Lingua elamita
O elamita é unha lingua morta, que se falou no reino do mesmo nome. É unha lingua aglutinante que nunca puido ser relacionada coas linguas semíticas veciñas, ou ás linguas indoeuropeas. Algúns lingüistas tentaron aproximar o elamita e o sumerio, sen chegar a convencer aos seus colegas. Outros puxérono en relación coas linguas dravídicas aínda faladas na India. O elamita foi a lingua oficial do imperio persa do século -VI ata o -IV, e os últimos testemuños escritos do seu uso remontan á época da conquista de Alexandre o Grande.
Elamita | ||
---|---|---|
Falado en: | Elam | |
Extinción: | século IV a.C. | |
Familia: | Lingua illada Elamita | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | elx | |
ISO 639-3: | elx
| |
Mapa | ||
Status | ||
A escritura elamita
editarNo transcurso do tempo sucedéronse tres grafías elamitas:
- A protoelamita é a máis antiga. Atopámola desde -2900 en Susa, capital de Elam. A escritura protoelamita derivaría dunha escritura sumeria preexistente. Utiliza preto dun millar de signos, e sería parcialmente logográfica. Ao non estar aínda descifrada, non se sabe con certeza se eses signos representan o elamita ou outra lingua.
- O elamita antigo é un silabario derivado do protoelamita e foi empregado con certeza entre -2250 e -2220, malia que podería ter sido elaborado anteriormente. Só está parcialmente descifrado, en particular grazas aos traballos de Walter Hinz. O elamita antigo consiste en 80 símbolos escritos en columnas verticais, lidas de arriba a abaixo e de esquerda a dereita.
- A escritura cuneiforme elamita estivo en uso de -2500 a -330, adaptada a partir doacadio. Esta escritura consiste en 130 símbolos, ben menos que a maioría das outras escrituras cuneiformes.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Código ISO 639-2: elx
Ligazóns externas
editar- Gramática elamita - por Enrique Quintana (en castelán).
- Una nueva aproximación gramatical al elamita a través de la web - por Enrique Quintana (en castelán).