Portal:Segunda Guerra Mundial

Segunda Guerra Mundial

editar A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.

Artigo destacado

editar

A morte de Adolf Hitler tivo lugar o 30 de abril de 1945 no seu Führerbunker en Berlín. Hitler suicidouse dun disparo de pistola, mentres que a súa muller Eva Braun suicidouse con el por medio da inxestión de cianuro. Esa mesma tarde, seguindo instrucións previas de Hitler, os seus restos foron levados fóra do búnker pola saída de emerxencia, e tras botarlles gasolina foron queimados no xardín da chancelería do Reich. Os rexistros soviéticos indican que os seus restos queimados foron recuperados e enterrados sucesivamente en varios lugares ata 1970, cando foron exhumados de novo, incinerados e as súas cinzas foron espalladas.

Os diversos recontos do feito difiren na causa da morte. Un indica que faleceu só por inxerir un veleno mentres que outro indica que faleceu disparándose a si mesmo mentres inxería unha cápsula de cianuro. Os historiadores contemporáneos rexeitaron estes recontos por ser ou ben propaganda soviética ou un intento de compromiso para reconciliar as distintas conclusións. Segundo unha testemuña o corpo tiña sinais de ter recibido un disparo a través da boca, mais isto probouse como pouco probable. Existe tamén unha controversia con respecto á autenticidade dos fragmentos de mandíbula e cranio que foron recuperados. No ano 2009 investigadores estadounidenses levaron a cabo unha análise de ADN no cranio que os oficiais soviéticos crían que era de Hitler. As probas e o exame dos restos revelaron que o cranio pertencía a unha muller de menos de 40 anos de idade, e os fragmentos de mandíbula recuperados non foron analizados.


Imaxe destacada

editar

Muller nunha fábrica en Fort Worth entorno a 1940.
Muller nunha fábrica en Fort Worth entorno a 1940.

Muller traballando nunha fábrica en Fort Worth, Texas. Durante o conflito foi unha constante entre os aliados a incorporación de mulleres ás fábricas, en substitución dos homes que loitaban na guerra.

Artigos de calidade e bos
Personalidade destacada

editar

Adolf Hitler en 1937.
Adolf Hitler, nado en Braunau am Inn, Austria, o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín, Alemaña, o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores, tamén coñecido como Nazi. Hitler foi chanceler de Alemaña dende 1933 ata 1945 e ditador da Alemaña nazi dende 1934 ata 1945. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "espazo vital", o anticomunismo e o antisemitismo, que tería a súa maior expresión no Holocausto.
Sabías que...

editar

Avións xaponeses antes do ataque a Pearld Harbor
Categorías
Contido relacionado

editar

Wikiproxecto Historia
Wikiproxecto Historia

Wikiproxecto Historia

Portal Historia
Portal Historia

Portal Historia

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas