Sudán
Coordenadas: 15°N 032°L / 15, -32
O Sudán[2][3] (en árabe: السودان as-Sūdān[4]), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.[5] A relixión predominante é o islam.[6]
República do Sudán | |||
---|---|---|---|
جمهورية السودان Yumhūriyyat as-Sūdān Republic of Sudan | |||
| |||
Lema: al-Nadir Nila | |||
Capital • Poboación | Khartún 1 974 647 (2005 est.) | ||
Cidade máis poboada | Omdurmán | ||
Linguas oficiais | Árabe, Inglés | ||
Forma de goberno | Xunta de Goberno | ||
Abdel Fattah Abdelrahman Burhan (عبد الفتاح البرهان)[1] Osman Hussein | |||
Independencia do Reino Unido e Exipto | 1 de xaneiro de 1956 | ||
Superficie | Posto 16º | ||
• Total | 1 886 068 km² | ||
• % auga | 5,2 | ||
Fronteiras | 7 687 km | ||
Costas | 853 km | ||
Poboación | Posto 33º | ||
• Total | 44 909 353 hab. | ||
• Densidade | 21,3 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 60º | ||
• Total (2018) | 177 687 millóns US$ | ||
• per cápita | 4 232 US$ | ||
Moeda | Libra sudanesa | ||
IDH (2019) | 0,510 (170º) – medio | ||
Xentilicio | Sudanés, sudanesa | ||
Fuso horario | UTC+3 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .sd | ||
Prefixo telefónico | +249 | ||
Prefixo radiofónico | 6TA-6UZ, SSN-STZ | ||
Código ISO | 729 / SDN / SD | ||
Membro de: LA, UA, ONU | |||
O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.
É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio.[7][8] A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria, a "Asemblea Nacional".[9] O seu sistema legal está baseado na Xaria, a lei islámica.
EtimoloxíaEditar
O nome do país provén do árabe bilād as-sūdān (بلاد السودان), que significa "Terra dos negros", un termo que se refería á rexión localizada ó sur do Deserto do Sáhara.[10]
HistoriaEditar
Coñecido na Antigüidade como Nubia, o Sudán incorpórase ao mundo árabe coa expansión islámica do século VII. O sur escapa ao control musulmán e sofre incursións de cazadores de escravos. Entre 1820 e 1822 é conquistado e unificado polo Exipto, e posteriormente entra na esfera de influencia do Reino Unido. En 1881 estoupa unha revolta nacionalista comandada por Muhammad Ahmed bin' Abd Allah, líder relixioso coñecido como Mahdi, quen expulsa os ingleses en 1885. El morre pouco despois e os británicos retoman o Sudán no 1898. O ano seguinte, a nación é sometida ao dominio exipcio-británico. Obtén unha autonomía limitada en 1953 e a independencia total en 1956.
O Sudán sufriu dezasete anos de guerra durante a primeira guerra civil sudanesa (1955-1972). A esta seguírona varios conflitos étnicos, relixiosos e económicos entre a poboación do norte (árabe-musulmá) e a poboación do sur (animista, nilótica-cristiá e negra), que desembocaron na segunda guerra civil sudanesa (1983-2005). En 1989 tivo lugar un golpe de estado liderado polo militar Omar Hassan Ahmad al-Bashir, quen se autoproclamou presidente en 1993. A segunda guerra civil remata en 2005 tralo Acordo Xeral de Paz. Redactouse unha nova constitución e a rexión sur do país obtivo autonomía.
A introdución da xaria, a lei islámica, causou a fuga de máis de 350 000 persoas a países veciños. Entre outras medidas, a lei estabelece a prohibición de bebidas alcohólicas e castigos de enforcamento ou mutilación.
Desde 2003 existe un Conflito na rexión de Darfur. Houbo un exterminio da poboación negra por parte de milicias árabes, presuntamente apoiadas polo goberno de xeito encuberto.
XeografíaEditar
Os desertos da Nubia e da Libia e o clima árido predominan no norte, mentres que o sur está cuberto por sabanas e forestas tropicais. A bacía do río Nilo, que atravesa o Sudán, é fonte de enerxía eléctrica e de irrigación para as plantacións de algodón, principal produto de exportación, ao lado da goma-arábica.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía do Sudán.
