Parc Güell
O Parc Güell (en galego: Parque Güell) é un parque público con xardíns e elementos arquitectónicos situado na parte superior da cidade de Barcelona, en Cataluña.
(es) Park Güell | ||||
Tipo | parque escultórico parque | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Eusebio Güell | |||
Parte de | Obras de Antoni Gaudí | |||
Situado na entidade xeográfica | Turó del Carmel | |||
Localización | ||||
División administrativa | La Salut, España | |||
| ||||
Características | ||||
Material usado | Trencadís cerámica | |||
Superficie | total: 20,2 ha Patrimonio da Humanidade: 10,79 ha zona de protección: 9,4 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural | |||
Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) | |||
Identificador | 320-001 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Data | 24 de xullo de 1969 | |||
Identificador | RI-51-0003818 | |||
Arte pública de Barcelona | ||||
Identificador | 6021-1 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Codi BCIN | 58-MH-EN | |||
Codi BIC | RI-51-0003818 | |||
Id. IPAC | 62 | |||
Id. Barcelona | 2617 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1900-1906 | construción | |||
Sitio web | parkguell.barcelona… | |||
É o resultado actual dunha infrutuosa operación urbanística que tentaba crear unha cidade xardín ao estilo inglés de acordo coas tendencias do momento que procuraban o contacto coa natureza. Foi deseñado por Antoni Gaudí, máximo expoñente do modernismo catalán, por encargo do empresario Eusebi Güell.
Historia
editarO proceso iniciouse no 1899 coa compra dos terreos de Can Montaner por parte do financeiro Eusebi Güell, e un ano máis tarde coa encarga do estudo desta iniciativa a Antoni Gaudí, seguindo no 1902 coa compra dunha segunda parcela, propiedade de Ramón Coll i Pujol.
A construción do parque tivo lugar entre os anos 1901 e 1904, ocupando unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreo aproximadamente e nunha localización situada entre 150 m. e 200 m. de altitude cunha topografía moi accidentada. Adquirido polo Concello de Barcelona foi convertido en parque público o 1922, declarado de interese artístico no 1969 e patrimonio mundial por parte da UNESCO o ano 1984.
Características
editarO parque Güell é o proxecto de zona residencial impulsado polo mecenas e grande amigo de Gaudí, Eusebi Güell. Seguindo o modelo das cidades-xardín, de moda en Gran Bretaña, constrúen os equipamentos e zonas verdes de sesenta vivendas que nunca se levaron a cabo.
En honor á paixón de Güell pola mitoloxía, Gaudí deseñou aquel contorno como unha nova Delfos grega. Así, a gran praza descuberta, destinada a ser o centro da vida social emula un teatro grego. A súa forma vén definida por unha varanda-banco que se curva en innumerables lugares e que permite, segundo a persoa, sentar na zona cóncava ou convexa, estando só ou en grupo.
Gaudí, no seu profundo respecto pola natureza, negouse a aplanar o terreo daquela leira árida e pedregosa, e someteu a súa arquitectura ós ditados da paisaxe para trazar tres quilómetros de paseos e viadutos.
A meticulosidade de Gaudí en tódolos detalles era tal que tivo en conta a acústica: os viadutos recubertos de materiais irregulares, situados xunto á zona residencial, absorberían o ruído das carruaxes; en cambio, a sala hipóstila, foco de vida social, está revestida de materiais duros, como o trencadís, onde se reflicte o son e produce un efecto de eco.
Galería de imaxes
editar-
Vista de Barcelona desde o Calvario.
-
Teatro grego.
-
Banco.
-
Pórtico da Lavandeira.
-
Novo tramo do Pórtico da Lavandeira.
-
Escultura da Lavandeira.
-
Segunda fonte da escalinata.
-
Terceira fonte da escalinata.
-
Viaduto do Museo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parc Güell |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |