Sala das Cen Columnas

Coordenadas: 41°24′50″N 2°09′10″L / 41.41375, 2.152778

A Sala das Cen Columnas (en catalán: Sala de les Cent Columnes) ou sala hipóstila é unha especie de gran soportal formado por oitenta e seis columnas que sostén a gran praza do Parque Güell de Barcelona. Foi concibida por Antoni Gaudí para albergar o mercado dunha cidade residencial que xamais chegou a completarse.

Vista externa da sala

Atópase entrando pola praza principal do parque, detrás das escaleiras da popular fonte do dragón.

Características editar

As columnas, verticais as interiores, lixeiramente inclinadas as exteriores (actuando de contrafortes), están deseñadas de tal forma que recordan o estilo arquitectónico dórico. Por outro lado, a parte baixa da columna está recuberta de trencadís branco e uniforme. O mesmo recurso se utiliza como base decorativa do teito.

O teito está cheo de formas redondeadas que se internan entre columna e columna. En catorce delas hai debuxos realizados coa técnica do trencadís. As columnas están aliñadas, pero a súa distribución non é uniforme e nos espazos inexistentes que deixan algunhas hai grandes rosetóns, tamén de trencadís. Foi deseñado e estampado por Josep Maria Jujol. Ademais dos habituais fragmentos de porcelana, tamén mostra detalles curiosos como un fragmento dun pulso. Jujol tamén experimento con papel de vidro de cor.

O chan é puído, pero a parede do fondo parece de pedra ruda sen traballar. Na parte externa do teito pódense contemplar cabezas de león que soltan auga, igual que as gárgolas medievais.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar