|
Benvido ao Portal de Barcelona! Benvingut al Portal de Barcelona!
|
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]), situada no nordés da Península Ibérica, é a capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da Cidade Condal, por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Barcelona foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
Artigo destacado
editar
O asedio de Barcelona foi unha operación militar central dentro da Guerra de Cataluña, derradeiro episodio hispánico da Guerra de Sucesión Española, entre o 25 de xullo de 1713 e o 11 de setembro de 1714. Malia que Barcelona xa fora asediada nesa mesma guerra uns anos antes, no Asedio de Barcelona (1706) - implicando a tropas das grandes potencias, durante a Guerra de Cataluña, os exércitos estranxeiros foran evacuados. Neste conflito enfrontáronse os defensores de Barcelona, compostos pola Coronela, o exército regular catalán con tropas procedentes do resto de territorios da Coroa de Aragón, e soldados doutros territorios que apoiaban a Carlos VI. O asedio foi proposto polo duque de Popoli, inicialmente máis como un bloqueo con aires de terrorismo bombardeiro, e non como un asalto propiamente dito, xa que agardaba a rendición por esgotamento da cidade. En xullod e 1713, a entrada en xogo dun exército proveniente do Reino de Francia para apoiar o exército español, provocado polo cambio de dirección militar cara ó Duque de Berwick, decantou severamente o devir do asedio, converténdose nun asalto de trincheiras e minas nas murallas. Moi sobrepasados en número, e completamente rodeados de soldados borbónicos, os defensores foron totalmente eliminados.
Lugar de interese
Sabías que...?
editar
- ...en 1716 comeza a construción da Ciutadella a costa do derrubamento de gran parte do barrio da Ribera?
- ...en 1842 Barcelona érguese contra Espartero, e o militar bombardea a cidade?
- ...se produciu un atentado anarquista no Liceu no ano 1893?
- ...Arquivo
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Joan Manuel Serrat i Teresa, nado en El Poble-sec ( Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán . Trátase dunha das figuras máis destacadas da cación moderna tanto en lingua catalá e castelá. A súa obra contén influencies doutros poetas com Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara. É un dos pioneiros da Nova Cançó catalá. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén cos alcumes de El noi del Poble-sec (o seu barrio natal) e o Nano na Arxentina.
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)
|
|
|
|
|
|
|
|
|