Primeiro Período Intermedio
O Primeiro Período Intermedio da historia de Exipto foi un século de anarquía que durou entre 2134 e 2040.
Serie de artigos sobre a
|
Historia de Exipto |
![]() |
Historia do Exipto Antigo |
O Exipto grecorromano |
O Exipto árabe |
O Exipto otomán |
Muhammad Alí e os seus sucesores |
Historia do Exipto contemporáneo |
Co debilitamento do poder central entrouse nunha época turbulenta que Manetón caracteriza dicendo que en setenta días chegou a haber setenta reis. Os funcionarios foran creando os seus propios reinos, que sostiñan con exércitos privados. A ausencia dun poder unificador é observábel na arte deste período, no que se detectan variacións locais, así como lna literatura. As tentativas de recuperar a monarquía unificada en Heracleópolis mediante alianzas dos reinos meridionais frustrouse ao formar Tebas unha monarquía independente.