O pilono é unha construción con forma de pirámide truncada, de grosos muros, que erixidos por pares, flanquean a entrada principal dos templos do antigo Exipto; no espazo deixado entre ambos atópase a porta de acceso.

Gravado dos templos de Karnak mostrando os seus pilonos

Segundo a súa magnitude e importancia poden ir precedidos dun dromos, ou paseo de esfinxes, dous obeliscos, estatuas e estandartes. Tras eles xeralmente atópase un gran patio descuberto, ás veces porticado en varios dos seus lados. Aínda que son construcións macizas, adoitan albergar pasaxes e escaleiras para o seu mantemento. Están rematados por unha gola na súa coroación. Os seus paramentos decorábanse con baixorrelevos policromados que narraban fazañas dos faraóns.

Os máis monumentais e de maiores dimensións atópanse en Karnak, erixidos a partir do Imperio Novo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar