Terceiro Período Intermedio
O Terceiro Período Intermedio do Antigo Exipto foron os séculos de desunión e invasións estranxeiras (1070-664) que seguiron ao Imperio Novo
Serie de artigos sobre a
|
Historia de Exipto |
![]() |
Historia do Exipto Antigo |
O Exipto grecorromano |
O Exipto árabe |
O Exipto otomán |
Muhammad Alí e os seus sucesores |
Historia do Exipto contemporáneo |
A dinastía XXI estableceu a capital en Tanis, no delta do Nilo, mentres o val era controlado polos grandes sacerdotes tebanos. Nos últimos anos os "libios" ocupaban xa moitos dos postos de maior poder, e o primeiro faraón da XXI dinastía, Sheshonk I (945-924), tiña esta orixe. Pretendeu reunificar o poder instalando ao seu fillo como Sumo Sacerdote de Amón en Tebas, ao tempo que xeneral en xefe dos exércitos e gobernador do Alto Exipto. Outro tanto tentou Takelot II (860-835), pero o seu fillo, Osorkón, foi rexeitado polos tebanos e orixinou unha longa guerra civil durante a que calquera potentado optaba á realeza, incluído un rei nubio, Kashta (770-750), que gobernou sobre o Alto Exipto desde Napata (Gebel Barkal).
A finais do século VIII enfrontáronse os gobernantes locais de Sais, no delta occidental, e os tebanos. Piye (750-712), irmán e sucesor de Kashta, desenvolveu unha campaña por todo Exipto que o levou até Menfis, onde se lle someteron catro reis - se ben, na verdade, o reino non ficaba unificado. Shabaka (712-698) si se impuxo sobre os demais reis e estableceu a capital en Menfis, malia que os gobernantes locais continuaron sendo bastante independentes.
O medio século de reinado nubio (dinastía XXV) permitiu a mellora económica e un rexurdimento artístico. Este período é fundamental para o estudo da disciplina da escultura en metal.
O único rival era Asiria, que viña expendéndose desde o século IX, e coa que se enfrontaron na Palestina durante os reinados de Sennaquerib (704-681) e Esarhaddón (681-669).