Portal:A Coruña
![]()
Artigo destacado
O Hockey Club Liceo (coñecido por motivos de patrocinio como Coinasa Liceo), é un equipo de hóckey a patíns da cidade da Coruña (Galiza) fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e que na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 38 títulos (16 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). É un dos equipos máis laureados internacionalmente, só superado polo FC Barcelona.
As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, o seu presidente é Eduardo Lamas e actualmente é dirixido polo arxentino Carlos Gil. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns de España, a OK Liga, competición que gañou en sete ocasións, a última delas na tempada 2012-13. Lugar de interese
A praza de María Pita é o centro neurálxico da cidade da Coruña, e nela atópase a casa consistorial no palacio de María Pita. Trátase dunha praza porticada de planta rectangular cunha superficie de máis 10 000 m². Nunha das súas frontes atópase o palacio do concello, rodeado polas outras tres partes por edificios porticados e culminados cunhas espléndidas galerías, típicas da arquitectura galega.
A praza foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga en 1877 tralo derrubamento da muralla co fin de resolver o paso da cidade vella á Pescadería.Ao longo da súa historia recibiu o nome de praza de Alesón, Liberdade e Derribo. Baixo os soportais dos edificios atópanse diferentes locais de hostalería coma bares, cafeterías e restaurantes. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita, nada en Sigrás contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña en 1589, cando unha gran frota inglesa dirixida por Francis Drake, o 4 de maio dese mesmo ano, en resposta á Grande Armada que o ano anterior tentara a invasión de Inglaterra, atacou a cidade herculina. Segundo a crónica da época a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas.
Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos, no Arquivo do Reino de Galicia consérvanse ata vinte de diferentes contidos. Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingos da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba. Conmemórase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha estatua cunha chama sempre acesa. Sabías que...?
Este mes
Cita destacada
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|