Mar Vermello
O mar Vermello é unha baía do océano Índico entre África e Asia. Ao sur comunícase co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ao norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez, que permite a comunicación co mar Mediterráneo.[1][2]
Mar Vermello | |
---|---|
البحر الأحمر - Baḥr al-Aḥmar - ים סוף - Yam Suf | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | África-Asia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Golfo de Adén |
Cidades ribeiregas | Assab, Massawa, Hala'ib, Porto Sudán, Safaga, Hurghada, El Suweis, Sharm el-Sheij, Eilat, Aqaba, Dahab, Jedda e Al Hudaydah |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Aqaba e golfo de Suez (canal de Suez) |
Penínsulas | Penínsulas do Sinaí e arábiga |
Estreitos | Bab el-Mandeb (golfo de Adén) |
Características | |
Superficie | 450.000 km² |
Lonxitude máxima | 2.200 km |
Anchura máxima | 335 km |
Profundiade máxima | 2.130 m |
Profundidade media | 500 m |
Mapa | |
Localización do mar Vermello. | |
Mapa da rexión do mar Vermello | |
CaracterísticasEditar
Ten pouco máis de 1900 km de longo, un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².
Hai unha gran cantidade de formacións coralinas pola exuberancia de vida submarina, con gran variedade de peixes e corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de, polo menos, 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.
As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa até os 200 m de profundidade, mais pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.
A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e mantense na actualidade, o que explica a existencia de actividade volcánica nas partes máis fondas. O modelo de Tuzo Wilson asegura que o Mar Vermello se converterá nun océano, e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.
Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e o Iemen na beira asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda ou Al-Hudaidah.
NotasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Vermello |