maioría da poboación profesa a relixión islámica, os coptos de Exipto son cristiáns seguidores da Igrexa copta, e unha parte dos pobos nilóticos son cristiáns ou animistas. Tradicionalmente existía unha importante comunidade xudía, aproximadamente 700.000 antes de 1948 pero tras a creación do estado de Israel a maioría emigraron alí e quedan menos de 15.000.