Sala hipóstila (do grego hypóstȳlos -prefixo hypó, "baixo", e stŷlos, " columna") é a denominación historiográfica dos recintos arquitectónicos cubertos sostidos por columnas, que ás veces chegan a ser verdadeiros bosques de columnas. Habitualmente son adintelados, de teitume plana.

Sala hipóstila do templo de Edfu.

Templo exipcio

editar
 
Planta do templo de Luxor (E: sala hipóstila).
 
 
Planta do templo de Edfu.

Nos templos exipcios a sala hipóstila era a estancia posterior á sala hípetra e ás seguintes pezas, cada vez máis recónditas. A sala hipóstila xa non tiña acceso o pobo, pero si a aristocracia, que non podía continuar ás seguintes salas, reservadas en exclusiva para o faraón e os sacerdotes (a última adoita denominarse sanctum sanctorum por comparación co [[Templo de Xerusalén).

O máis estudado é a gran sala hipóstila do templo de Amón en Karnak. Sobre unha planta rectangular (comparable á planta "basilical" romana e paleocristia), consta dunha nave rectangular de maior altura flanqueada por dous corredores, todas sostidas por columnas de capiteis de papiriformes. Recibe unha lixeira iluminación a través de celosías superiores da nave central, quedando as laterais perpetuamente na sombra. É unha innovación da dinastía XIX, e simboliza o concepto de creación: a sala representa o pantano primordial (Noun) do que emerxen os talos das plantas de papiro ou de loto (representados polas columnas e os seus capiteis). A luz (tamén un concepto divino) fai que crezcan máis as plantas que a reciben (as columnas da nave) que as que permanecen na escuridade. Os templos dos ramésidas repiten este modelo (Ramesseum, templo de Khonsu en Karnak, templo de Amón en Luxor, templo de Ptah en Menfis, templo dos millóns de anos en Medinet Habu, templo de Bastet en Bubastis, templo de Toth en Hermópolis). No Período Tardío abandónase o modelo, pero as salas hipóstilas seguen aparecendo en edificios ptolomaicos e romanos (templo de Hathor en Dendera, templo de Khnoum en Esna, templo de Horus en Edfu, templo de Kom Ombo).

Outros exemplos

editar
 
Restos da apadana de Persépole.
 
Sala de oración da Mesquita maior de Córdoba.
 
Ídem, planta.
 
Ídem, planta.

A mandapa[1] dos templos da India (serve de vestíbulo ao santuario nun complexo de templos)[2]

A apadana dos palacios aqueménidas (Persépole, Susa).

O Telesterion de Elêusis e o Eleusinion da Acrópole de Atenas.

A sala de oracións das mesquitas (haram).

As catedrais, especialmente aquelas que multiplican o número de naves, adoitan contar con filas de columnas ou piares que sosteñen as cubertas, aínda que neste caso adoitan estar abovedadas, no adinteladas. Ademais de conter as naves de maior extensión, a Catedral de Sevilla ten entre as súas salas capítulares unha chamada hipóstila ou " das columnas".[3]

 
Planta da Catedral de Sevilla.
 
Vista do interior.

Arquitectura contemporánea

editar
 
Crystal Palace, Joseph Paxton.
 
Sala das cen columnas do Parque Güell, Gaudí.
  1. Thapar, Binda (2004). Introduction to Indian Architecture. Singapore: Periplus Editions. p. 143. ISBN 0-7946-0011-5. Fonte citada en en:Mandapa
  2. Estela Ocampo, Diccionario de términos artísticos y arqueológicos
  3. Álvaro Recio, "Sacrum Senatum": as estancias capitulares da Catedral de Sevilla.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar