Cidade da Cultura de Galicia

complexo arquitectónico, cultural e de entretemento na cidade de Santiago de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás na cidade de Santiago de Compostela pertencente á Xunta de Galicia. As función dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaias que se adican á difusión, conservación e investigación cultural a edificios como o CINC ou o CEM centrados na tecnoloxía e o emprendimento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer.

Cidade da Cultura
Santiago Cidade da Cultura 01-06.JPG
Coordenadas42°52′13″N 8°31′32″O / 42.870162, -8.52567Coordenadas: 42°52′13″N 8°31′32″O / 42.870162, -8.52567
PaísEspaña
CidadeSantiago de Compostela
TipoCultural, histórico
AdministradorXunta de Galicia
Construción2001-2011
Inauguración11 de xaneiro de 2011
Superficie150 000 m²
Sitio Webcidadedacultura.gal/
A Cidade da Cultura en 2009.

No eido da cultura a súa programación incluíu nestes anos exposicións, concertos, teatro e todo tipo de charlas e encontros con artistas e divulgadores culturais.

Na actualidade o complexo está rematado e en funcionamento agás o edificio Fontán que ten que están rematado durante o ano 2021. O complexo foi construído por Copasa e Necso (Acciona), San José con Dragados (ACS), e FCC.[1] O seu orzamento era de 108 millóns de euros, a súa construción custou uns 300 millóns de euros, o custo total tería sido duns 500 millóns se fose rematado seguindo o plan orixinal do seu arquitecto Peter Eisenman.[2][3]

ArquitecturaEditar

 
A Cidade da Cultura na paisaxe.
 
Corredor dun dos edificios da Cidade da Cultura.

O ConcursoEditar

O proxecto de construción da Cidade da Cultura de Galicia naceu no ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para escoller o proxecto que rexería a súa construción no monte Gaiás. É a propia Xunta que convida a Ricardo Boffil[4], Peter Eisenman[5], Manuel Gallego Jorreto[6], Annette Gigon e Mike Guyer[7], Steve Holl[8], Rem Koolhaas[9], Daniel Libeskind[10], Juan Navarro Baldeweg[11], Jean Nouvel[12], Santiago Calatrava, Dominique Perrault[13] e César Portela[14]. Aínda que Santiago Calatrava e o seu estudio finalmente non van tomar parte no concurso.[15]

Unha vez avaliadas tódalas propostas, elixiuse o proxecto do grupo Eisenman Architects, atendendo, segundo o fallo do concurso, "A súa singularidade tanto conceptual como plástica, e súa excepcional sintonía co lugar".[16]

O arquitectoEditar

Peter Eisenman (Newark, Nova Jersey, 1932) é un prestixioso arquitecto estadounidense membro do grupo Five Architects de Nova York. Licenciado en Arquitectura pola Universidade Cornell, Eisenman é doutor en Filosofía pola Universidade de Cambridge e en Belas Artes pola Universidade de Chicago. Impartiu docencia nalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, como Harvard, Cambridge, Princeton, Yale e Ohio. En 1980 estableceu un estudio de arquitectura de seu na cidade de Nova York.[17]

O proxectoEditar

Poderíamos incluír a Cidade da Cultura dentro da arquitectura deconstrutivista. Eisenman vai diseñar o complexo a base de mesturar varias ideas.

A idea fundamental é a idea da montaña. Os edificios están situados na parte mais alta do monte Gaiás e compórtarse como unha cima artificial para unha montaña natural, ademais, non so imitan as formas da montaña senón que dan a sensación de fundirse coa propia orografía do terreo. Este idea podría relacionarse con algún dos preceptos da land Art e amén coa obra do italiano Alberto Burri no Cretto de Gibellina en Sicilia.

Por outra banda estaría a idea das tramas, na obra de Peter Eisenman é algo continuo como se pode ver no seu Memorial os Xudeus Asasinados en Europa de Berlín, onde se xenera unha grella que se estende polo espazo. Nos chans e nas cubertas da Cidade da Cultura podemos seguir o trazado de varias liñas que xogan a superponerse e deixar a súa impronta en todo o recinto.

Eisenman temen quere renderlle un tributo a cidade historia de Santiago por iso vai colocar a trama urbana do casco vello e supepoñelo sobre o monte Gaias. No diseño original tamaño quiso incluír unha referencia xacobea dándolle a todo o complexo unha forma semellante a dunha cuncha de vieira, pero as diferentes modificación que sufre o proxecto fan que hoxe non poidamos apreciar esta forma.

Mesturando estás ideas Eisenman vai darle forma o proyecto orixinal, pódese ver moita desta información na propia patina web do arquitecto.[18]

As obras e a redefiniciónEditar

As obras de construción do complexo comezaron no ano 2001, dous anos despois da convocatoria do concurso, cun presuposto inicial de 108 millóns de euros.[19] Nun primeiro momento a Cidade da Cultura estivo formada por seis edificios (Biblioteca, Hemeroteca, Teatro da Música, Museo da Historia de Galicia, Novas Tecnoloxías e Servizos Centrais). O tamaño das obras, o desfase entre o custo real e o presupostado e a tardanza na execución das obras espertaron movementos de oposición a este proxecto, que era cualificado de faraónico por organizacións cidadás[20] e profesionais.[21]

Tralo cambio de goberno na Xunta de Galicia, en agosto do ano 2005 a nova Consellería de Cultura e Deporte decidiu redefinir o proxecto co fin de darlle un xiro ao uso dos edificios que beneficiase ao conxunto global do proxecto de Eisenman.[22] O 26 de decembro de 2006 presentouse no Parlamento Galego o novo proxecto de usos da Cidade da Cultura.

Cando se presentou o proxecto de redefinición, parte das obras da Cidade da Cultura xa estaban nunha fase avanzada da súa execución: o edificio da hemeroteca atopábase practicamente rematado, o da biblioteca na metade da súa construción e o Museo da Historia de Galicia nun terzo construído. O traballo de redefinición do proxecto concentrouse, logo da presentación da redefinición, nos usos e contidos dos edificios do Teatro da Música e o Edificio de Novas Tecnoloxías, aínda en fase inicial de construción. Así, no mes de xaneiro de 2006, a Consellería de Cultura e Deporte anunciou a suspensión das obras do Teatro da Música e do edificio das Novas Tecnoloxías por un período de catorce meses. Neste tempo a Consellería contactou con sectores vencellados coa cultura de Galicia para levaren a cabo a redefinición estrutural destes edificios, entre outros co Consello da Cultura Galega e co Museo do Pobo Galego.

Tras a toma de posesión do goberno bipartito o parlamento galego constituíu unha comisión de investigación para esclarecer a xestión do anterior goberno. Dita comisión emitiu as súas conclusións en decembro do 2007, propoñendo enviar o seu ditame ao ministerio fiscal.[23] A loita política chegou ata os tribunais, ao presentar a CIG unha denuncia contra altos cargos do goberno anterior polas presuntas irregularidades cometidas na xestión da Cidade da Cultura, e que finalmente foi arquivada.[24]

O custo final do proxecto foi de 475.9 millóns de euros, máis de catro veces o orzamento inicial.[25]

As obras de construción da Cidade da Cultura foron obxecto de atención do programa Extreme Engineering, emitido en Discovery Channel, que se centra en presentar proxectos arquitectónicos e de enxeñería caracterizados polo seu tamaño ou dificultade excepcionais.[26]


O complexoEditar

 
Biblioteca de Galicia
 
Instalacións do Arquivo

O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Segundo as previsións actuais, constará dos seguintes edificios:

  • Biblioteca de Galicia: Conta con 15.702 m² útiles e ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Foi inaugurado polo Príncipe de España, Filipe VI, xunto co Arquivo de Galicia, o 11 de xaneiro de 2011.
  • Arquivo de Galicia: Conta con 11.225 m² útiles. Pretende ser cabeceira e centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Foi inaugurado o 11 de xaneiro de 2011.
  • Museo Centro Gaiás: Conta con 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o 15 de xuño a exposición "Gallaecia Petrea". Non se trata dun museo, senón dun centro expositivo, pois carece de colección.
  • Edificio Fontán: Instalarase o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais.[27] Asentarase sobre a estrutura do inacabado Teatro da Música, suspendidas as obras no 2011 por mor da crise económica ata o 2014.[28]
  • Xardín Literario: Construirase sobre o que iba a ser o Centro de Arte Internacional e dastacará pola súa lagoa.[29]
  • Edificio de servizos centrais: Conta con 6.291 m² útiles e acolle os servizos de xestión e loxística. Alberga oficinas, espazos para o persoal e salas de usos múltiples.

As torres de John Hejduk completan o grupo de edificios principais, que se artella arredor de cinco viais peonís principais. O conxunto quedaría rodeado por unha zona verde de preto de 25.000 metros cadrados

 
Imaxe tomada en xuño de 2006.


ComunicaciónEditar

Ten unha única liña de bus que a comunica co centro da cidade, a liña 9 (Cidade da Cultura-Casas Novas) (Só os días laborais). Tamén está comunicada coa liña circular 11, que a comunica tamén co centro (só as fins de semana e festivos).

EventosEditar

O 5 de outubro de 2018 inaugurouse "Castelao Maxistral", unha mostra de diversos traballos de Castelao relacionados coa ensinanza, que inclúe A derradeira leición do mestre, sendo esta a primeira vez que se expón fóra de Buenos Aires. [30]

Entre os días 3 e 15 de novembro a Cidade da Cultura acolleu o Mundial de Xadrez Cadete, con participantes de ata 12 anos.[31]

Galería de imaxesEditar

A Cidade da Cultura en construción. 
 
 
 
Torres Hejduk 
Torres Hejduk 
Torres Hejduk 
Soportais da cidade da cultura 
Museo Centro Gaiás 

NotasEditar

  1. "La empresa que colocó las piedras del Gaiás se desvincula ahora de la obra" La Voz de Galicia.
  2. "La Xunta tasa el Gaiás en 80 millones menos de lo que costó a los gallegos" La Voz de Galicia.
  3. La Cidade da Cultura, un despilfarro de casi 500 millones Diario de León.
  4. "Ricardo Bofill | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  5. "Peter Eisenman | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  6. "Manuel Gallego | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  7. "Annette Gigon / Mike Guyer | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  8. "Steven Holl | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  9. "Rem Koolhaas | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  10. "Daniel Libeskind | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  11. "Juan Navarro | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  12. "Jean Nouvel | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  13. "Dominique Perrault | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  14. "César Portela | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  15. "Concurso de ideas | Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-04-01. 
  16. "Concurso de ideas". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2008. 
  17. "Biografía Peter Eisenman". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2008. 
  18. "City of Culture of Galicia 2011 — EISENMAN ARCHITECTS". eisenmanarchitects.com (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  19. Público, 7 de novembro do 2007.
  20. "Plataforma "Cultura si, mausoleo non". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de febreiro de 2010. 
  21. El colegio de arquitectos critica la Cidade da Cultura y la compara con un centro comercial. La Voz de Galicia.
  22. "Redefinición do proxecto". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2008. 
  23. El País, 11 de decembro do 2007
  24. Archivan el caso Arquivado 02 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. de la Cidade da Cultura al no encontrar indicios de delito penal. Xornal.com
  25. El coste final de la Cidade da Cultura será de 475,9 millones El País.
  26. "Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela", no programa Megaconstrucciones de Discovery Channel (en castelán).
  27. "Feijóo anuncia que se situará na Cidade da Cultura o edificio Fontán, onde se instalarán os servizos compartidos entre as tres universidades galegas". Xunta de Galicia. 28 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. 
  28. "La suspensión de las obras en la Cidade da Cultura hasta 2014 costará 447.000 euros" Faro de Vigo.
  29. "A Xunta investirá outros 17 millóns de euros nun novo edificio para a Cidade da Cultura". Historia de Galicia. 2 de xuño de 2018. 
  30. "Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra". Consultado o 3 de decembro de 2018. 
  31. "As promesas do xadrez reúnense en Santiago de Compostela". 4 de novembro de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar