Período predinástico

(Redirección desde «Período arcaico de Exipto»)

Na historia do Exipto Antigo, o período predinástico vai desde as culturas demediados do V milenio até o a unificación de Exipto, arredor do ano 3150 a.c. por parte do "rei" Menes tamén coñecido como Narmer (ver Paleta de Narmer).

Modelo:Xeografía políticaPeríodo predinástico

Localización
Xeografía
Parte de
Sucedido porAntigo Exipto Editar o valor em Wikidata

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
Obxecto predinásticos (de arriba á esquerda): Unha estatuíña, unha vasilla de Naqada, unha estatuíña de marfil, unha vasilla de pórfiro, un coitelo de sílex e unha paleta de cosmética

Historia editar

A vida en Exipto estivo confinada sempre á estreita faixa ribeireña. As crecidas do Nilo inicianse regularmente a mediados de xullo, inundan todo o val e proporcionan humidade; o seu descenso gradual, a partir de novembro, deixa tras de si unha camada de limo que abona o chan. As crecidas foron submetidas mediante diques e canles, o que esixía unha organización centralizada, mais a lonxitude do río obrigaba á subdivisión administrativa en nomos, ou provincias. A aparición da metalurxia do cobre marca o comezo do período predinástico, aínda que a introdución do metal non supuxese mudanzas importantes, pois os trazos fundamentais do que sería a cultura exipcia xa existían. A finais deste período xa era clara a diferenza entre o Alto e o Baixo Exipto: No sur sucédense as culturas tasiense, badariense e amraciense (ou Naqada I) e no norte o geerzense (ou Naqada II) e o maadiense. A mediados do IV milenio fúndense o amraciense e o gerzeense nunha cultura única, da que xurdirá o imperio unificado.

Puido haber soberanos con pleno dominio sobre todo o Exipto antes da I dinastía que sucederon a sendas dinastías do Alto e do Baixo Exipto. Neste período xa estaban formados os elementos característicos da plástica exipcia.

O máis antigo individuo "momificado" data de preto de 3300 a.C., aínda que non sexa unha verdadeira momia. O corpo está patente no Museo Británico e recibiu a alcuño de "Ginger" por ter cabelo ruibo. O Ginger foi enterrado nas areas quentes do deserto, talvez con algunhas pedras empilladas sobre o cadáver para evitar que este fose comido por chacais. As condicións quentes e secas disecaron o corpo, evitando que os músculos e os tecidos moles se decompuxesen. O Ginger foi enterrado con algúns recipientes de cerámica, que terían contido comida e bebida para sustentar o morto na longa viaxe ata ao outro mundo. Non existen rexistos escritos sobre a relixión ou deuses do tempo, e non se sabe se era intención dos antigos exípcios que o corpo fose preservado. Sábese apenas que a comezos da I dinastía a cultura exipcia xa estaba plenamente formada.

Culturas do delta e de Al Faium editar

Culturas do Alto Exipto editar

Paleolítico editar

As escavacións do Nilo expuxeron as primeiras ferramentas de pedra do últimos millón de anos máis ou menos. A máis antiga destas culturas líticas situáronse dentro dunha terraza a 30 metros, e eran as primitivas culturas Acheulianas, Abbevilenses (Chelianas) (c. 600.000 anos), e unha forma exipcia do Clactoniense (c. 400.000 anos). Dentro da terraza a 15 metros desenvolveuse o Acheuliano. Orixinalmente reportado como Musteriano temperá (c. 160.000 anos) pero desde entón mudou a Técnica Levallois, outros utensilios atopáronse na terraza a 10 metros. Os socalcos a 4,5 e 3 metros viron unha versión máis desenvolvida da Técnica Levallois, tamén inicialmente reportada como unha versión exipcia de Musteriano. Tamén se localizou unha versión exipcia da tecnoloxía Ateriense.[1]

Wadi Halfa editar

 
Punta de frecha ateriense de Zaccar, rexión de Djelfa, Alxeria.

Algunhas das estruturas máis antigas coñecidas descubríunas en Exipto o arqueólogo Waldemar Chmielewski, ao longo da fronteira sur, preto de Wadi Halfa, Sudán no sitio Arkin 8. Chmielewski datou as estruturas ata o 100.000 a.C.[2] Os restos das estruturas son depresións ovais duns 30 cm de profundidade e 2 × 1 metros de ancho. Moitas están forrados de lousas planas de arenisca. Chámanse aneis de tenda, porque as rochas sostiñan un refuxo de pel ou ramallada. Este tipo de vivenda proporcionaba un lugar onde vivir, pero, se era necesario, podería desmontarse con facilidade e trasladarse. Eran estruturas móbiles, facilmente desmontables, movibles e reensablables, proporcionando aos cazadores recolectores un refuxo semipermanente.[2]

Cultura Ateriense editar

Artigo principal: Ateriense.

