Tebas, Exipto

capital do Imperio Medio e Imperio Novo de Exipto

Para a antiga cidade de Beocia, ver Tebas, Grecia.

Tebas, Exipto
Waset
Θῆβαι
Decorated pillars of the temple at Karnac, Thebes, Egypt. Co Wellcome V0049316.jpg
Piares da Gran sala hipóstila do templo de Karnak, litografía de David Roberts, 1846.
Tebas en Exipto
Tebas
Tebas
RexiónAlto Exipto
Coordenadas25°43′14″N 32°36′37″L / 25.72056, -32.61028
TipoAsentamento
Historia
CulturasExipcia


Antiga Tebas coa súa Necrópole
Luxor temple27.JPG
Templo de Luxor.
Ancient Egypt.png
Mapa do Antigo Exipto
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísExipto Exipto
Localización25°43′14″N 32°36′37″L / 25.72056, -32.61028
TipoCultural
CriteriosI, III, VI
Inscrición1979 (3º sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador87

Tebas (Θηβαι, Thēbai) é a denominación grega da antiga cidade exipcia de niwt ("A Cidade") ou niwt-rst ("A Cidade do Sur"). Está situada no Alto Exipto, a 700 km ao sur do mar Mediterráneo, na beira leste do Nilo, no lugar que agora ocupa a actual Luxor. Era a capital de Waset, o cuarto nomo do Alto Exipto, nome que tamén se lle ten aplicado á cidade mesma. Foi a capital de Exipto durante parte do Imperio Medio e a maior parte do Imperio Novo.

TopónimoEditar

Como sede da tríade de divindades Amón, Mut e Khonsu, Tebas coñecíase en lingua exipcia desde o Imperio Novo como niwt-imn, "A Cidade de Amón". Isto chegou ao hebreo, na Biblia, como נא אמון nōˀ ˀāmôn (Nahum 3:8). Para os gregos foi Διόσπολις Dióspolis ou "Cidade de Zeus" (Amón identificouse con Zeus).

Non se sabe de onde ven o nome grego Tebas. Para algúns ven do nome da cidade grega do mesmo nome na Beocia (Tebas, Grecia). Para outros foi derivado a partir do exipcio t3 ipt-swt ("O Máis Escollido dos Lugares"), un dos nomes do templo de Luxor, ou de Djeme (Medinet Habu). Pero nada é seguro.

HistoriaEditar

Waset era pouco máis que unha vila de provincias durante o Imperio Antigo. Fican dúas mastabas construídas con ladrillos durante as III ou IV dinastías e un pequeno grupo de tumbas das V e VI dinastías; daquela as residencias reais e as tumbas, tanto reais como nobiliarias, construíanse en Saqqara, preto de Menfis. Os edificios máis antigos que existen hoxe en día fan parte do complexo de templos de Karnak e datan do Imperio Medio, aínda que se atopou unha estatua de Niuserre, faraón da V dinastía, polo que se supón a existencia de polo menos un templo do Imperio Antigo.

O poder político de Tebas aumentou durante o Primeiro Período Intermedio e algún dos seus reis pretendeu selo do Alto e do Baixo Exipto, pero o seu poder nunca se estendeu alén da rexión tebana. Finalmente, Mentuhotep, que gobernou durante 51 anos, si foi quen de reunificar todo o Exipto e inaugurar a XI dinastía e con ela o Imperio Medio.

Tebas declinou de novo cando Amenemhat I, da XII dinastía, trasladou a capital para o norte. A cidade asumiu entón o papel de centro relixioso, conforme o seu deus Amón era promovido a deidade principal do estado. Os restos máis antigos dun templo dedicado a Amón datan do reinado de Senwosret I, na XII dinastía. O núcleo desta construción do Imperio Medio áchase no corazón do templo actual, por detrás do santuario.

O momento culminante do poder de Tebas chegoulle durante a XVIII dinastía, durante a que se edificaron os templos máis grandiosos e se construíron as tumbas na beira oeste. O centro da cidade a partir do Imperio Medio estendíase entre os templos principais de Karnak e Luxor, ao longo da avenida de esfinxes que os conectaba. Esta zona está ocupada actualmente pola cidade moderna de Luxor.

Durante o Terceiro Período Intermedio, o Sumo Sacerdote de Amón enfrontouse aos faraóns da XXI e XXII dinastías que gobernaban desde o delta. A influencia de Tebas declinou a partir de entón.

MonumentosEditar

Na marxe leste queda a parte principal da vila e os templos máis importantes. Na marxe oeste estaban a necrópole coas tumbas e os templos funerarios, así como o barrio de Deir el Bahri, os templos funerarios de Mentuhotep e Hatshepsut, o templo de Amón de Thutmose III, o Ramesseum de Rameses II e outros templos funerarios, como o de Seti I e Amenhotep III cos Colosos de Memnon.

Beira lesteEditar

 
A entrada principal de Karnak flanqueada por esfinxes con cabeza de carneiro
 
Obelisco, colosos Ramsides e gran pilono do Templo de Luxor cun sutil brillo laranxa
  • Antiga zona edificada
  • Templos de Karnak
  • Gran Templo de Amón en Karnak (Ta-opet en exipcio antigo). Aínda sendo o segundo edificio relixioso máis grande xamais construído, é a principal casa de culto de Amón, a deidade patrona de Tebas, e a residencia do poderoso sacerdocio de Amón. O que o diferenciaba dos moitos templos de Exipto é o tempo que foi construído (máis de 2.000 anos, comezando no Reino Medio). As principais características deste templo son os seus dez grandes pilono, a gran Sala hipóstila, un lago sagrado, subtemplos, numerosos santuarios e múltiples obeliscos. Foi o templo máis importante para a maioría da historia.
  • Templo de Luxor (Ipet resyt). A diferenza dos outros templos de Tebas, non está dedicado a un deus de culto ou a unha versión deificada do rei na morte. En cambio, dedícase ao rexuvenecemento da realeza; puido ser onde se coroaron moitos dos faraóns de Exipto. É unha peza central do "Festival Opet", onde a barca sacra da Tríada Tebana viaxa desde Karnak ata o templo de Luxor, destacando o significado divino da re-coroación do faraón.
  • Templo de Khonsu
  • Recinto de Mut
  • Recinto de Montu
  • Avenida das Esfinxes

Beira oesteEditar

 
O sol ilumina o templo mortuorio de Hatshepsut en Deir al-Bahri
 
A entrada a KV19, tumba de Mentuherkhepeshef no Val dos Reis

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar