José María Luengo Martínez
José María Luengo Martínez, nado en Astorga o 17 de maio de 1896 e finado na Coruña o 9 de marzo de 1991,[1] foi un escritor e arqueólogo leonés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1896 Astorga, España |
Morte | 9 de marzo de 1991 (94 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, arqueólogo |
Membro de | |
Traxectoria
editarFoi bautizado na parroquia de San Bertomeu da súa vila natal, fillo de Crescencio Luengo e María Dolores Martínez. O seu paie era facultativo de telégrafos, e en 1912 foi destinado a Madrid ao negociado de contabilidade da Dirección Xeral de Correos e Telégrafos, marchando alá tamén José María.
En 1918 ingresou por oposición no Corpo Administrativo do Catastro Urbano, exercendo como funcionario do Estado case durante medio século, 16 anos en León e o resto na Coruña, chegando a ocupar o cargo de Xefe Superior de Administración Civil. En paralelo á profesión administrativa desempeñou diferentes cargos dependentes do Ministerio de Educación e outras institucións. En 1929 foi nomeado secretario da Comisión de Monumentos Históricos Artísticos da provincia de León. En 1939, xa na Coruña, foi nomeado Comisario de Escavacións da provincia, pasando a ser Delegado en 1956 até a extinción do cargo. Tamén en 1939 foi designado vicepresidente da Comisión de Monumentos, pasando a ser presidente en 1950, cargo que ocupou até a súa morte.
Na Coruña creou o Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, logo de acadar a cesión do Castelo de Santo Antón e o seu acondicionamento. Foi o seu primeiro director entre 1965 e 1972, pasando nese ano a ser director honorario.
Arqueoloxía
editarEn 1929 iniciouse na arqueoloxía coa escavación do castro e o castelo de Valderas. En 1942 iniciou unha intensa labor de escavación en diferentes castros da provincia da Coruña, como os de Elviña, Meirás, Centroña, Carnota ou Baroña, redactando as súas respectivas memorias e publicacións.
Malia estar lonxe de Astorga mantivo o contacto coa vila. En 1946 realizou os primeiros estudos das cloacas romanas, e en 1954 iniciou as escavacións arqueolóxicas efectuadas na cidade. Rescatou as pinturas pompeianas atopadas e promoveu a declaración da Ergástula e o mosteiro de Santa María de Carracedo como monumento nacional, da vila de Vilafranca do Bierzo como Conxunto Histórico-Artístico, e de Montes de Valdueza e Peñalba de Santiago como paisaxes pintoresco histórico-artístico.
Recoñecementos
editarEn 1925 recibiu a medalla de homenaxe dos Reis, en 1929 foi designado Correspondente da Real Academia da Historia, en 1935 Correspondiente da Real Academia Galega, e en 1949 Correspondente da Asociación de Arqueólogos Portugueses. En 1942 concedéuseññe a máxima distinción no eido cultural, a medalla de Afonso X o Sabio. Xa en 1987 foi designado Personaxe Astorgano do Ano, e en 1988 concedéuselle o premio xornalístico Ciudad de Astorga, amais de ser nomeado Fillo Predilecto da cidade. Ten adicada unha estancia no Museo romano de Astorga.
Obra
editarLibros
editar- Esquema de la arquitectura civil en el Bierzo, Deputación Provincial de León, 1967
- La arquitectura popular de la Maragatería, Concello de Astorga, 1995, ISBN 84-606-2299-1
- Excavaciones en el castro céltico de Baroña, Deputación da Coruña, 1999, ISBN 84-89652-82-1
- Notas para la historia de León y su provincia, Deputación de León, 2001, ISBN 84-89470-96-0
Colaboracións
editar- Castros leoneses, Crónica do VI Congreso Nacional de Arqueoloxía, 1961
- Lo celta y lo celtibérico en la provincia de León, Homenaxe ao profesor Martín Almagro Basch, 1983, ISBN 84-7483-349-3
Artigos
editar- "El castro de Morgovejo (León)", en Actas y Memorias de la Sociedad Española de Antropología, XV, 1940
- "Fíbulas y hebillas celtibéricas de Lancia (León)", en Actas y Memorias de la Sociedad Española de Antropología, n.º 16, 1941
- "Una vivienda de los mineros en las minas romanas de oro en Las Médulas (León)", en Actas y Memorias de la Sociedad Española de Antropología, n.º 16, 1941
- "Noticia sobre el Paleolítico en León", en Actas y Memorias de la Sociedad Española de Antropología, Homenaje a Santa Olalla, XXII, 1947
- "Noticia sobre las excavaciones del castro de Elviña (La Coruña)", en Informes y memorias de la Comisaría General de Excavaciones, n.º 23, 1950
- "Exploraciones en el castro de Aranga (La Coruña)", en Cuadernos de Estudios Gallegos, XV, 1950
- "Excavaciones arqueológicas en el castro y necrópolis de Meirás (La Coruña)", en Informes y Memorias de la Comisaría General de Excavaciones, n.º 23, 1950
- "Excavaciones de la necrópolis romana de La Coruña", no III Congreso de Arqueoloxía, Zaragoza, 1955
- "Excavaciones en el castro céltico de Baroña (La Coruña), en Noticiario arqueológico hispánico, III e IV, 1956
- "Castros leoneses: Revilla, Sacaojos, Ardón, La Candamia, Villafañe y Valderas", no VI Congreso Arqueolóxico Nacional, Zaragoza, 1961
- "De la Tebaida leonesa: Montes y Peñalba", na revista Tierras de León, n.º 22, 1962
- "Excavaciones en la villa romana de Centroña (La Coruña)", en Cuadernos de Estudios Gallegos, n.º 51, 1962
- "Astorga romana: Excavaciones del plan nacional 1954-55", en Noticiario arqueológico hispánico, II, 1962
- "Síntesis histórica de Villafranca del Bierzo", na revista Tierras de León, Vol. 4, n.º 5, 1964, ISSN 0495-5773
- "El castillo de San Antón de La Coruña", no Boletín municipal de La Coruña, n.º 19-21, 1967
- "Exvoto a Marti Tileno", na revista León, n.º 214, 1972
- "Ruitelán y su iglesia románica", na revista Tierras de León, Vol. 17, n.º 26, 1977, ISSN 0495-5773
- "La cripta de los Marqueses de la ciudad en la Catedral de Astorga", na revista Tierras de León, Vol. 18, n.º 30-31, 1978, ISSN 0495-5773
- "La capilla de San José de Rabanal del Camino", na revista Tierras de León, Vol. 19, n.º 36-37, 1979, ISSN 0495-5773
- "El tesoro de Elviña y tres torques coruñeses", en Trabajos de Prehistoria, Vol. 36, n.º 1, 1979, ISSN 0082-5638
- "La Intentona del 30 de julio de 1869 en Astorga", na revista Astórica, ano 3, n.º 3, 1985, ISSN 0212-6141
- "Sobre lo prerromano y lo celto-romano en la provincia de León", na revista Tierras de León, Vol. 27, n.º 66, 1987, ISSN 0495-5773
- "La iglesia de Turienzo de los Caballeros y el Románico primario de La Somoza", na revista Astórica, ano 8, n.º 9, 1990, ISSN 0212-6141
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 10-3-1991, p. 75.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- José María Luengo, J. M. (1990): Estudios Arqueológicos. Concello de Astorga. ISBN 84-404-7157-2.