[[Ficheiro:|1100px]]

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Tampere está situada entre dous lagos, o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rápidos que os comunican, Tammerkoski, teñen sido unha importante fonte de enerxía ao longo da historia da cidade, máis recentemente xerando electricidade. Tampere é alcumada a "Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia, catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, concedéronselle dereitos de cidade.

Artigo destacado

editar

O tranvía de Tampere (en finés Tampereen raitiotie), coñecido popularmente como Tampereen ratikka, é a rede de tranvías que percorre a cidade de Tampere, Finlandia.

En novembro de 2016 o goberno municipal tomou a decisión de dotar á cidade dun tranvía, sinalando que as obras comezarían na primavera do ano seguinte. En marzo de 2017 comezaron as obras do primeiro tramo, Pyynikintori-Hospital Universitario-Hervanta. O 9 de agosto de 2021 inauguráronse oficialmente as dúas primeiras liñas, cos números 1 e 3.

Lugar de interese

editar

O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.

O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.

Categorías
Biografía destacada

editar

Leo Juhani "Leksa" Kinnunen, nado en Tampere o 5 de agosto de 1943 e finado o 26 de xullo de 2017, foi un piloto de automobilismo finlandés, o primeiro piloto de Fórmula 1 do seu país.

Kinnunen gañou a Nordic Challenge Cup en 1969, a Interserie de 1971-1973 e axudou a Porsche a lograr o World Sportscar Championship para os fabricantes en 1970 (os campionatos de pilotos non foron galardoados ata 1981). Na tempada 1974 cambiou á Fórmula Un, pero ademais dos problemas co TS16, o seu equipo pronto se atopou con problemas económicos. Foi o último piloto en competir na Fórmula Un usando un casco aberto.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Equipos do Tappara e do Ilves.

  • ... Tampere é considerada a capital mundial da sauna?
  • ... os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés en categoría masculina son o Tappara (20 títulos contando cos tres conquistados baixo a denominación de TBK) e o Ilves (16 títulos)? Ademais o TaPa e o KOOVEE foron campións finlandeses unha vez cada un.
  • ... o zoo de Tampere pechou as súas portas o 26 de setembro de 1972? Na actualidade hai unha mostra de aves en Sorsapuisto como lembranza do zoo.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons