A cultura Naqada é unha cultura arqueolóxica do Calcolítico no Exipto Predinástico (ca. 4400 3000 a.C.). O nome doullo Werner Kaiser e procede da cidade de Naqada, situada ás marxes do Nilo, a 25 quilómetros ao norte de Tebas. Non obstante, un estudo de datación por radiocarbono da Universidade de Oxford do 2013 do período predinástico do 2013 suxire unha data moito máis tardía que comeza entre o 3.800 e 3.700 a.C.[1]

Localización de Naqada

A fase final da cultura Naqada é a Naqada III, que coincide co Período Protodinástico ( Idade de Bronce temperá, aproximadamente 3200 3000 antes de Cristo) no antigo Exipto.

Cronoloxía editar

William Flinders Petrie editar

O período Naqada dividiuse por primeira vez polo exiptólogo británico William Flinders Petrie, que explorou o sitio en 1894, en tres subperíodos:

Werner Kaiser editar

A cronoloxía de Petrie substituíuse pola de Werner Kaiser en 1957. A cronoloxía de Kaiser comezaba c. 4000 a.C., pero a versión moderna comeza lixeiramente antes, do seguinte xeito:

Monumentos e escavacións editar

Os exipcios predinásticos do período Naqada I negociaban con Nubia ao sur, cos oasis do deserto occidental ao oeste e as culturas do mediterráneo oriental ao leste.[4] Tamén importaron obsidiana de Etiopía para dar forma a cuchillas e outros obxectos de lascas.[5] As mostras de carbón atopadas nas tumbas de Nekhen, datadas nos períodos Naqada I e II, identificáronse como cedro de Líbano.[6]

A análise craneométrica dun fósil da Naqada predinástica atopou que estaban estreitamente relacionados con outras poboacións de fala Linguas afroasiáticas afroasiaticas que habitaban no Corno de África e o Magreb, así como co período da idade de bronce e medieval nubios e da antiga Xericó. Os esqueletos de Naqada tamén son morfoloxicamente próximos ás series osteolóxicas modernas de Europa e do subcontinente indio. Non obstante, os fósiles de Naqada e eses esqueletos antigos e recentes eran fenotípicamente distintos dos fósiles pertencentes ós modernos falantes Nixer-Congo que habitan África tropical, así como dos esqueletos mesolíticos escavados en Wadi Halfa no Val do Nilo.[7]

Notas editar

  1. https://www.newscientist.com/article/dn24145-carbon-dating-shows-ancient-egypts-rapid-expansion/
  2. Shaw, Ian (2002). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford, England: Oxford University Press. p. 61. ISBN 0-500-05074-0. 
  3. Barbara G. Aston, James A. Harrell, Ian Shaw (2000). Paul T. Nicholson and Ian Shaw editors. "Stone," in Ancient Egyptian Materials and Technology, Cambridge, 5-77, pp. 46-47. Also note: Barbara G. Aston (1994). "Ancient Egyptian Stone Vessels," Studien zur Archäologie und Geschichte Altägyptens 5, Heidelberg, pp. 23-26. (See on-line posts: [1] and [2].)
  4. Shaw, Ian (2002). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford, England: Oxford University Press. p. 61. ISBN 0-500-05074-0. 
  5. Barbara G. Aston, James A. Harrell, Ian Shaw (2000). Paul T. Nicholson and Ian Shaw editors. "Stone," in Ancient Egyptian Materials and Technology, Cambridge, 5-77, pp. 46-47. Also note: Barbara G. Aston (1994). "Ancient Egyptian Stone Vessels," Studien zur Archäologie und Geschichte Altägyptens 5, Heidelberg, pp. 23-26. See on-line posts: [3] and [4].
  6. Parsons, Marie. "Egypt: Hierakonpolis, A Feature Tour Egypt Story". www.touregypt.net. Consultado o 2008-07-09. 
  7. Brace, C. Loring et al. (1993). "Clines and clusters versus "race:" a test in ancient Egypt and the case of a death on the Nile". American Journal of Physical Anthropology 36 (S17): 1–31. doi:10.1002/ajpa.1330360603. Consultado o 1 November 2017. ; also cf. Haddow (2012) for similar dental trait analysis [3]

Véxase tamén editar