A fabricación de ferramentas aterienses chegou a Exipto c. 40.000 a.C. [2]

Cultura Khormusiense editar

A cultura Khormusiense en Exipto comezou entre o 42.000 e o 32.000 a.C.. [2] Os Khormusienses desenvolveron ferramentas non só de pedra senón tamén de ósos de animais e hematita. [2] Tamén desenvolveron pequenas puntas de frecha que se asemellan ás de América Latina, [2] pero non se atopou ningún arco. [2] O final da cultura Khormusiense chegou ao redor do 16.000 a.C. coa aparición doutras culturas na rexión, incluída a Gemaiana.[3]

Paleolítico tardío editar

O Paleolítico tardío en Exipto comezou arredor do 30.000 a.C.[2] O esqueleto de Nazlet Khater atopouse en 1980 e datouse en 1982 a partir de nove mostras entre 35.100 e 30.360 anos.[4] Este exemplar é o único esqueleto humano moderno da primeira idade da pedra tardía en África.[5]

Mesolítico editar

Cultura de Halfa e Kubbaniyan editar

Artigo principal: Cultura halfa.

A cultura Halfa e a Kubbaniyan (a homóloga exipcia, que en todos os aspectos é similar), dúas culturas estreitamente relacionadas, floreceron ao longo do Val Superior do Nilo. Os sitios halfa atópanse no extremo norte do Sudán, mentres que os sitios de Kubbaniyan atópanse no Alto Exipto. Para a Halfa, só se produciron catro datas de radiocarbono. Schild e Wendorf (2014) descartan o máis antiga e máis recente como erráticas e conclúen que a cultura Halfa existiu c. 22.500-22.000 a.C..[6] A xente sobrevivía dunha dieta baseada nos grandes rabaños e a tradición Khormusana da pesca. As grandes concentracións de artefactos indican que non estaban obrigados á transhumancia estacional, senón que se estableceron durante períodos máis longos. [Cómpre referencia] A cultura Halfa derivouse á súa vez da Khormusiense,[a][8][cómpre nº de páxina] que dependía das técnicas especializadas de caza, pesca e recolección para a supervivencia. Os restos materiais desta cultura son ferramentas de pedra, escamas e multitude de pinturas rupestres.

Cultura sebiliense editar

Artigo principal: Sebiliense.

En Exipto, as análises do polen atopado en xacementos arqueolóxicos indican que a cultura sebiliense (tamén coñecida como cultura de Esna) adicábase a recoller trigo e cebada. A cultura Sebiliense comezou arredor do 13.000 a.C. e desapareceu ao redor do 10.000 a.C. [Cómpre referencia] Non se atoparon sementes domésticas (o trigo e a cebada modernas orixináronse en Asia Menor e Canaán [9]). Plantexouse a hipótese que o estilo de vida sedentario usado polos labregos levou a un aumento das guerras, o que prexudicou a agricultura e acabou con este período. [9]

Cultura de Quada editar

Artigo principal: Cultura de Quada.

A cultura de Quada (13.000-9.000 a.C.) foi unha cultura do mesolítico que segundo as evidencias arqueolóxicas orixinouse no Alto Exipto (actualmente sur de Exipto) hai aproximadamente 15.000 anos.[10][11] Estímase que o modo de subsistencia Quada permaneceu durante aproximadamente 4.000 anos. Caracterizouse pola caza, así como por un enfoque único para a recolección de alimentos que incorporou a preparación e o consumo de herbas silvestres e grans.[10][11] Os quada fixeron esforzos sistemáticos para regar, coidar e colleitar as plantas autóctonas, pero os grans non se plantaban en filas ordenadas.[12]

Ao redor de vinte xacementos arqueolóxicos da Alta Nubia dan fe da existencia da cultura d moído do gran polos Quada. Tamén practicaron a recolección de grans salvaxes ao longo do Nilo durante o inicio da fase Nilo Sahaba Daru, cando o desecamento no Sáhara provocou que os residentes dos oasis libios se retiraran ao val do Nilo.[9] Entre os sitios da cultura Quada está o cemiterio Jebel Sahaba, que datouse no mesolítico.[13]

Os pobos Quada foron os primeiros en desenvolver fouces e tamén desenvolveron a pedra de moer de forma independente para axudar na recolección e procesamento destes alimentos vexetais antes do seu consumo.[2] Non obstante, non hai indicios do uso destas ferramentas despois de arredor do 10.000 a.C., cando os cazadores-recolectores os substituíron.[2]

Cultura Harifiana editar

Artigo principal: Harifian.

Os harifianos son ​​vistos como migrantes de Faium [b] e os desertos orientais de Exipto durante o Mesolítico tardío para fusionarse coa cultura Pre-Oleria Neolític B (PPNB) [b], cuxas ferramentas se asemellan ás Harifianas. Esta asimilación levou ao complexo pastoral nómade circunárabe, un grupo de culturas que inventou o pastoreo nómade, e pode ser a cultura orixinal que difundiu as linguas proto-semíticas en toda Mesopotamia.[16]

Neolítico editar

Baixo Exipto editar

A cultura Faium editar

 
Localización do oasis Faium

A expansión continuada do deserto obrigou aos primeiros devanceiros dos exipcios a establecerse ao redor do Nilo e adoptar un estilo de vida máis sedentario durante o Neolítico.

O período comprendido entre o 9000 e o 6000 a.C. deixou moi poucas evidencias arqueolóxicas. Ao redor do 6000 a.C., aparecen asentamentos neolíticos en todo Exipto.[17] Estudos baseados en morfoloxía,[18] xenética,[19][20][21][22][23] e datos arqueolóxicos[14][24][25][26][27] atribuíron estes asentamentos aos migrantes do crecente fértil no Próximo Oriente que chegaron durante o neolítico exipcio e norte africano, traendo a agricultura á rexión. Jared Diamond, nun traballo non académico, propón que outras rexións de África desenvolveron de xeito independente a agricultura aproximadamente ao mesmo tempo: as terras altas de Etiopía, o Sahel e África occidental.[28]

 
Puntas de frecha de Al Fayum.

Algúns datos morfolóxicos e post-craniais ligaron as primeiras poboacións agrícolas de Faium, Merimde e El-Badari, coas poboacións do próximo oriente.[29][30][31] Non obstante, os datos arqueolóxicos tamén suxiren que os chegados do Próximo Oriente se incorporaron a unha estratexia de alimentación preexistente e só desenvolveron lentamente un estilo de vida pleno, ao contrario do que se esperaría dos colonos do próximo oriente. [c][32][33] Finalmente, os nomes dos migrantes de Oriente Próximo chegados a Exipto non erann palabras de préstamo sumerias ou proto-semíticas,[34] o que diminúe aínda máis a probabilidade dunha colonización masiva de inmigrantes do baixo Exipto durante a transición á agricultura.[35]

A tecedura ponse de manifesto por primeira vez durante o período Faium A. A xente deste período, a diferenza dos exipcios posteriores, enterrou aos seus mortos moi preto e, ás veces dentro, dos seus asentamentos.[36]

Aínda que os sitios arqueolóxicos revelan moi pouco sobre esta época, un exame das moitas palabras exipcias para "cidade" fornece unha hipotética lista de razóns polas que se asentaron os exipcios. No Alto Exipto, a terminoloxía indica comercio, protección do gando, terreo elevado para o refuxio de inundacións e sitios sagrados para divindades.[37]

Cultura Merimde editar

Artigo principal: Cultura Merimde.

Entre o 5000 e o 4200 a.C., a cultura Merimde, ata agora só coñecida por un gran xacemento no bordo do delta occidental, floreceu no Baixo Exipto. A cultura ten fortes conexións coa cultura Faium A así como co Levante. A xente vivía en pequenas cabanas, producía unha sinxela cerámica sen decoración e tiña ferramentas de pedra. Tiñan gando vacún, ovellas, cabras e porcos. Plantáron trigo, sorgo e cebada. O pobo Merimde enterrou aos seus mortos dentro do asentamento e produciu figuras de arxila.[38] A primeira cabeza exipcia, a tamaño natural, feita de arxila procede da cultura Merimde.[39]

A cultura El Omari editar

A cultura El Omari é coñecida por un pequeno asentamento preto do Cairo moderno. A xente parece que viviu en cabanas, pero só sobreviven buratos e pozos. A olería non está decorada. As ferramentas de pedra inclúen pequenos escamas, machados e fouces. Aínda non se coñecía o metal.[40] Os seus sitios ocupáronse dende o 4000 a.C. ata o período arcaico.[41]

Cultura Maadi editar

A cultura Maadi (tamén chamada cultura Buto Maadi) é a cultura prehistórica do Baixo Exipto máis importante, contemporánea coas fases da cultura Naqada I e II no Alto Exipto. A cultura é coñecida polo sitio Maadi próximo ao Cairo, pero tamén se acredita en moitos outros lugares do Delta ata a rexión de Faium. Esta cultura estivo marcada polo desenvolvemento en arquitectura e tecnoloxía. Tamén seguiu as súas culturas predecesoras cando se trata de olería sen decorar.[42]

Coñecian o cobre e atopáronse algunhas aixolas de cobre. A cerámica é sinxela senn decorar e amosa, nalgunhas formas, fortes conexións co sur de Levante. [Cómpre referencia] A xente vivía en pequenas cabanas, parcialmente cavadas no chan. Os mortos enterrábanse en cemiterios, pero con poucos obxectos de enterro. A cultura Maadi foi substituída pola cultura Naqada III, se isto sucedeu por conquista ou infiltración aínda é unha pregunta aberta.[43]

Alto Exipto editar

Cultura tasiana editar

Artigo principal: cultura tasiana.

A cultura de Tasia foi a seguinte no Alto Exipto. Esta cultura recibe o nome dos enterros atopados en Der Tasa, na beira leste do Nilo, entre Asyut e Akhmim. O grupo de cultura tasiana destaca por producir as primeiras pezas de olería, un tipo de olería vermella e marrón pintada de negro na parte superior e no interior.[36] Esta olería é vital para a datación do Exipto Predinástico. Debido a que todas as datas do período Predinástico son difusas no mellor dos casos, WMF Petrie desenvolveu un sistema chamado secuenciación de datas polo cal a data relativa, se non a data absoluta, de calquera sitio predinástico determinado pode comprobarse examinando a súa olería.

A medida que avanzaba o período Predinástico, as asas da olería evolucionaron de funcionais a ornamentais. O grao no que calquera sitio arqueolóxico dado ten cerámica funcional ou ornamental tamén se pode usar para determinar a data relativa do sitio. Dado que hai pouca diferenza entre a olería Tasia e a olería de Badar, a cultura Tasia supera significativamente a gama Badariense.[44] Desde o período de Tasia en diante, parece que o Alto Exipto foi influenciado fortemente pola cultura do Baixo Exipto.[45]

Cultura Badariense editar

Artigo principal: Cultura Badariense.
 
Antiga figuriña mortuaria Badariense dunha muller, exposta no Louvre.

A cultura Badariense, entre o 4400 e o 4000 a.C.,[46] recibe o nome do sitio El-Badari preto de Der Tasa. Seguiu a cultura tasiana, pero foi tan similar que moitos os consideran un período continuo. A cultura badariense continuou producindo o tipo de olería chamada asfalto (aínda que mellorou moito en calidade) e asignouse números de datación de secuencia 21–29. [44] A principal diferenza que impide que os estudosos fusionen o dous períodos é que os sitios badarienses usan cobre ademais de pedra e polo tanto son asentamentos calcolíticos, mentres que os sitios neolíticos) tasianos aínda se consideran idade da pedra.[44]

As ferramentas de sílex badarienses continuaron desenvolvéndose en cuchillas máis afiadas e mellor formadas e desenvolveuse a primeira louza.[47] Os sitios distintamente badarienses localizáronse desde Nekhen ata un pouco ao norte de Abidos.[48] Parece que a cultura Faium A e os períodos badarienses e tasianos se solaparon significativamente; non obstante, a cultura Faium A era considerablemente menos agrícola e seguía sendo de carácter neolítico.[47][49]

Cultura Naqada editar

Artigo principal: cultura Naqada.

A cultura Naqada é unha cultura arqueolóxica do Calcolítico Exipto Predinástico (ca. 4400 3000 a.C.), chamada así pola cidade de Naqada, Gobernación de Quena. Divídese en tres subperíodos: Naqada I, II e III.

Cultura amratiana (Naqada I) editar
Artigo principal: cultura amratiana.
 
Vaso ovoide Naqada I (Amratian) de terracota coa parte superior negra, (c. 3800-3500 aC).

A cultura amratiana durou entre o 4.000 e o 3500 a.C.[46] É o nome do sitio de El-Amra, a uns 120 km ao sur de Badari. El-Amra é o primeiro sitio onde este grupo cultural se atopou sen mesturar co grupo cultural xerzeano posterior, pero este período está mellor testemuñado no sitio Naqada, polo que tamén se coñece como cultura Naqada I.[47]

Continúa aparecendo a louza coa parte superior negra, pero neste momento tamén se atopa louza con liñas cruzadas brancas, un tipo de olería decorada con liñas brancas paralelas próximas cuzadas por outro conxunto de liñas brancas paralelas. O período amratiano está entre a S.D. 30 e 39 no sistema de secuenciación de datas de Petrie.[50]

Os obxectos recentemente escavados dan fe do aumento do comercio entre o Alto e o Baixo Exipto neste momento. Atopouse un vaso de pedra do norte en el-Amra, e o cobre, que non se extrae en Exipto, foi importado do Sinaí, ou posiblemente de Nubia. Obsidiana[51] e unha pequena cantidade de ouro [50] importáronse definitivamente de Nubia. Tamén é probable que comerciaran cos oasis.

Nos asentamentos amratianos apareceron novas innovacións como precursoras de períodos culturais posteriores. Por exemplo, os edificios de ladrillo de barro polos que se coñece o período de Gerzean foron vistos por primeira vez en tempos amratianos, pero só en pequeno número.[52] Ademais, neste período aparecen paletas ovaladas e teriomorfas, pero a obra é moi rudimentaria e aínda non están presentes as obras de arte en relevo polas que son coñecidas.[53][54]

Cultura Gerzeatiense (Naqada II) editar
 
Un pote típico de Naqada II con tema de barco

A cultura gerzeatiense, de aproximadamente 3500 a 3200 a.C., [46] leva o nome do sitio de Gerzeh. Foi a seguinte etapa no desenvolvemento cultural exipcio, e foi durante este tempo onde se sentaron as bases do Exipto dinástico. A cultura de Gerzeatiense é en gran parte un desenvolvemento ininterrompido fóra da cultura amratiense, comezando no delta e desprazándose cara ao sur polo alto Exipto, pero non conseguiu desaloxar a cultura amratiana en Nubia.[55] A olería de Gerzeh atribúeselle valores de S.D. 40 a 62, e distínguese claramente da olería con liñas cruzadas brancas amratianas ou das olerías de cor negra. así como símbolos xeométricos que aparecen derivados de animais. [55] Ademais, as asas "onduladas", raras antes deste período (aínda que ocasionalmente se atoparon xa no SD 35) fixéronse máis comúns e máis elaboradas ata que foron case completamente ornamentais.[50]

A cultura de Gerzeh coincidiu cun descenso significativo das precipitacións,[56] e a agricultura ao longo do Nilo producía agora a gran maioría de alimentos, [55] aínda que as pinturas contemporáneas indican que a caza non se perdera por completo. Ao aumentar o abastecemento de alimentos, os exipcios adoptaron un estilo de vida moito máis sedentario e as cidades creceron, algnha ata 5.000 habitantes. [55]

Foi neste tempo cando os habitantes das cidades exipcias deixaron de construír con canas e comezaron a fabricar ladrillos de barro en masa, atopados por primeira vez no período de Amrat, para construír as súas cidades.[55]

As ferramentas de pedra exipcia, aínda en uso, mudáronse da construción biface á construción ondulada en escamas. O cobre usouse para todo tipo de ferramentas, [55] e aparece aquí o primeiro armamento de cobre. [48] Prata, ouro, lapis e faienza usábanse ornamentalmente, [55] e as paletas de moer usadas para a pintura de ollos desde que o período badariense comezaron a adornarse con tallas en relevo. [48]

Coitelo Gebel el-Arak (3300-3200 a.C.).
Prehistoria exipcia, mango de marfil do coitelo Gebel el-Arak (dorso), Abidos, Exipto. Museo do Louvre.[57]
Rei mesopotámico como Señor dos animais no coitelo Gebel el-Arak. Esta obra de arte amosa a influencia de Mesopotamia en Exipto nunha data temperá, durante un período de relacións Exipto-Mesopotamia, e o estado da iconografía real de Mesopotamia durante o período Uruk.[57][58]

Tamén se construíron as primeiras tumbas en estilo exipcio clásico, modeladas a partir de casas comúns e ás veces compostas por varias salas.[51] Aínda que se necesitan máis escavacións no Delta, crese que este estilo se orixina aquí e non no Alto Exipto. [51] non no Alto Exipto.

Aínda que a Cultura de Gerzeh agora está claramente identificada como a continuación do período amratiense, cantidades importantes de influencias de Mesopotamia chegaron a Exipto durante o período de Gerzeh que antano interpretáronse como evidencia dunha clase dominante mesopotámica, a chamada raza dinástica, que chegou ao poder sobre o Alto Exipto. Esta idea xa non ten o apoio académico.

Distintos obxectos estraños e distintas formas de arte entraron en Exipto durante este período, o que indica contactos con varias partes de Asia. En Exipto atopáronse obxectos como o coitelo de Gebel el-Arak, que ten tallado evidentes relevos mesopotámicos en Exipto,[59] e a prata que aparece neste período só se puido obter de Asia Menor.[55]

 
Figura feminina, c. 3500–3400 B.C.E. Terracota, pintada, 11 1⁄2 × 5 1⁄2 × 2 1⁄4 en cm. Museo de Brooklyn.

Ademais, créanse obxectos exipcios que imitan claramente as formas mesopotamicas, aínda que non servilmente.[60] Os selos cilíndricos aparecen en Exipto, ademais da arquitectura de paneis empotrados, os relevos exipcios das paletas rituais están claramente feitos no mesmo estilo que a contemporánea cultura Uruk mesopotámica, e as cabezas de maza cerimoniais que aparecen desde finais de Gerzeatiense e principios de Semainean fabrícanse no estilo mesopotamiano "en forma de pera", en vez do estilo autóctono exipcio. [56]

A ruta deste comercio é difícil de determinar, pero o contacto con Canaan non é anterior á dinastía temperá, polo que xeralmente se supón que foi por mar.[61] Durante o tempo en que a Teoría das Razas Dinásticas aínda era popular, teorizouse que os mariñeiros Uruk circundaron Arabia, pero unha ruta Mediterránea, probablemente por intermediarios a través de Biblos, é máis probable, como o demostra a presenza de obxectos de Biblos en Exipto.[61]

O feito de que tantos xacementos de Gerzeh estean na desembocadura de uadis que desembocaban no mar Vermello pode indicar algo de comercio a través do mar Vermello (aínda que o comercio de Biblos podería atravesar o Sinaí e logo levado ao mar Vermello).[62] Así mesmo, considérase improbable que algo tan complicado como a arquitectura de paneis empotrados puidera ir ata Exipto por poderes, e sospéitase que polo menos chegou un pequeno continxente de migrantes. [61]

A pesar desta evidencia de influencia estranxeira, os exiptólogos xeralmente están de acordo en que a cultura de Gerzeh aínda é predominantemente autoctona de Exipto.  

Período Protodinástico (Naqada III) editar
Artigo principal: Naqada III.
 
Paleta do touro, Naqada III.

O período Naqada III, de aproximadamente 3200 a 3000 a.C.,[46] xeralmente considérase idéntico ao período Protodinástico, durante o cal Exipto unificouse.

Naqada III destaca por ser a primeira era con xeróglifos (aínda que algúns o discuten), o primeiro uso regular de serekhs, o primeiro regadio e a primeira aparición de cemiterios reais.[63]

O suburbio relativamente rico Maadi do Cairo está construído sobre a fortaleza orixinal de Naqada.[64]

Cronoloxía editar

( Todas as datas son aproximadas)
  • Paleolítico tardío, desde o XL milenio a.C.
  • Neolítico, desde o XI milenio a.C.
    • c. 10 500 antes de Cristo: colleita de grans salvaxes ao longo do Nilo, a cultura de moer o gran crea as primeiras fouces con coitelas de pedra do mundo [2] aproximadamente ao final do Plistoceno
    • c. 8000 a.C.: Migración dos pobos cara ao Nilo, desenvolvendo unha sociedade máis centralizada e asentando unha economía agrícola
    • c. 7500 a.C.: Importación de animais de Asia ao Sáhara
    • c. 7000 a.C.: Agricultura - animais e cereais - no Sáhara Oriental
    • c. 7000 a.C.: en Nabta Plaia cavaron profundos pozos que tiñan auga durante todo o ano e grandes asentamentos organizados con deseñados planificados
    • c. 6000 a.C.: barcos rudimentarios (de remo, de vela única) aparecen representados na arte rupestre en Exipto
    • c. 5500 a.C.: cámaras subterráneas de teito de pedra e outros complexos subterráneos en Nabta Plaia que conteñen gando sacrificado enterrado
    • c. 5000 a.C.: Suposta pedra arqueoastronómica megalito en Nabta Plaia.[65][66]
    • c. 5000 a.C.: Badariense: mobles, louza, modelos de casas rectangulares, potas, pratos, cazos, cuncas, vasos, estatuíñas, peites
    • c. 4400 a.C.: fragmentos de liño finamente tecido [67]
  • A partir do IV milenio antes de Cristo, son frecuentes os inventos

Notas editar

  1. Langer, William L., ed. (1972). An Encyclopedia of World History (5th ed.). Boston, MA: Houghton Mifflin Company. p. 9. ISBN 0-395-13592-3. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 "Ancient Egyptian Culture: Paleolithic Egypt". Emuseum. Minnesota: Minnesota State University. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2010. Consultado o 13 de abril de 2012. 
  3. Nicolas-Christophe Grimal. A History of Ancient Egypt. p. 20. Blackwell (1994). ISBN 0-631-19396-0
  4. "Dental Anthropology" (PDF). Anthropology.osu.edu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-25. 
  5. Bouchneba, L.; Crevecoeur, I. (2009). "The inner ear of Nazlet Khater 2 (Upper Paleolithic, Egypt)". Journal of Human Evolution 56 (3): 257–262. PMID 19144388. doi:10.1016/j.jhevol.2008.12.003. 
  6. R. Schild; F. Wendorf (2014). "Late Palaeolithic Hunter-Gatherers in the Nile Valley of Nubia and Upper Egypt". South-Eastern Mediterranean Peoples Between 130,000 and 10,000 years ago. Oxbow Books. pp. 89–125. 
  7. "Prehistory of Nubia". Numibia.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-25. 
  8. Reynes, Midant-Beatrix (2000). The Prehistory of Egypt: From the First Egyptians to the First Pharohs. Wiley-Blackwell. ISBN 0-631-21787-8. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Grimal, Nicolas (1988). A History of Ancient Egypt. Librairie Arthéme Fayard. p. 21. 
  10. 10,0 10,1 Phillipson, DW: African Archaeology p. 149. Cambridge University Press, 2005.
  11. 11,0 11,1 Shaw, I & Jameson, R: A Dictionary of Archaeology, p. 136. Blackwell Publishers Ltd, 2002.
  12. Darvill, T: The Concise Oxford Dictionary of Archaeology, Copyright © 2002, 2003 by Oxford University Press.
  13. Kelly, Raymond (October 2005). "The evolution of lethal intergroup violence". PNAS 102 (43): 24–29. Bibcode:2005PNAS..10215294K. PMC 1266108. PMID 16129826. doi:10.1073/pnas.0505955102. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Bar Yosef, Ofer (1998). "The Natufian Culture in the Levant, Threshold to the Origins of Agriculture". Evolutionary Anthropology 6 (5): 159–177. doi:10.1002/(sici)1520-6505(1998)6:5<159::aid-evan4>3.0.co;2-7. 
  15. Richter, Tobias; et al. (2011). "Interaction before Agriculture: Exchanging Material and Sharing Knowledge in the Final Pleistocene Levant" (PDF). Cambridge Archaeological Journal 21 (1): 95–114. doi:10.1017/S0959774311000060. 
  16. Juris, Zarins (November 1990). "Early Pastoral Nomadism and the Settlement of Lower Mesopotamia". Bulletin of the American Schools of Oriental Research (280): 31 65. 
  17. Redford, Donald B (1992). Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. Princeton: University Press. p. 6. 
  18. Brace, C. Loring; Seguchi, Noriko; Quintyn, Conrad B.; Fox, Sherry C.; Nelson, A. Russell; Manolis, Sotiris K.; Qifeng, Pan (2006). "The questionable contribution of the Neolithic and the Bronze Age to European craniofacial form". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 103 (1): 242–247. Bibcode:2006PNAS..103..242B. PMC 1325007. PMID 16371462. doi:10.1073/pnas.0509801102. 
  19. Chicki, L; Nichols, RA; Barbujani, G; Beaumont, MA (2002). "Y genetic data support the Neolithic demic diffusion model". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 99 (17): 11008–11013. Bibcode:2002PNAS...9911008C. PMC 123201. PMID 12167671. doi:10.1073/pnas.162158799. 
  20. "Estimating the Impact of Prehistoric Admixture on the Genome of Europeans, Dupanloup et al., 2004". Mbe.oxfordjournals.org. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  21. Semino, O; Magri, C; Benuzzi, G; et al. (May 2004). "Origin, Diffusion, and Differentiation of Y-Chromosome Haplogroups E and J: Inferences on the Neolithization of Europe and Later Migratory Events in the Mediterranean Area, 2004". Am. J. Hum. Genet. 74 (5): 1023–34. PMC 1181965. PMID 15069642. doi:10.1086/386295. 
  22. Cavalli-Sforza (1997). "Paleolithic and Neolithic lineages in the European mitochondrial gene pool". Am J Hum Genet 61 (1): 247–54. PMC 1715849. PMID 9246011. doi:10.1016/S0002-9297(07)64303-1. Consultado o 1 May 2012. 
  23. Chikhi (21 July 1998). "Clines of nuclear DNA markers suggest a largely Neolithic ancestry of the European gene". PNAS 95 (15): 9053–9058. Bibcode:1998PNAS...95.9053C. PMC 21201. PMID 9671803. doi:10.1073/pnas.95.15.9053. Consultado o 1 May 2012. 
  24. Zvelebil, M. (1986). Hunters in Transition: Mesolithic Societies and the Transition to Farming. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 5–15, 167–188. 
  25. Bellwood, P. (2005). First Farmers: The Origins of Agricultural Societies. Malden, MA: Blackwell. 
  26. Dokládal, M.; Brožek, J. (1961). "Physical Anthropology in Czechoslovakia: Recent Developments". Current Anthropology 2 (5): 455–477. doi:10.1086/200228. 
  27. Zvelebil, M. (1989). "On the transition to farming in Europe, or what was spreading with the Neolithic: a reply to Ammerman (1989)". Antiquity 63 (239): 379–383. doi:10.1017/S0003598X00076110. 
  28. Diamond, Jared (1999). Guns, Germs, and Steel. New York: Norton Press. ISBN 0-393-31755-2. 
  29. Smith, P. (2002) The palaeo-biological evidence for admixture between populations in the southern Levant and Egypt in the fourth to third millennia BCE. In: Egypt and the Levant: Interrelations from the 4th through the Early 3rd Millennium BCE, Londres–Nova York: Leicester University Press, 118–128
  30. Keita, S.O.Y. (2005). "Early Nile Valley Farmers from El-Badari: Aboriginals or "European" Agro-Nostratic Immigrants? Craniometric Affinities Considered With Other Data". Journal of Black Studies 36 (2): 191–208. doi:10.1177/0021934704265912. 
  31. Kemp, B. 2005 "Ancient Egypt Anatomy of a Civilisation". Routledge. p. 52–60
  32. Wetterstrom, W. (1993). Shaw, T.; et al., eds. Archaeology of Africa. Londres: Routledge. pp. 165–226. 
  33. Rahmani, N. (2003). "Le Capsien typique et le Capsien supérieur". Cambridge Monographs in Archaeology (Cambridge: Cambridge University Press) (57). 
  34. Keita, S. O. Y.; Boyce, A. J. (2005). "Genetics, Egypt and History: Interpreting Geographical Patterns of a Y-Chromosome Variation". History in Africa 32: 221–46. doi:10.1353/hia.2005.0013. 
  35. Ehret, C; Keita, SOY; Newman, P (2004). "The Origins of Afroasiatic a response to Diamond and Bellwood (2003)". Science 306 (5702): 1680. PMID 15576591. doi:10.1126/science.306.5702.1680c. 
  36. 36,0 36,1 Gardiner, Alan (1964). Egypt of the Pharaohs. Oxford: University Press. p. 388. 
  37. Redford, Donald B. (1992). Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. Princeton: University Press. p. 8. 
  38. Eiwanger, Josef (1999). "Merimde Beni-salame". En Bard, Kathryn A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. Londres/Nova York. pp. 501–505. 
  39. "picture of the Merimde head" (en alemán). Auswaertiges-amt.de. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 1 de maiode 2012. 
  40. Mortensen, Bodil (1999). "el-Omari". En Bard, Kathryn A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. Londres/Nova York. pp. 592 594. 
  41. "El-Omari". EMuseum. Mankato: Minnesota State University. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  42. "Predynastic Period in Egypt". Ancient History Encyclopedia. Consultado o 2017-11-14. 
  43. Seeher, Jürgen (1999). "Ma'adi and Wadi Digla". En Bard, Kathryn A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. Londres/Nova York. pp. 455–458. 
  44. 44,0 44,1 44,2 Gardiner, Alan, Egypt of the Pharaohs (Oxford: University Press, 1964), p. 389.
  45. Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. p.35. Librairie Arthéme Fayard, 1988.
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 Shaw, Ian, ed. (2000). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford University Press. p. 479. ISBN 0-19-815034-2. 
  47. 47,0 47,1 47,2 Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. p.24. Librairie Arthéme Fayard, 1988
  48. 48,0 48,1 48,2 Gardiner, Alan, Egypt of the Pharaohs (Oxford: University Press, 1964), p. 391.
  49. Newell, G.D. "A re-examination of the Badarian Culture" Academia.edu, 2012
  50. 50,0 50,1 50,2 Gardiner, Alan, Egypt of the Pharaohs (Oxford: University Press, 1964), p. 390.
  51. 51,0 51,1 51,2 Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. p. 28. Librairie Arthéme Fayard, 1988
  52. Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. Princeton: University Press, 1992, p. 7.
  53. Gardiner, Alan, Egypt of the Pharaohs. Oxford: University Press, 1964, p. 393.
  54. Newell, G. D., "The Relative chronology of PNC I" (Academia.Edu: 2012)
  55. 55,0 55,1 55,2 55,3 55,4 55,5 55,6 55,7 Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. (Princeton: University Press, 1992), p. 16.
  56. 56,0 56,1 Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. (Princeton: University Press, 1992), p. 17.
  57. 57,0 57,1 "Site officiel du musée du Louvre". cartelfr.louvre.fr. 
  58. Cooper, Jerrol S. (1996). The Study of the Ancient Near East in the Twenty-first Century: The William Foxwell Albright Centennial Conference (en inglés). Eisenbrauns. pp. 10–14. ISBN 9780931464966. 
  59. Shaw, Ian. & Nicholson, Paul, The Dictionary of Ancient Egypt, (Londres: British Museum Press, 1995), p. 109.
  60. Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. (Princeton: University Press, 1992), p. 18.
  61. 61,0 61,1 61,2 Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. (Princeton: University Press, 1992), p. 22.
  62. Redford, Donald B. Egypt, Canaan, and Israel in Ancient Times. (Princeton: University Press, 1992), p. 20.
  63. "Naqada III". Faiyum.com. Consultado o 1 de Maio de 2012. 
  64. "Maadi Culture". www.ucl.ac.uk. Consultado o 3 April 2018. 
  65. Malville, J. McKim (2015). "Astronomy at Nabta Playa, Egypt". En Ruggles, C.L.N. Handbook of Archaeoastronomy and Ethnoastronomy 2. New York: Springer Science+Business Media. pp. 1079–1091. ISBN 978-1-4614-6140-1. 
  66. Belmonte, Juan Antonio (2010). "Ancient Egypt". En Ruggles, Clive; Cotte, Michel. Heritage Sites of Astronomy and Archaeoastronomy in the context of the UNESCO World Heritage Convention: A Thematic Study. Paris: International Council on Monuments and Sites/Unión Astronómica Internacional. pp. 119–129. ISBN 978-2-918086-07-9. 
  67. "linen fragment". Digitalegypt.ucl.ac.uk. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  68. Shaw (2000), p. 61
  69. Brooks, Nick (2006). "Cultural responses to aridity in the Middle Holocene and increased social complexity". Quaternary International 151 (1): 29–49. Bibcode:2006QuInt.151...29B. doi:10.1016/j.quaint.2006.01.013. 
  70. "As contas de ferro usáronse en Exipto xa no 4000 a.C., pero eran de ferro meteórico, evidentemente conformados polo proceso de restregado* empregado na conformación de utensilios de pedra ", citado no epígrafe ""Columbia Encyclopedia: Iron Age" en Iron Age, Answers.com. Also, see History of ferrous metallurgy#Meteoric iron—"Arredor do 4000 a.C. pequenos elementos, como puntas de lanza e adornos, eran elaborados a partir de ferro recuperado de meteoritos" – atribuído a R. F. Tylecote, A History of Metallurgy (2nd ed., 1992), p. 3.
Referencias
  1. A Khormusiense defínese como unha cultura paleolítica media mentres que a Halfa defínese como unha cultura epipalaeolítica. Segundo a opinión académica, a Khormusiense e a Halfa son vistas como culturas separadas e distintas,[7]
  2. 2,0 2,1 ​​Segundo a opinión académica, a cultura Harifiana deriva da cultura naturiana na que a única característica que a distingue da Natufiana é o punto de Harif. É vista como unha adaptación de recolectores cazadores natufianos ao Negev e o Sinaí.[14] Crese que a cultura Harifiana durou só uns trescentos anos, logo desapareceron, seguido dun parentese de mil anos durante o cal as rexións de Negev e Sinaí foron inhabitables.[14] Dende que a cultura harifiana terminou c. 12.000 a.C.[15] non puido haber ningunha conexión posible co PONB que comezou c. 10.500 a.C..
  3. Os asentamentos de colonos do Próximo Oriente probablemente fusionaríanse coas culturas indíxenas resultando nunha economía mixta co aspecto agrícola da economía aumentando en frecuencia co paso do tempo, o que o rexistro arqueolóxico indica con máis precisión. Tanto a olería, a lítica e a economía con características de Oriente Próximo, como a lítica con características africanas están presentes na cultura Fayum A. Herders in Egypt: New Insights into the Fayum Epipalaeolithic

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar