Nekhen (/ˈnɛkən/) ou Hierakonpolis (/ˌhaɪərəˈkɒnpəlɪs/; grego antigo: Ἱεράκων πόλις Hierakōn polis "Cidade do falcón",[1] árabe exipcio: الكوم الأحمر[2]) foi a capital relixiosa e política do Alto Exipto no final do Exipto prehistórico (c. 3200–3100 a. C.) e probablemente tamén durante o Período arcaico de Exipto (c. 3100–2686 a. C).

Hieracómpolis
Hieracómpolis en Exipto
Hieracómpolis
Hieracómpolis
CoordenadasCoordenadas: 25°05′50″N 32°46′46″L / 25.097222222222, 32.779444444444
Historia
MaterialPosiblemente, a máis antiga tumba exipcia pintada

A tumba máis antiga coñecida con decoración pintada nas paredes de xeso está situada en Nekhen e crese que data aproximadamente do 3500-3200 a. C. Comparte imaxes distintivas con artefactos da cultura Gerzeh.

Centro de culto de Horus editar

Nekhen foi o centro do culto dunha deidade falcón, Horus de Nekhen, que levantou un dos máis antigos templos exipcios nesta cidade. Mantivo a súa importancia como centro de culto para este patrón divino dos reis moito despois de que o sitio declinase.

O primeiro asentamento en Nekhen data da pre-dinástica cultura amratiana (cara ao 4400 a. C.) ou, quizais, durante a fin de cultura Badari (ca. 5000 a. C.). No seu apoxeo aproximadamente ao redor do 3400 a. C., Hieracómpolis tiña polo menos 5 000 e posiblemente ata 10 000 habitantes.

As ruínas da cidade foron orixinalmente escavadas cara a finais do século XIX polos arqueólogos Ingleses James Quibell e Frederick W. Green.

 
Obxectos de marfil de Hieracómpolis

Quibell e Green descubriron o "depósito principal", un depósito de fundación debaixo do templo, [3] en 1894. Quibell orixinalmente foi adestrado por Flinders Petrie, o pai da exiptoloxía moderna, porén non puido seguir os seus métodos. O templo foi un sitio difícil de escavar, polo que a súa escavación foi mal feita e logo mal documentada. Concretamente, o contexto de situación dos elementos que hai nel están mal rexistrados e, moitas veces, os informes de Quibell e Green son contraditorios. [4]

O artefacto máis famoso asociado comunmente ao depósito principal, a Paleta de Narmer, agora crese que probablemente non estivo no depósito principal. O informe de Quibell realizado en 1900 colocou a paleta no depósito, pero o informe de Green en 1902 situouno a un ou dous metros de distancia. A versión de Green está acreditada por notas de campo anteriores (Quibell non tiña ningunha), polo que agora é o rexistro aceptado de eventos. [5]

O depósito principal data de principios do Imperio Antigo de Exipto, [4] pero o estilo artístico dos obxectos do depósito indican que eran da Naqada III e foron trasladados ao depósito nunha data posterior. O outro elemento importante do depósito data claramente da prehistoria tardía. [6] Este obxecto, a maza do Rei Escorpión, representa a un rei coñecido só polo ideograma do escorpión, agora chamado Escorpión II, participando no que parece ser unha cerimonia de regadío ritual. [7] Aínda que a paleta de Narmer é máis famosa porque mostra o primeiro rei que leva as dúas coroas do Alto e Baixo Exipto, o cabezallo de Escorpión tamén indica algunha hostilidade militar temperá co norte ao amosar mortos, o símbolo do Baixo Exipto, colgado dos estandartes. {{sfn | Gardiner | 1961 | p = 403} }

John Garstang escavou en Hieracómpolis en 1905-06. Inicialmente esperaba escavar o sitio da cidade, pero atopou dificultades para traballar alí,[8] e pronto dirixiu a súa atención sobre o "forte" do rei da segunda dinastía Khasekhemwy no seu lugar. Por baixo do "castro", Garstang escavou un cemiterio pre-dinástico composto por 188 tumbas, que serviu a maior parte da poboación da cidade nos últimos períodos pre-dinásticos e dinásticos, revelando as prácticas de enterramento dos exipcios non da elite que vivían en Hieracómpolis.[9]

Máis recentemente, a concesión foi escavada aínda máis por un equipo multinacional de arqueólogos, exiptólogos, xeólogos e membros doutras ciencias, que foi coordinado por Michael Hoffman ata a súa morte en 1990, logo por Barbara Adams da University College London e a doutora Renee Friedman representando a Universidade de California, Berkeley e o Museo Británico ata a morte de Barbara Adams en 2001,[10] e por Renée Friedman despois.

Posibles estruturas rituais editar

A estrutura en Hiercómpolis coñecida como "forte", erroneamente, é un gran recinto de ladrillos de barro construído polo faraón Khasekhemwy da Segunda Dinastía.[11] Parece ser semellante en estrutura e propósito ritual aos "fortes" identificados incorrectamente construídos en Abidos, todos sen aparente función militar. Descoñécese a verdadeira función destas estruturas, pero parecen estar relacionadas cos rituais do reino e da cultura. [12] A relixión estaba entrelazada inexorablemente coa realeza do Antigo Exipto.

A estrutura ritual construíuse sobre un cemiterio prehistórico. As escavacións alí presentes, así como o traballo posterior dos ladróns de ladrillos, prexudicaron seriamente as paredes e provocaron o colapso da estrutura. Durante dous anos, 2005 e 2006, o equipo dirixido por Friedman intentou estabilizar a estrutura existente e sustentar as áreas en perigo da estrutura con novos tixolos. [13]

Tumba pintada exipcia máis antiga coñecida editar

 
Unha antiga pintura sepulcral de Nekhen en xeso con barcas, bastóns, deusas e animais, posiblemente o primeiro exemplo

Outros descubrimentos en Hieracómpolis inclúen a Tumba 100, a tumba máis antiga con decoración pintada nas súas paredes de xeso. Crese que o sepulcro data da cultura Gerzeh (ca. 3500-3200 a. C.).

A decoración mostra presuntas escenas e imaxes relixiosas que inclúen figuras presentes na cultura exipcia durante tres mil anos nunha procesión funeraria de barcas, presuntamente unha deusa entre dous leóns erguidos, unha roda de varios cuadrúpedes con cornos. Varios exemplares de persoas asociadas á deidade da primeira cultura do gando e un sostido por unha deusa de de grandes seos. Os animais representados inclúen onagros ou cebras, cabras, avestruces, leoas, impalas, gacelas e gando.

Zoo máis antigo coñecido editar

 
Hieracómpolis obxectos no momento do descubrimento

A máis antiga colección zoolóxica coñecida revelouse durante as escavacións en Hieracómpolis no 2009 unha colección que data de ca. 3500 a. C. Os animais incluían hipopótamos, alcéfalos, elefantes, babuínos e gatos salvaxes.[14]

Actividade continua editar

Hai tumbas en Hieracómpolis, que datan do Imperio Medio, Segundo período intermedio de Exipto e Imperio Novo. Na tumba pintada de Horemkhauef atopouse unha inscrición biográfica que relataba a viaxe de Horemkhauef á capital. Viviu durante o segundo período intermedio. Debido a que tiña unha forte asociación coas ideas relixiosas exipcias sobre a realeza, o templo de Horus en Hieracómpolis usouse ata o Reino ptolemaico,[15] persistindo como centro relixioso ao longo dos miles de anos da cultura do antigo Exipto.

Artefactos editar

Selos cilíndricos editar

Os selos cilíndricos atopados en Hieracómpolis inclúen algunhas das primeiras escenas coñecidas do faraón golpeando aos seus inimigos cunha maza.[16] En xeral crese que os selos cilíndricos derivan de exemplos mesopotamianos.[17]

Paletas descoradas de Hieracómpolis editar

Varias das mellores paletas decoradas pre-dinásticas descubríronse en Hieracómpolis. A miúdo amosan animais inspirados na Mepotamia como os serpopardos, e tamén incorporan algúns dos primeiros xeróglifos.

Cabezas de maza editar

Notas editar

  1. Strabo xvii. p. 817
  2. Richardson 2003, p. 429.
  3. Shaw 2000, p. 197.
  4. 4,0 4,1 Shaw 2003, p. 32.
  5. Shaw 2003, p. 33.
  6. Shaw 2000, p. 254.
  7. Gardiner 1961, p. 403.
  8. Adams, B. (1995). SIA Pub, ed. Ancient Nekhen: Garstang na cidade de Hierakonpolis. Surrey [Inglaterra]. ISBN 1872561039. OCLC 34165351. 
  9. Adams, B. (1987). KPI, ed. O forte cemiterio de Hierakonpolis: escavado por John Garstang. Londres. ISBN 0710302754. OCLC 18268735. 
  10. Smith, Harry (13 de xullo de 2002). "Obituary". The Guardian. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  11. "Interactive Dig Hierakonpolis - Fixing the Fort". www.archaeology.org. 
  12. Friedman 2006, p. 31.
  13. Friedman 2006, p. 36.
  14. World's First Zoo - Hierakonpolis, Egypt, Archaeology Magazine, http://www.archaeology.org/1001/topten/egypt.html
  15. Hoffman, Michael Allen; Hamroush, Hany A.; Allen, Ralph O. (1 de xaneiro de 1986). "A Model of Urban Development for the Hierakonpolis Region from Predynastic through Old Kingdom Times". Journal of the American Research Center in Egypt 23: 186. JSTOR 40001098. doi:10.2307/40001098. 
  16. 16,0 16,1 Bommas, Martin (2011). Cultural Memory and Identity in Ancient Societies (en inglés). A&C Black. p. 13. ISBN 9781441187475. 
  17. Wilkinson, Toby (2007). The Egyptian World (en inglés). Routledge. p. 484. ISBN 9781136753763. 
  18. 18,0 18,1 Davis, Whitney; Davis, George C. and Helen N. Pardee Professor of Art Historyancient Modern & Theory Whitney; Davis, Whitney M. (1992). Masking the Blow: The Scene of Representation in Late Prehistoric Egyptian Art (en inglés). University of California Press. p. 17. ISBN 9780520074880. 

Véxase tamén editar