Pilar Alegría

política española

María del Pilar Alegría Continente, nada en Zaragoza o 1 de novembro de 1977,[1] é unha política española do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), nomeada en xullo de 2021 Ministra de Educación e Formación Profesional de España.

Infotaula de personaPilar Alegría

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Pilar Alegría Continente Editar o valor em Wikidata
1 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
La Zaida, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Voceiro do Goberno de España
21 de novembro de 2023 –
← Isabel Rodríguez García
Nomeado por: Pedro Sánchez
Ministra de Educación e Formación Profesional
12 de xullo de 2021 –
← Isabel Celaá
10ª Delegate of the Government of Spain in Aragon (en) Traducir
11 de febreiro de 2020 – 12 de xullo de 2021
← Carmen Sánchez Pérez (en) TraducirRosa María Serrano Sierra (pt) Traducir →
Concelleira de Zaragoza
2019 – 2020
Deputada nas Cortes de Aragón
18 de xuño de 2015 – 2 de abril de 2019
Lexislatura: Q30752837 Traducir

Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Traducir

Deputada de España
2 de decembro de 2011 – 18 de xuño de 2015 – Ignacio Magaña Sierra →

Circunscrición electoral: Zaragoza

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Zaragoza

Deputada de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Pilar_Alegria Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nada en Zaragoza, é licenciada en Maxisterio, na especialidade de Educación Primaria, pola Universidade de Zaragoza e ten un mestrado en Estudos Avanzados en Educación Social pola Universidade Complutense.[2]

Membro do PSOE, foi coordinadora da Secretaría Federal de Educación e Ciencia, xefa do Gabinete do Departamento de Educación, Cultura e Deportes do Goberno de Aragón, membro do Grupo Zaragoza-Norte e membro da Executiva Federal do PSOE entre 2008 e 2012 como vogal, así como secretaria de Educación na Executiva rexional do PSOE de Aragón.

Entre 2008 e 2015, foi deputada por Zaragoza. O 29 de xullo de 2014 foi nomeada secretaria de organización do PSOE-Aragón.[3]

Nas eleccións autonómicas de 2015, presentouse como número dous do PSOE pola provincia de Zaragoza[4] e foi elixida deputada das Cortes de Aragón. O 6 de xullo de 2015 tomou posesión como conselleira de Innovación, Investigación e Universidade do Goberno de Aragón presidida por Javier Lambán.[5][6]

Nas primarias de 2017, no PSOE, apoiou a candidatura de Susana Díaz,[7][8] que saíu derrotada fronte á de Pedro Sánchez.

En setembro de 2018, Alegría converteuse na candidata do PSOE á alcaldía de Zaragoza, despois de obter o 49% dos votos na primeira volta das primarias celebradas o 24 de setembro e a renuncia da súa rival, Carmen Dueso, na segunda volta catro días despois.[9][10] Nas eleccións municipais de 2019, o PSOE, malia se-la forza máis votada con dez concelleiros e gañar en tódolos distritos da cidade, agás nos 3 feudos do Partido Popular (Centro, Centro Histórico e Universidade), e pese a ter un acordo cos responsables locais de C's, Albert Rivera forzou o acordo co seu partido con PP, e Vox para lle da-la alcaldía ao candidato popular Jorge Azcón.[7]

O 12 de febreiro de 2020, tomou posesión nun novo cargo como delegada do Goberno na comunidade autónoma de Aragón.[11] O seu nomeamento non estivo exento de controversia, xa que a decisión non fora consultada co PSOE aragonés.[12] É a encargada de realizar o relatorio de educación que se ha debater no 40 Congreso do PSOE.[13]

En xullo de 2021, o presidente Sánchez Pérez-Castejón nomeouna ministra de Educación e Formación Profesional para substituír a Isabel Celáa,[14] tomando posesión o 12 de xullo de 2021.[15][16]

Cargos desempeñados

editar
  • Vogal da Comisión Executiva Federal do PSOE (2008-2012).[1]
  • Deputada por Zaragoza no Congreso dos Diputados (2008-2015).[1]
  • Secretaria de Organización do PSOE-Aragón (2014-2017).
  • Deputada por Zaragoza nas Cortes de Aragón (2015-2019).
  • Conselleira de Innovación, Investigación e Universidade do Goberno de Aragón (2015-2019).[1]
  • Concelleira do municipio de Zaragoza e líder da oposición (2019-2020).[13]
  • Delegada do goberno de España en Aragón (2020-2021).
  • Ministra de Educación e Formación Profesional (2021-no cargo).

Vida persoal

editar

Ten un fillo que estuda no Liceo Francés Molière de Zaragoza.[13][17]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gallardo, Lourdes (11 de xullo de 2021). "Quién es Pilar Alegría, la nueva ministra de Educación y Formación Profesional". aprendemas.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  2. Axencias (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, futura ministra de Educación e Formación Profesional". que.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  3. Redacción (29 de xullo de 2014). "Pilar Alegría sustituirá a Eva Sáenz como secretaria de Organización del PSOE". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  4. Asín, N.; Morales, J. (15 de febreiro de 2015). "Lambán apuesta por Pilar Alegría de número 2 en la lista de las Cortes". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  5. Europa Press (6 de xullo de 2015). "Pilar Alegría apuesta por "recuperar el diálogo" con la UZ". europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  6. EFE (6 de xullo de 2015). "El nuevo Gobierno de Aragón echa a andar". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  7. 7,0 7,1 Marcos, José (9 de febreiro de 2020). "Pilar Alegría será la nueva delegada del Gobierno en Aragón". elpais.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  8. Tabanera, Noelia (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, de apoyar a Susana Díaz a ser la elegida de Sánchez". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  9. López, M. (24 de setembro de 2018). "Pilar Alegría gana las primarias del PSOE con el 49% de los votos pero no evita la segunda vuelta". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  10. Redacción (28 de setembro de 2018). "Carmen Dueso renuncia a las primarias del PSOE...". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  11. Mantecón, F. (22 de febreiro de 2020). "Pilar Alegría asume su cargo de delegada para "tender puentes" entre España y Aragón". elperiodicodearagon.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  12. Redacción (10 de febreiro de 2020). "Pedro Sánchez nombra a Alegría delegada del Gobierno sin consultar a Lambán". heraldo.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Stegmann, Josefina G. (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, el reemplazo de Celaá que ya asumía una labor central en la estrategia educativa del PSOE". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  14. Axencia EFE (10 de xullo de 2021). "Pilar Alegría, una maestra de 43 años al frente del Ministerio de Educación". cope.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  15. Sánchez Caballero, Daniel; Castro, Irene (10 de xullo de 2021). "La docente Pilar Alegría, un valor al alza del PSOE para culminar la reforma educativa". eldiario.es (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  16. "Real Decreto 529/2021, de 10 de julio, por el que se nombra Ministra de Educación y Formación Profesional a doña María del Pilar Alegría Continente.". boe.es. (BOE, núm. 165, de 12 de xullo de 2021, páxina 82903). Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  17. Asunción, Fernando (10 de xullo de 2021). "La nueva ministra de Educación lleva a su hijo a un colegio privado". vozpopuli.com (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar