O antigo Imperio Elamita, تمدن عیلام en fārsi, situábase ao leste de Sumeria e Acad, no actual suroeste de Irán. Os elamitas chamábanlle ao seu país Haltamti[1] (en elamita tardío, Atamti), do cal os seus veciños acadios adaptaron como Elam. O alto Elam foi posteriormente cada vez máis identificado pola súa capital, Susa, e xeógrafos posteriores a Tolomeo chamaron a todo ese territorio Susiana. O nome de Elam en persa antigo era Hujiyā, o cal sobrevive no nome da provincia Khuzestān Bakhtiari Lurs. Khuzestān xunto con Fārs conteñen os restos do antigo Elam.

Modelo:Xeografía políticaElam

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°54′N 52°24′L / 29.9, 52.4
CapitalAnshan, Persia
Susa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua elamita Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación2700 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución539 a. C. Editar o valor en Wikidata

A lingua elamita non está relacionada cos grupos lingüísticos veciños: semita, sumerio e iraniano. Algúns expertos cren que a lingua está relacionada coas actuais linguas dravídicas do sur da India (ver linguas elamo-drávidas).

Historia

editar
 
Figuriña elamita

A historia elamita convencionalmente dividiuse en tres períodos. Non obstante, debe considerarse que os restos e artefactos das primeiras etapas continúan a ser descubertos no centro e sueste de Irán. Algúns expertos refírense a este período como Proto-Elamita.

  • Período Elamita Antigo empeza cos reis elamitas testemuñados con maior antigüidade, aproximadamente -2700. Elam, designado por escribas sumerios simplemente como NIM "Terras montañosas", non fora unificado etnicamente ou culturalmente con anterioridade. Elam caeu baixo o control político de Acad no século –XXII por acción de Sargón de Acad, o cal mantivo as institucións locais. A dinastía Awan reafirmou a independencia de Elam. Shulgi de Ur (-2049-2047) conquistou Elam por un tempo. A mediados do século –XIX, o poder en Elam pasou á dinastía Epártida. Hammurabi de Babilonia atacou Elam no século –XVIII. O rei Kutir-Nahhunte I de Elam contraatacou e causou unha sería derrota ao fillo de Hammurabi.
  • Período Elamita Medio empeza sobre o -1350, despois dun período de 200 anos do que se sabe pouco. Sobre -1160, baixo Shutruk-Nahhunte, Elam derrota aos casitas e establece o primeiro Imperio elamita, que durou pouco, o rei Nabucodonosor I de Babilonia conquistou Elam polo -1120, levando o imperio ao seu fin.
  • Sobre o -750 Elam reafirmou a súa independencia, causando o renacemento cultural do Período Neo-Elamita. Elam foi conquistada polos Asirios no -645, conquista que provoca o fin de Elam como estado independente. Os medos conquistaron Elam aos asirios, e a dinastía Aqueménida, outra dinastía iraniana que gobernou a anterior terra elamita de Anshan, tomou Susa e conquistou o Imperio Medo, para establecer o primeiro Imperio Persa.

As historias tradicionais acabaron a historia elamita co seu sometemento aos Aqueménidas, pero as referencias gregas e latinas a "Elimeos" testemuñan unha supervivencia cultural, segundo Daniel Potts (ver refs.). Adicionalmente, o viaxeiro árabe do século X Istakhrī comentaba que a xente de Khuzestān falaba tres linguas, árabe, Fārsi e algo que eles chamaban Khuzī". Non está claro se esta lingua descendía do elamita ou simplemente era un dialecto local persa. A lingua elamita aínda non se deu relacionado con ningunha outra coñecida.

A lingua elamita foi unha das linguas oficiais do Imperio Persa en tempos antigos, e Susa unha das catro capitais do imperio. Susa tamén serviu como capital da Dinastía Sasánida a partir do -224 ata o 651. O último uso da escritura elamita data do século IV, e Elam é aínda coñecido como a actual provincia de Khuzestán, onde se basea a inmensa industria petroleira de Irán.

Cronoloxía de gobernantes

editar
 
Mapa de Elam (en inglés)

Dinastía Awan (datas precisas descoñecidas).

Dinastía Simash (datas precisas descoñecidas).

Dinastía Epartida (datas precisas descoñecidas).

Dinastía Babilónica (-1770 - -1500).

Dinastía Igehalkida (-1350 - -1200).

Dinastía Shutrukida (-1205 - -1100).

Última Dinastía Elamita (-743 - -644).

  1. Alvar (1989), p. 13

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alvar, Jaime (1989). Los persas. Col. Historia del mundo antiguo, nº 13 (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-7600-386-2. 
  • Khačikjan, Margaret: The Elamite Language, Documenta Asiana IV, Consiglio Nazionale delle Ricerche Istituto per gli Studi Micenei ed Egeo-Anatolici, 1998 ISBN 88-87345-01-5.
  • Potts, Daniel T.: The archaeology of Elam: formation and transformation of an ancient Iranian state, Cambridge U., 1999 ISBN 0-521-56496-4 y ISBN 0-521-56358-5.
  • Quintana Cifuentes, Enrique, Historia de Elam el vecino mesopotámico, Murcia, 1997. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.
  • Quintana Cifuentes, Enrique, Textos y Fuentes para el estudio del Elam, Murcia, 2000. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.

Ligazóns externas

editar