Xacob
Xacob[1] foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da Xénese (ou Bereshit en hebreo). Ten como nome alternativo Israel.
Xacob | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1791 a. C. |
Lugar de nacemento | Canaán |
Falecemento | c. 1644 a. C. |
Lugar de falecemento | Antigo Exipto |
Soterrado | Túmulo dos Patriarcas |
Etnia | Hebreos |
Ocupación | pastor de ovelhas |
Pai | Isaac |
Nai | Rebeca |
Cónxuxe | Lea, Raquel, Bila e Zilpa |
Fillos | Simeão, Judá, Issacar, Zebulom, Dina, Xosé, Benjamim, Aser, Naftali, Gade, Dã, Rúben e Levi |
Irmáns | Esaú |
[ editar datos en Wikidata ] | |
- Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase Santiago (nome).
A súa historia comeza coa inimizade co seu irmán, Esaú. Xacob consegue que el sexa o bendicido polo seu pai, Isaac. Xacob ten que fuxir e, tras uns estraños soños, cambia o seu nome polo de Israel, ou "o que loita con Deus". Xacob acaba facendo as paces co seu irmán, o cal interprétase como o respecto das fronteiras entre as tribos de Edom e de Israel, algo que se confirmará máis tarde cando os israelitas chegan á terra prometida.
Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas tribos de Israel. Esta estirpe organizouse por Hebrón e Nablús en cooperativas agrarias. Adicándose principalmente ó pastoreo de ovellas. A seguinte historia na que o patriarca participa é a que conta como o seu fillo Xosé foi vendido polos seus irmáns como escravo a Exipto. Xosé consegue facerse co cargo de vicerrei no goberno do rei de Exipto, perdoa aos seus irmáns e trae a súa familia para Exipto, para fuxir da fame de Canaán, o cal constitúe o final do libro da Xénese.
NotasEditar
- ↑ Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, ed. (1989). "Xénese 25:26". A Biblia. p. 31.
Despois, agarrado do calcañar de Esaú, saíu seu irmán. E chamáronlle Xacob