Pistola
- Para as moedas denominadas "pistola", véxase Pistola (moeda) e Pistola (moeda escocesa).
A pistola é unha arma de fogo curta, deseñada para ser usada cunha única man, e que dispara balas na distancia curta. Foi concibida para usala como unha defensa, a pesar do feito de que tamén pode ser usado de xeito ofensivo.
Etimoloxía
editarAínda que as primeiras pistolas foron creadas no século XVI como armas auxiliares de cabalaría, no século XV o termo pistola a puñais e dagas que se agochaban entre a roupa. No século XVIII, comezou a ser chamarse pistolas ás armas curtas empuñadas cunha man.
A palabra vén do francés pistole, e esta do checo píšťala (frauta), pola forma das antigas armas de guerra husitas. Outra teoría refírese á cidade italiana Pistoia, onde é manufacturaban puñais.[1]
Historia
editarPistolas antigas
editarA pistola empregaba os mesmos mecanismos de disparo que os mosquetes e fusiles de avancarga: chave de roda nos séculos XVI e XVII, chave de pedernal no século XVIII e primeira parte do XIX e chave de percusión, ó aparecer, a comezos do XIX.
Todas estas pistolas requirían a recarga da súa munición de xeito manual logo de cada disparo. A munición introducíase pola boca do canón (arma de avancarga) e consistía en pólvora, proxectil e taco de papel (que servía de tapón para manter comprimidos os dous anteriores dentro do canón). Logo premíase cun adminículo chamado baqueta. Este método de recarga era moi lento e, xeralmente, os combatentes desenfundaban os seus sabres ou espadas despois de disparar, xa que as circunstancias non permitían recargar novamente a pistola.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pistola |