Tampereen Palloilijat

O Tampereen Palloilijat, tamén coñecido como TaPa, é un club deportivo da cidade de Tampere (Finlandia) adicado á práctica do fútbol e o fútbol sala, aínda que chegou a contar tamén con sección de hóckey sobre xeo que conquistou o campionato finlandés en 1931. O club foi fundado en 1921, sendo o club de fútbol máis antigo de Tampere.

TaPa
NomeTampereen Palloilijat
Alcume(s)TaPa
Fundación1921
LigaNelonen
2019 (Vitonen)
Na rede
https://tampereen-palloilijat.webnode.fi
Titular

Ata 17 xogadores do club teñen vestido a camisola das seleccións finlandesas.[1]

Fútbol editar

O TaPa fundouse en 1921 por un grupo de entusiastas do fútbol que se reunían na parte de atrás da Tampereen Musiikkikaupan, fundando deste xeito o club de fútbol máis antigo da cidade de Tampere.[2] Os membros do club construíron o primeiro campo de fútbol en 1924, que foi inaugurado cun partido fronte ao HIFK de Helsinqui no que os locais venceron por tres goles a dous, e tres anos despois, o equipo clasificouse para as semifinais do campionato finlandés, caendo fronte o Helsingin Palloseura (HPS).[1]

En 1969 TaPa e TPallo fusionáronse para converterse no Tampellan Palloilijat (tamén TaPa).[3] O Tampellan xogou na máxima categoría do fútbol finlandés durante as tempadas 1972 e 1973.[4][5]

Na tempada 2020, o seu equipo masculino competiu na Nelonen, o quinto nivel do fútbol finlandés, logo de ascender en 2019 tras finalizar segundo do seu grupo na Vitonen.[6]

Fútbol sala editar

O equipo masculino de fútbol sala conseguiu finalizar primeiro no seu grupo na tempada 2919-20 da Futsal-Kolmonen,[7] conseguindo deste xeito o ascenso á Futsal Kakkonen, terceira categoría do fútbol sala finlandés.[8]

Hóckey sobre xeo editar

O TaPa tamén contou cunha sección de hóckey sobre xeo, que participou na tempada inaugural do campionato finlandés, na que chegou ás semifinais, onde caeu fronte o Viipurin Reipas, que se proclamaría finalmente campión.[9] Logo de non tomar parte na competición na tempada 1928-29,[10] na templada 1930-31 chegou o seu maior logro tras alzarse co campionato logo de derrotar na final o Helsingin Jalkapalloklubi (HJK) 2-1.[11] En 1946 a sección aínda estaba activa.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "TaPa 95v historiaa" (en finés). Tampereen Palloilijat. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  2. "Tampereen Palloilijat 95 vuotta!" (en finés). Tampereen Palloilijat. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  3. Haaskivi, Olavi; Heinonen, Raimo; Lindroos, Jim; Piipponen, Esko (1969). Jalkapallokirja 1969 (en finés). Turku: Suomen Palloliitto. pp. 97, 125–127. 
  4. Piipponen, Esko; Helikari, Torsti; Heinonen, Raimo (1972). Jalkapallokirja 1972 (en finés). Turku: Suomen Palloliitto. p. 210. 
  5. Piipponen, Esko; Helikari, Torsti; Heinonen, Raimo (1973). Jalkapallokirja 1973 (en finés). Turku: Suomen Palloliitto. p. 215. 
  6. "Vitonen 2019" (en finés). Suomen Palloliitto. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  7. "Miesten Futsal-Kolmonen" (en finés). Suomen Palloliitto. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  8. "TaPan miehet varmistivat nousun ensi kaudeksi FS2:een!" (en finés). 9 de marzo de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  9. "Championnat de Finlande 1927/28" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  10. "Championnat de Finlande 1928/29" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  11. "Championnat de Finlande 1930/31" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 6 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar