Menfis
Menfis (árabe: مَنْف Manf, copto: ⲙⲉⲙϥⲓ; grego: Μέμφις) foi a antiga capital de Aneb-Hetch, o primeiro nome do Baixo Exipto. As súas ruínas localízanse preto da cidade de Mit Rahina, 20 km ao sur de Gizeh.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Exipto | ||||
Gobernación | Governación de Guiza | ||||
Capital de | |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 155,16 ha | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 1979 (3ª Sesión) | ||||
Identificador | 86-001 | ||||
Segundo a lenda relatada por Manetho, a cidade foi fundada polo faraón Menés co nome de Muros Brancos. A cidade foi a Capital de Exipto durante o Reino Antigo, permaneceu como unha cidade importante ao longo da historia antiga de Exipto.[1][2][3] Ocupou unha posición estratéxica na desembocadura do Delta do Nilo e acollía unha actividade febril. O seu porto principal, Peru-nefer, albergaba unha alta densidade de talleres, fábricas e almacéns que distribuían comida e mercadorías ao longo do antigo reino. Durante a súa idade de ouro, Menfis prosperou como centro rexional de comercio, negocios e relixión.
Menfis creuse baixo a protección do deus Ptah, o patrón dos artesáns. O seu gran templo, Hut-ka-Ptah (que significa "Recinto da ka de Ptah"), foi unha das estruturas máis destacadas na cidade. O nome deste templo, traducido ao grego como Aί-γυ-πτoς (Ai-gy-ptos) polo historiador Manetho, crese que é a orixe etimolóxica do nome galego moderno Exipto.
A historia de Memfis está intimamente ligada á do propio país. Menfis permaneceu como a maior cidade autenticamente exipcia durante as dominacións estranxeiras. A fundación de Alexandría e a de Fustat (o vello Cairo) despois da invasión dos árabes marcaron a súa decadencia. A súa importancia relixiosa tamén diminuíu despois do abandono da relixión do antigo Exipto despois do Edicto de Tesalónica.
Hoxe, as ruínas da antiga capital ofrecen probas fragmentadas do seu pasado. Conservóuse, xunto co complexo das pirámides de Gizeh, como Patrimonio da Humanidade desde 1979. O sitio está aberto ao público como museo ao aire libre. Á cabeza das súas marabillas arquitectónicas e culturais figuran o Coloso de Ramsés II, con 13 metros de longo e un peso de 120 toneladas, e a Esfinxe en alabastro, datada da XIX Dinastía.
Toponimia
editarMenfis tivo varios nomes durante a súa historia de case catro milenios. O seu nome exipcio foi Inbu-Hedj (traducido como "muro branco".[4][5]).[6]
Muro branco: Ineb-hedy, Inebu-hedy, Men-nefer, Hut-ka-Ptah
Por mor do seu tamaño, a cidade tamén coñeceuse por varios outros nomes que en realidade eran os nomes de barrios ou distritos que gozaron de prominencia considerable nun momento ou outro. Por exemplo, segundo un texto do Primeiro Período Intermedio,[7] coñeceuse como Djed-Sut ("lugares eternos"), que é o nome da Pirámide de Teti.[8]
A cidade tamén denominouse como Ankh-Tawy (que significa "a vida das dúas terras"), destacando a posición estratéxica da cidade entre o Alto e Baixo Exipto. Este nome aparece ata o Imperio Medio de Exipto (c. 2055 - 1640 a. C.), e frecuentemente atópase nos textos antigos exipcios.[9] Algúns estudosos sosteñen que este nome era realmente o do distrito occidental da cidade que estaba entre o grande Templo de Ptah e a necrópole en Saqqara, unha zona que contiña unha árbore sagrada.[10]
Ao comezo do Imperio Novo de Exipto (c. 1550 a. C.), a cidade fíxose coñecida como "Men-nefer" (que significa "perdurable e fermosa"), que se converteu en "Memfi" (ⲙⲉⲙϥⲓ) en Copto. O nome "Memphis" (Μέμφις) é a adaptación grega deste nome, que orixinalmente era o nome da pirámide de Pepi I, situada ao oeste da cidade.[11] No entanto, o poeta grego Hesíodo na súa Teogonía di que Menfis era filla do deus Nilo e a esposa de Épafo (fillo de Zeus e Io), que fundou a cidade e nomeouna pola súa esposa.[12]
Na Biblia, Menfis chámase Moph ou Noph.
Historia
editarFundada ao redor de 3050 a. C. polo primeiro faraón de Exipto, Menes, as ruínas da cidade están situadas a 19 km ao sur de O Cairo, na beira oeste do Nilo. O deus local era Ptah.
Durante gran parte da historia exipcia, Menfis foi a maior cidade do país e centro económico do reino, a capital indiscutible desde a Primeira Dinastía ata a VIII, rexurdindo durante o reinado de Ramses II e Merenptah. Cando outras cidades como Tebas, Pi-Ramsés, Tanis ou Sais ostentaban a capitalidade aínda era chamada Balanza das Dúas Terras, o centro máis importante do país.
Calcúlase que Menfis era a cidade máis poboada do mundo ata o ano 2250 a. C., no momento do maior boom podería ter máis de 500 mil habitantes.
Tebas sucedeu a Menfis, c. 2040 a. C., como capital durante o XI dinastía exípcia, sendo durante mil cincocentos anos a capital do antigo Exipto, agás por curtos períodos. Assaradão de Asiria no 661 a. C., e Assurbanípal, saquearon a cidade causando o seu declive.
A fundación de Alexandría, no 331 a. C. supuxo o fin da hexemonía de Menfita. Os Tolomeos e logo os emperadores romanos consideraban Alexandría como a gran capital do Exipto e o resto do país, incluíndo a antiga e tres veces milenaria Menfis, que caeu no esquecemento e na pobreza. Foi definitivamente abandonada no 641, e as súas ruínas convertéronse nunha canteira de materiais para os asentamentos próximos. Gran parte dos seus restos utilizáronse para construír a nova capital exipcia, O Cairo.
Escaváronse as ruínas do templo de Ptah, descubríndose moitas estatuas, como as de Ramsés II, exhibidas en varios museos.
Galería
editar-
Traballador do museo no proceso de limpeza do coloso Ramsés II.
-
Representación de Ptah atopada nas paredes do Templo de Hathor.
-
A esfinxe de alabastro atopada fóra do Templo de Ptah.
-
Estatua de Ramsés II no museo ao aire libre.
-
Detalle da esfinge do templo de Ptah.
-
Coloso de Ramses II.
-
Mapa.
Notas
editar- ↑ Bard, Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt, p. 694.
- ↑ Meskell, Lynn (2002). Private Life in New Kingdom Egypt. Princeton University Press, p.34
- ↑ Shaw, Ian (2003). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford University Press, p.279
- ↑ M. T. Dimick retrieved 14:19GMT 1.10.11
- ↑ Etymology website-www.behindthename.com retrieved 14:22GMT 1.10.11
- ↑ National Geographic Society: Egypt's Nile Valley Supplement Map, produced by the Cartographic Division.
- ↑ Hieratic Papyrus 1116A, of the Hermitage Museum in Saint Petersburg; cf Scharff, Der historische Abschnitt der Lehre für König Merikarê, p.36
- ↑ Montet, Géographie de l'Égypte ancienne (Vol I), p. 28–29.
- ↑ Najovits, Simson R. Egypt, trunk of the tree: a modern survey of an ancient land (Vol. 1–2), Algora Publishing, p171.
- ↑ Montet, Géographie de l'Égypte ancienne, (Vol I), p. 32.
- ↑ McDermott, Bridget (2001). Decoding Egyptian Hieroglyphs: How to Read the Secret Language of the Pharaohs. Chronicle Books , p.130
- ↑ Pseudo-Apollodorus, "Bibliotheca", Β 1,4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menfis |