Portal:Santiago de Compostela
![]()
Artigo destacado
O Santiago Futsal, chamado Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala até 2012, é un club galego de fútbol sala da cidade de Santiago de Compostela, que milita na Primeira División de fútbol sala española dende o ano 2003. Trátase do club máis laureado do fútbol sala galego, con 5 Copas Xunta, 1 Copa de España, 1 Supercopa de España e 1 Recopa de Europa.
O primeiro equipo disputa os seus encontros como local no Pavillón Multiusos Fontes do Sar da capital galega, mentres que o seu filial, que compite baixo o nome "Santiago FS" na Segunda División B, adoita xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel. A media de seareiros que asistiron ó pavillón durante a tempada 2010-11 foi duns 2350 por encontro, mentres que durante a tempada 2011-12 esta media de asistencia no pavillón baixou a uns 1700 seareiros por encontro. Lugar de interese
A Colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico e casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, no concello de Santiago de Compostela.
Fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez. A obra rematou trala súa morte en 1136, se ben foi un proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX. O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos. Imaxe destacada
Biografía destacada
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso ou o xaponés. O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|