A maioría da poboación do Sudán vive da agricultura de subsistencia e da pesca. Recentemente o petróleo tornouse un dos principais produtos de exportación do país, e ten estimulado un gran crecemento da economía.
Desde o 1997 o Sudán ten traballado co Fondo Monetario Internacional para implantar reformas económicas, incluíndo a flutuación da taxa de troco.
DemografíaEditar
Cidades importantesEditar
Segundo o censo de 2005 as principais cidades do Sudán ou capitais provinciais teñen a seguinte poboación:
|
NotasEditar
- ↑ "Sudan forms 11-member sovereign council, headed by al-Burhan". Al Jazeera (en inglés). 20 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sudanés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
- ↑ "Sudan". Oxford English Dictionary. 1989. Consultado o 9 de xullo de 2011.
- ↑ Collins, Robert O. (2008). A History of Modern Sudan. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85820-5.
- ↑ Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4). pp. 665–675. doi:10.2307/20029452.
- ↑ "The World Factbook: Sudan". U.S. Central Intelligence Agency. ISSN 1553-8133. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2011.
- ↑ http://www.wto.org/english/thewto_e/whatis_e/tif_e/org6_e.htm
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
- ↑ International Association for the History of Religions (1959). EJ Brill, ed. Numen. Leiden. p. 131.
West Africa may be taken as the country stretching from Senegal in the west, to the Cameroons in the east; sometimes it has been called the central and western Sudan, the Bilad as-Sūdan, ‘Land of the Blacks’, of the Arabs
.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sudán |
BibliografíaEditar
- Brown, Richard P.C. (1992) Public Debt and Private Wealth: debt, capital flight and the IMF in Sudan. Macmillan Publishers Londres ISBN 0-333-57543-1.
- Churchill, Winston (1899; 2000). The River War — An Historical Account of the Reconquest of the Soudan. Carroll & Graf Publishers (Nova York). ISBN 978-0-7867-0751-5.
- Clammer, Paul (2005). Sudan — The Bradt Travel Guide. Bradt Travel Guides (Chalfont St. Peter); Globe Pequot Press. (Guilford, Connecticut). ISBN 978-1-84162-114-2.
- Evans-Pritchard, Blake; Polese, Violetta (2008). Sudan — The City Trail Guide. City Trail Publishing. ISBN 978-0-9559274-0-9.
- El Mahdi, Mandour. (1965). A Short History of the Sudan. Oxford University Press. ISBN 0-19-913158-9.
- Fadlalla, Mohamed H. (2005). The Problem of Dar Fur, iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-36502-9.
- Fadlalla, Mohamed H. (2004). Short History Of Sudan. iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-31425-6.
- Fadlalla, Mohamed H. (2007). UN Intervention in Dar Fur, iUniverse (Nova York). ISBN 978-0-595-42979-0.
- Jok, Jok Madut (2007). Sudan — Race, Religion and Violence. Oneworld Publications (Oxford). ISBN 978-1-85168-366-6.
- Mwakikagile, Godfrey (2001). Slavery in Mauritania and Sudan — The State Against Blacks, in The Modern African State — Quest for Transformation. Nova Science Publishers (Huntington, Nova York). ISBN 978-1-56072-936-5.
- O'Fahey, Rex Seán; Spauling, Jay Lloyd (1974). Kingdoms of the Sudan. Methuen Publishing (Londres). ISBN 978-0-416-77450-4.
- Peterson, Scott (2001). Me Against My Brother — At War in Somalia, Sudan and Rwanda — A Journalist Reports from the Battlefields of Africa. Routledge (Londres; Nova York). ISBN 978-0-203-90290-5.
- Prunier, Gérard (2005). Darfur — The Ambiguous Genocide. Cornell University Press (Ithaca, Nova York). ISBN 978-0-8014-4450-0.
- Welsby, Derek A. (2002). The Medieval Kingdoms of Nubia — Pagans, Christians and Muslims Along the Middle Nile. British Museum Press (Londres). ISBN 978-0-7141-1947-2.
- Zilfū, ʻIṣmat Ḥasan (translation: Clark, Peter) (1980). Karari — The Sudanese Account of the Battle of Omdurman. Frederick Warne & Co (Londres). ISBN 978-0-7232-2677-2.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |