Simashki foi un reino da rexión de Elam, ao oeste de Susa (no actual Irán), tamén chamado Simash ou Kimash. A dinastía de Simashki ou Shimash ou Shimashki (sobre -2100-1970) gobernou Elam (Anshan), Susa, Simashki e Awan. Dos doce reis da lista de Susa, nove están documentados tamén por outras fontes.

Ao comezo houbo duros enfrontamentos cos sumerios de Ur, que se alternaron con períodos de paz e ligazóns matrimoniais como a de -2063 entre unha filla de Shulgi e o rei de Anshan, ou unha sobre o -2035 entre unha filla de Shusin de Ur e un príncipe de Anshan, roto pronto cando Ur fixo expedicións (dúas polo menos) cara a rexión do mar Caspio. Sobre o -2028 subiu ao trono de Ur Ibisin (ou Ibbisin) e a dinastía de Ur comezou a perder territorios. Ao comezo Ur aínda puido manter a influencia nun territorio na liña entre Arbela e o golfo Pérsico. O -2004, o sexto rei elamita de Simashki e Kindattu aliáronse co rei de Susa e conxuntamente conquistaron Ur sobre o -2003 e leváronse prisioneiro ao rei Ibbisin. Pouco despois Eridu e Uruk serían conquistadas, pero sobre o -1998 Simashki perdeu Uruk, Ur e Eridu a mans de Isin.

O rei de Simashki (dinastía de Simash ou simáshquidas) gobernou Elam un tempo pero foi suplantado por unha rama que gobernaba os territorios occidentais, establecida en Susa, os epártidas, que acabaron gobernando tamén a Simashki, reunindo todo Elam ata aproximadamente o -1600.

Lista de reis editar