Abrir o menú principal

A Segunda Dinastía de faraóns exipcios forma parte, coa primeira dinastía, do período Arcaico, e transcorre aproximadamente entre o 2850 e o2700 a. C..

Non se aprecia unha clara ruptura entre a primeira e a segunda dinastías. Algúns indicios fan supor a pacificación lograda entre as Dúas Terras, o Alto Exipto e o Baixo Exipto, como reflicte o nome do primeiro dos seus reis, Hetepsekhemui "os dous poderes están en paz".

Esta dinastía marca un reforzamento do poder absoluto baseado nunha organización centralizada e a utilización máis intensiva da escritura (aumento de burocracia). Menfis convértese na capital do reino do norte con Uneg e Sened.

Hai indicios dunha crise de rivalidade entre Tinis e Menfis, reflectida no ronsel de Peribsen, onde o "Nome de Seth" substitúe ao "Nome de Horus".

Os reis da segunda dinastía deben loitar contra os nubios e lograr a pacificación do norte do país, que só a conseguirá Khasekhemui, ao final da dinastía.

A segunda dinastía pecha o período Arcaico ou Tinita, (nome dado do lugar de onde procedían os primeiros faraóns das dúas primeiras dinastías, Tinis, This en exipcio, preto de Abidos)

Faraóns da Segunda DinastíaEditar

Só se coñecen con seguridade os nomes e a orde dos catro primeiros soberanos e do último, pero non se puido identificar case ningunha tumba real.

Nome Comentarios Reinado
(Anos)
Hetepsekhemui - 23
Raneb - 39
Ninetjer - 23
Weneg - 8
Sened - 20
Neferkara - -
Neferkasokar - -
Hudjefa - -
Sejemib* - -
Peribsen* - 17
Khasekhem ** - -
Khasekhemui ** - 27

Cronoloxía da segunda dinastíaEditar

Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos:

  • Primeiro faraón: Hotepsekhemui
    • 2850- ¿? (Krauss)
    • 2850-2820 (Redford)
    • 2828-2800 (von Beckerath)
    • 2793-2765 (Malek)
  • Último faraón: Khasekhemui
    • c. 2740- ¿? (Krauss)
    • 2714-2687 (Redford)
    • 2709-2682 (von Beckerath)
    • 2690-2663 (Dodson)
    • 2674-2647 (Malek)


CronogramaEditar

KhasekhemuiKhasekhemSejemibHudjefaNeferkasocarNeferkaraSenedWenegNinetjerRanebHotepsekhemui 
  • Datos aproximados, segundo von Beckerath e Redford (Sejemib)

Ligazóns externasEditar

Dinastía precedente Dinastía Dinastía siguiente
Primeira Dinastía Segunda Dinastía Terceira Dinastía