A Baixa Época
Coñécese como Baixa Época ao período entre a conquista asiria do Antigo Exipto até a chegada de Alexandre Magno (664-323).
A Baixa Época | |
---|---|
Parte de: historia antiga de Exipto ![]() | |
Instancia de | periodización ![]() |
Data | |
Comezo | 664 a. C. ![]() |
Remate | 332 a. C. ![]() |
Cronoloxía | |
Precedido por | Terceiro Período Intermedio ![]() |
Sucedido por | Egito ptolemaico (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
País | Antigo Exipto e Persia ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O rei asirio Assurbanipal (660-627) estableceu un maior control (desde o 671 Menfis caíra e o país pagáballe un tributo) apoiando ao gobernador de Sais, Neco I (672-664), quen se enfrontou aos nubios. Pero o fillo deste, Psammético I, aproveitando que Assurbanipal marchara reprimir unha rebelión en Babilonia, liberouse da súa tutela e unificou o reino. Psammético I foi o primeiro faraón que empregou mercenarios gregos e carios.
A prosperidade aumentou, especialmente no delta, e xa na XXVI dinastía tentouse controlar Palestina aproveitándose da decadencia asiria: Neco II combateu en Siria, rexeitou un ataque do rei babilonio Nabucodonosor (604-562) e construíu unha frota no Mediterráneo e outra no Mar Vermello, ao tempo que tentaba enlazar o Nilo e o Mar Vermello mediante un canal. Apries (589-570) apoiou tamén aos pequenos estados palestinos contra Babilonia e aceptou aos exilados xudeus que fuxían da catividade. Tentou reprimir aos colonos gregos de Cirene pero o xeneral que enviara, Amasis (570-526) sublevouse e depúxoo.
Ao ano seguinte da morte deste, os persas invadiron e puxeron no trono a Cambises (525-522), primeiro soberano da XXVII dinastía (persa). Darío I rematou o canal de Neco II. Durante os 80 anos que seguiron á derrota persa contra os gregos en Maratón (ano 490), os exipcios combateron por expulsar aos persas apoiándose nos gregos. En 404 Amirteo de Sais libertou o delta e catro anos máis tarde o resto do país. Os persas volveron a dominar Exipto durante dez anos (343-333), no que constituíu a XXXI dinastía.