Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (España)
(Redirección desde «Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España»)
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España é o actual departamento ministerial do Goberno de España con competencias en educación e formación profesional. A súa actual titular é Pilar Alegría.[1] A súa sede principal atópase no número 34 da rúa de Alcalá en Madrid.
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (España) | |
---|---|
Información xeral | |
Presidente | Pilar Alegría |
Sitio web | |
https://www.mecd.gob.es/ |
Funcións
editarA principal función do Ministerio de Educación e Formación Profesional é a proposta e execución da política do Goberno en materia educativa e de formación profesional do sistema educativo e para o emprego.[2]
Estrutura
editarSegundo o Real Decreto 2/2020, de 12 de xaneiro, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, o ministerio conta cunha Secretaría de Estado de Educación.[2]
Titulares
editarA anterior titular foi Isabel Celaá.[3]
Notas
editar- ↑ "Pilar Alegría Continente". transparencia.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Funciones y competencias". www.educacionyfp.gob.es (en castelán). Consultado o 2022-07-24.
- ↑ "Real Decreto 357/2018, de 6 de junio, por el que se nombran Ministros del Gobierno.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018.