O Período tinita ou protodinástico da Historia do Exipto Antigo vai desde o a unificación dos dous reinos, arredor de -3150, até a creación do Imperio Antigo de Exipto no -2700 coa III Dinastía.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
Anverso da Paleta de Narmer-

Historia e características editar

Segundo a lista de reis transmitida por Manetón, o primeiro faraón que unificou Exipto foi Menes. Con anterioridade existira un rei Escorpión (supostamente), que foi seguido por Ka, por Narmer e por Aha. Un destes dous últimos, posibelmente Narmer, é o Menes de que fala Manetón. O feito mítico da unificación está reflectido na paleta de lousa do rei Narmer, atopada en Hieracómpolis, que é probabelmente, o documento histórico máis importante de toda a historia de Exipto. A pose do rei, a punto de partirlle o cranio cunha maza a un inimigo, serviu de modelo para retratar os faraóns dos tres milenios posteriores. A tumba máis antiga de Saqqara é a de Aha. Este período durou uns cinco séculos e durante el reinaron a I e II dinastías. Unha vez establecida a unión do norte e o sur, aínda que precaria, procedeuse a protexer as fronteiras contra os libios, que tentaron continuamente penetrar desde o oeste, subir polo Nilo até á Nubia (Dzer chegou á segunda catarata), e ocupar o Sinaí. A capital trasladouse de Tinis a Menfis e a necrópole de Abydos a Saqqara a partir da II dinastía.

Durante este período consolidouse o poder centralizador do faraón e desenvolveuse unha estrutura burocrática e administrativa. O faraón faise divinizar, proclamándose descendente do deus Horus e establece ritos e cerimonias, como a festa Sed, ou xubileu, na que renova os seus poderes. Os faraóns enterrábanse en luxosas construcións funerarias, como a de Abydos. Os nomos eran administrados por un gobernador, entre cuxas principais tarefas estaba organizar o sistema de irrigación.

Parece como se o uso da escrita se difundise precisamente a partir do comezo da I dinastía. Usábase principalmente para indicar o nome do ano.

As prácticas funerarias dos campesiños terían sido as mesmas dos tempos predinásticos, Cando a fins do Período Predinástico algunhas das sepulturas se converteron en tumbas máis amplas ese introduciron os ataúdes, a "momificación" natural das areas do deserto non se producía, polo que foi preciso deseñar procedementos específicos de momificación para asegurar a inmortalidade dos faraóns. As tumbas destes chámanse mastabas (palabra que provén da palabra exipcia moderna para "banco", porque á distancia asemellan un banco de lama). Nunha tumba en mastaba, escavábase unha cámara profunda que despois se revestía con pedra, ladrillos de lama ou madeira. Na superficie, a lama era empillada e ficaba marcando o local claramente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar