Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Susa foi unha antiga cidade, que foi capital de Elam e residencia do Señor Supremo do país. Está situada ao sueste de Irán, e hoxe en día é unha cidade en ruínas, a pesar de que moi preto hai unha cidade moderna co mesmo nome.

Susa
Tepe da Cidade Real (á esquerda) e da Acrópole (á dereita), vista desde o outeiro da apadana en Susa.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Irán
Localización32°12′N 48°15′L / 32.200, -48.250
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV
Inscrición2015 (39ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1455
Esfinxe de Darío I de Persia no palacio de Susa

Historia editar

Susa foi fundada sobre o -4000. Estivo baixo control político sumerio e logo elamita. As escavacións mostraron nos niveis primeiros unha cerámica diferente á de Súmer e nos niveis seguintes unha cerámica idéntica (especialmente do período de Uruk). A influencia protoelamita está presente desde finais do cuarto milenio (antes do -3000); as inscricións protoelamitas (que non puideron ser descifradas) foron usadas ata o -2900.

Despois do -2500 estivo baixo influencia de Awan, reino que se formara sobre o suroeste e sur, e que era de cultura elamita, diferente á cultura sumeria. Conquistado Awan por Sargón I de Akkad sobre o -2330, en Susa estableceuse un gobernador. Sobre o -2221 Awan recuperou a independencia en relación a Akkad. Neste tempo Awan anexionou a rexión de Susa (Susiana) cando Puzur-Inaunainak de Awan conquistou Susa sobre o -2200. Os elamitas invadiron o nordeste de Mesopotamia sobre o -2200 e provocaron o movemento dos Gutis cara a Acadia.

Puzur-Inauainak deixou diversos documentos co seu nome en Susa, algúns en acadio e outros en escritura elamita lineal, da que só se deron descifrado algunhas firmas e que probabelmente derivan do protoelamita.

Urnammu de Ur enfrontouse aos reinos elamitas e o seu sucesor Shulgi (reinou sobre -2094-2046), derrotounos en Susiana e púxoos baixo dependencia de Ur como unha provincia con capital na cidade de Susa. Permaneceu en mans da dinastía de Ur ata a súa caída sobre o -2004. Un dos reinos elamitas vasalos, Simash ou Simashki, dirixirá a recuperación nacional e o -2003 derrotaron a Ur, a cuxo rei, Ibisin ou Ibbisin, fixeron prisioneiro e trasladaron a Anshan (outro reino elamita, onde a dinastía de Shimashki se impuxera), onde morrerá. Susa sublevouse contra Ur e fíxose independente cara ao -2004, e aliouse a Simash, pero finalmente a Susiana incorporouse ao reino e estableceuse Susa como capital principal do país. Un príncipe, normalmente o herdeiro, levou a miúdo o título de "sukkal de Susa" (rei de Susa, posiblemente título de orixe relixiosa); é posíbel que o goberno fose exercido polos príncipes o verán, cando o rei deixaba Susa, moi calorosa, para ir á meseta de clima máis morno. Susa foi a capital de Elam ou polo menos unha das cidades principais nos seguintes séculos.

Sobre o -1900 Larsa dirixiu expedicións contra o reino ata a rexión de Anshan. Pero os reis elamitas conservaron Anshan baixo o seu dominio e en xeral todos os seus territorios. Elam chegou á súa máxima expansión co rei Siwe-palar-huppak, que será aliado (a pesar de que el se chama soberano e non aliado) de Hammurabi de Babilonia (-1792-1750), e de Zimrilim de Mari. Esta alianza combateu contra Eshunna, pero despois Mari e Babilonia xiraron a alianza e enfrontáronse a Elam, que desapareceu temporalmente polo menos como estado unificado.

A partir de -1455 o reino de Anshan volve a unirse ao reino de Susa e volve constituír un poder considerábel. (1) O -1405 os babilonios establecen en Elam unha nova dinastía, o que inicia unha era de cooperación. Pero despois do -1250 unha mudanza dinástica en Elam rompe o período de paz e cooperación. Os elamitas, na súa loita chegan a Babilonia o -1155 e instalaron un rei da dinastía elamita. A influencia elamita esténdese a Acadia e as cidades da zona e a Nippur. Nabucodonosor I, rei de Babilonia orixinario de Isin, expulsa aos elamitas e devástalles o país.

Elam desaparece e non se mencionan reis elamitas ata avanzado o século VII a.C., cando axudan a Babilonia contra Asiria; os reinos elamitas serán conquistados por causa diso polo rei de Asiria Assurbanipal (-668--627) que entra en Susa o -646.

Pero pouco despois o rei de Susa volve a ser independente e menciónase un rei en Anshan. O 536 a.C. a Susiana foi conquistada por Ciro II o grande, que fixo prisioneira a Pantheia muller do rei Abradates, e o seu sucesor Darío I o grande faraa capital do Imperio persa, ata que a capital se trasladou a Persépole.

No 331 a.C., cando gobernaba o sátrapa Abulites, Susa foi conquistada por Alexandre o Grande e inicia unha decadencia acelerada. O elamita vaise deixar de escribir no século IV a.C. pero séguese a falar ata o século XIII.

Escavacións editar

Susa foi escavada desde 1897 ata o 1978. As primeiras escavacións fixéronas Jacques de Morgan e Robert de Mecquenem (1897-1946). Seguiu Roman Ghirshman (1946-1967), que cambiou os métodos, igualmente pouco axeitados, ata que o 1967 comezaron as escavacións por J. Steve e despois Jean Perrot, directores da misión francesa. A revolución parou os traballos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar