Historia de Exipto

A historia de Exipto coñécese de maneira practicamente ininterrompida desde hai máis de 5000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Antigo Exipto editar

Artigo principal: Historia do Exipto Antigo.

Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV Milenio, no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.

Período greco-romano editar

O declive deste imperio a partir do I Milenio permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a.C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.

Conquista árabe editar

Artigo principal: Historia do Exipto árabe.

Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otománs en 1517.

Imperio Otomán editar

Artigo principal: Historia do Exipto otomán.

Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.

Muhammad Alí e os seus sucesores editar

Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcionar de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomán. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron o país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.

O Exipto contemporáneo editar

Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron o rei Farouk.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.