Bab el-Mandeb
Bab-el-Mandeb (transcrito ás veces Mandab ou Mandib, ou con artigo "el-" coa forma literaria "al-", con ou sen trazos), que significa en árabe "Porta das Bágoas" ou "Porta das Lamentacións" (باب المندب), é un estreito marítimo localizado entre o Iemen, Península arábiga e Djibuti, ao norte de Somalia, no denominado Corno de África, que conecta o Mar Vermello co Golfo de Aden.
Orixe do nomeEditar
O estreito deriva o seu nome dos perigos que agardan aos seus navegantes, ou, segundo unha lenda árabe, polas lágrimas vertidas a causa do sismo que separou Asia e África.
XeografíaEditar
A distancia entre ambas dúas beiras do estreito é de arredor de 20 millas (30 km), acontar desde Ras Menheli, no Iemen, até Ras Siyan, en Xibouti. A illa de Perim divide o estreito en dúas canles, das cales a oriental,coñecida como Bab Iskender (Porta de Alexandre), ten un ancho de 2 millas (3 km) e uns 30 m de profundidade; entanto a canle occidental ou Dact el-Mayun, posúe un ancho de sobre 16 millas (25 km) e un calado de 310 m. Cerca da costa de Xibouti está situada un grupo de pequenas illotes coñecidos como os "Sete Irmáns." Existe unha corrente superficial cara o Mar Vermello na canle oriental, e por contra unha forte corrente de saída, en profundidade, na canle occidental.
O Bab el-Mandeb é unha ruta estratéxica entre o Océano Índico e o Mar Mediterráneo , vía Mar Vermello e Canle de Suez. No 2006, estimábase que pasaron, en buques-tanques, uns 3,3 m3 de petróleo diarios a través deste estreito, sobre un total de 43 m3/día, moved by tankers.[1]
Algúns datos históricosEditar
Consonte hipóteses recentes, o estreito de Bab el-Mandeb foi, posibelmente, testemuña das primeiras emigracións dos humanos modernos que abandonaron África, o que ocorreu hais aproximadamente un 60 000 anos atrás[2][3] Nesa época, o nivel dos mares era moito máis baixo e o estreito era bastante menos profundo, o que facilitou a serie de emigracións que percorreron a costa sur desde Asia.
Segundo as tradicións da igrexa ortodoxa de Etiopía tewahedo, o Bab el-Mendeb veu pasar por el as migracións, cara África, dos semitas falantes de ge'ez, que tiveron lugar arredor da mesma época que a do patriarca hebreo Xacob[4].
Proxecto de ponteEditar
O 22 de febreiro de 2008, foi anunciado que a compañía propiedade de Tarek bin Laden está a proxectar construír unha ponte, denominada Ponte do Corno, que cruzaría o estreito, ligando Iemen con Djibuti[5]. O comezo das obras sería para o ano 2009.
NotasEditar
- ↑ World Oil Transit Chokepoints, Energy Information Administration, US Department of Energy
- ↑ Spencer Wells, The Journey of Man
- ↑ Stephen Oppenheimer. The Gates of Grief Arquivado 30 de maio de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Official website of EOTC". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 03 de novembro de 2008.
- ↑ BBC NEWS | Africa | Tarek Bin Laden's Red Sea bridge