Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Nippur (sumerio: Nibru, acadio: Nibbur) era unha cidade sumérica cuxa historia data ata o 5º milenio a.C. Con isto é unha das cidades babilónicas máis antigas que coñecemos. En Nippur achábase o templo principal do deus do ceo e da creación Enlil. A identificación ía ata o punto que na escritura sumérica cuneiforme as palabras "Nibru" (= Nippur) e "Enlil" escribíanse da mesma forma.

Historia editar

 
Nippur

Nippur tivo un importante papel como centro relixioso que se mantivo tamén baixo os imperios seguintes como en Acadia, baixo a segunda dinastía de Lagash ou na terceira dinastía de Ur. Da última época datan os típicos templos suméricos achados.

A cidade situábase en ambas as beiras do Shatt-en Nil, unha das cuncas fluviais máis antigas do Éufrates. A cunca fluvial mudou en varias ocasións ao longo da historia e actualmente as ruínas de Nippur atópanse entre o Éufrates e o Tigris a 32°7′ N 45°10′, e a uns 160 km ao sueste de Bagdad. O actual campo de ruínas coñécese polo seu nome árabe Nuffar e foi descrito como "Niffar" polos primeiros descubridores. Está dividido en dúas partes pola canle seca do Shatt-en-Nil (Arakhat). O punto máis alto entre estas ruínas é un outeiro cónico que se levanta uns 30 m sobre o nivel da planicie que a rodea ao nordés da canle. Entre os árabes é coñecido como "Arabs Bint o-Amiror" ( que significa a filla do príncipe).

Nun principio o pobo estaba formado por cabanas de canas nos humedais do río, parecido a moitos pobos que podemos atopar aínda hoxe en día na zona. Neste estado Nippur estaba sometido ás inclemencias propias destas zonas como inundacións e riadas. Así e todo, por algunha razón, os habitantes decidiron non mudarse e lentamente o sitio comezou a levantarse sobre os seus arredores. Isto debíase en parte á acumulación de cascallos debido a longo prazo ocupación e en parte aos esforzos dos seus cidadáns. Cando estes comezaron a desenvolver unha civilización substituían (polo menos no que ao santuario se refire) as construcións de cana por outras de ladrillo de barro secado. Nesta primeira fase da civilización, que poderiamos caracterizar como "idade da arxila", atopamos cerámica vasta e ladrillos marcados cos dedos, planos nunha superficie e cóncavos na outra. Desde este estadio empezou a evolucionar pasando por diferentes estadios moi pouco marcados.

A forma exacta do santuario nesta época non se pode determinar, pero parece que dalgún xeito estaba conectado coa incineración dos mortos. Relictos desta práctica poden ser atopados nas capas máis antigas da época pre-sargónica.

Hai probas de que o sitio foi poboado por diferentes pobos que variaban lixeiramente no grao da súa cultura. Nunha capa atópase cerámica pintada de boa calidade parecida á que se atopa nas capas correspondentes de Susa e que se parece á cerámica atopada no Egeo máis que á cerámica atopada máis tarde en Babilonia.

Nippur estaba poboado como asentamento ata o século VIII d.C. converténdose en cidade islámica que ao mesmo tempo era sede dun bispo cristián.

As ruínas do actual Nuffar (ou Niffer) atópanse ao sueste de Bagdad (Iraq), e foron investigadas desde o final do século XIX, especialmente por arqueólogos estadounidenses. Debido á elevada idade da cidade que ademais fora respectada en períodos de guerra como centro relixioso (de diversos grupos) e, polo tanto, non fora tan destruída como outras, podíanse conseguir alí resultados importantes.