Esaú

fillo máis vello de Isaac

Na Xénese, Esaú ou Edom (en hebraico: עֵשָׂו בן-יִצְחָק Ēśāw ben Yishāq) era o fillo de Isaac e mais Rebeca. Foi o primeiro en nacer, e xemelgo de Xacob.

"Nacemento de Esaú e Xacob", obra de Benjamin West.

Era máis afeccionado á caza ca seu irmán, de xeito que era máis querido polo seu pai, aínda que a nai devecía por Xacob. Cando os xemelgos tiñan quince anos, aconteceu que Esaú chegou de cazar famento e vendeu a primoxenitura a Xacob por un prato de lentellas. Segundo o xudaísmo, aquel día, Esaú estaba canso porque cometera tres pecados capitais (asasinato, adulterio e idolatría); ademais, o mesmo día finou Abraham.

Moitos anos despois, o día no que seu pai quería beicer ao seu irmán, vaino suplantar disfrazándose con pelica de cabra que lle cubría os brazos para simular a vilosidade de Esaú (o seu pai, Isaac, xa non tiña a vista moi ben).

Cando lle pediu que o beicese, o seu pai díxolle que xa non se podía botar atrás, mais lle vai dir que, unha vez que el estivese morto, non matase a seu irmán. De todos os xeitos, Xacob marchou da casa e foise a vivir a Mesopotamia, á casa do seu titío Labán, irmán da súa nai, Rebeca.

Cando Esaú chegou aos corenta anos, tomou por muller á hivita Aholibamah, filla de Beerí, coa que ten tres fillos:

  • Xenix ou Ieúix
  • Xalam ou Ia'alam
  • Corah

Uniuse tamén coa hitita Adá, filla de Elón, coa que tivo un fillo:

Isto foi moi decepcionante para Isaac e mais Rebeca, que vían coma o seu sangue e as súas tradicións mesturábanse con outras foráneas. A relación das dúas mozas coa súa sogra Rebeca non foi doada. Por iso mesmo colleu coma terceira dona a Mahalat, filla do seu titío Ismael, que lle deu un fillo:

Pouco antes de morrer seu pai, Xacob volveu á casa coas súas esposas. Chegou tal bo momento, que Esaú e Xacob se perdoaron mutuamente. Despois do soterramento do pai, Esaú instalouse en Edom, onde os seus fillos foron os xefes das tribos edomitas.

Segundo o Libro de Jasher, foi asasinado por Sem, fillo de Noé, devanceiro seu. Pola contra, no Libro dos Xubileus nárrase que finou durante unha batalla entre Xacob e os seus fillos contra Esaú e os seus.