Península de Arabia
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2022) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Arabia é unha vasta península localizada en Oriente Medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.
Historia e característicasEditar
A península de Arabia limita co Mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.
Está conformada polos seguintes países:
- Arabia Saudita (1 960 582 km², 24 300 000 habitantes)
- Iemen (527 970 km², 20 000 000 habitantes)
- Omán (212 460 km², 3 000 000 habitantes)
- Emiratos Árabes Unidos (83 600 km², 3 500 000 habitantes)
- Qatar (11 437 km², 770 000 habitantes)
- Bahrain (665 km², 670 000 habitantes)
Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro de Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus veciños.
A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escaseza de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atópanse entre as máis ricas do mundo.
A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.[Cómpre referencia]
A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.
Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do islam atópanse en Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.