Bartolomeu, apóstolo

(Redirección desde «Bertomeu, apóstolo»)

Bartolomeu[1], ás veces Bertomeu, chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.

San Bartolomeu
Escultura de Pierre Le Gros o Novo (Roma, San Xoán de Latrán), s. XVIII
Apóstolo e Mártir
Biografía
Nacementodescoñecida, arredor do ano 1 d.C. en Caná, Palestina
Pasamentos. I d.C. esfolado e crucificado en Albania caucásica (antiga Armenia, actual provincia de Van en Turquía). Enterrado en San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma) (procedente de Benevento, antes en Lipari e antes en Dura-Europos)
Proceso de canonización
CanonizaciónAnterior á Congregación
Veneración
Venerado/a enMaioría das confesións cristiás
Festividade24 de agosto (occidente), 11 de xuño (oriente)
Santuario principalMosteiro de San Bertomeu (Albarak, Turquía, lugar do martirio), San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma), Catedral de San Bartolomeo (Lipari)
AtributosCoitelo, a súa pel esfolada
Patrón/a deArmenia; encadernadores, buxeos, carniceiros, traballadores da pel (curtidores, branqueadores); Cariño (A Coruña), Cabaneiro (Lugo), Capela de San Bertomeu da Catedral de Santiago

Traxectoria editar

Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bertomeu, que significa fillo de Ptolemeo.

Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resucitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bertomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeo, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia.

O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.

Veneración editar

Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.