Mercado de Abastos de Santiago de Compostela
O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é unha obra mestra da arquitectura europea do século XX localizada no centro histórico da capital galega. É o único mercado público da cidade e destaca especialmente pola calidade dos seus produtos de proximidade e pola presenza de produtores locais e paisanas, sendo ademais un dos lugares máis queridos de Compostela.[1]
Mercado de Abastos de Santiago de Compostela | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Acceso central ao mercado | ||||
Tipo | mercado ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarO mercado actual, ideado polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios[2] (1900-1998) é un proxecto visionario que posúe como idea reitora "a integración da aldea e o campo da cidade"[1]. É unha obra [3]que, pola época na que foi realizada, foi incomprendida por algúns historiadores que defenderon que seguía “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”[4]. Porén, o crítico Enrique Muga advertía no ano 1983 sobre esta confusión e sobre os valores arquitectónicos do mercado[5]. As instalacións actuais substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que se derrubou catro anos antes, en 1937[6]. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de oito naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945[7]. Está localizado entre a igrexa de San Agostiño e a igrexa de San Fiz de Solovio.
É o lugar máis visitado da cidade despois da catedral de Santiago[8].
Os mellores produtos frescos de temporada tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.
Notas
editar- ↑ "Mercado de Abastos de Santiago". www.mercadodeabastosdesantiago.com. Consultado o 2024-09-27.
- ↑ Mercado de Abastos. Santiago de Compostela Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidade Autónoma de Madrid (en castelán).
- ↑ "Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela".
- ↑ VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.
- ↑ Muga, Enrique (1983). "El interés de una obra de los años cuarenta". Composición arquitectónica.
- ↑ Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.
- ↑ Historia e futuro da Praza de Abastos Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine., nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.
- ↑ Información Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine. sobre a Praza no sitio web do Concello de Santiago..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercado de Abastos de Santiago de Compostela |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial
- https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/material.php?mat=84185
- https://www.flordesantiago.com/ruth-varela-a-praza-de-abastos-integrou-o-campo-na-cidade-e-segue-a-apuntar-como-sera-o-santiago-do-futuro/
- https://www.g24.gal/-/-ruth-varela-?fbclid=IwAR0eVYL_T27Dd8bDaxDLmuPbtOfrBS4Zt88eGWpOmhRM5IaeMgIp0B60BVA