Isabel Celaá

política e catedrática de ensino secundario vasca

María Isabel Celaá Diéguez, nada en Bilbao o 23 de maio de 1949,[1] é unha política e catedrática de ensino secundario vasca, membro do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSOE-EE) e actual portavoz e ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España.

Infotaula de personaIsabel Celaá

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Isabel Celaá Diéguez Editar o valor em Wikidata
23 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de España na Santa Sé
26 de xaneiro de 2022 –
Deputada de España
3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Daniel Senderos Oraá (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Araba

Electo en: Q69822811 Traducir
Deputada de España
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Araba

Voceiro do Goberno de España
7 de xuño de 2018 – 13 de xaneiro de 2020
← Íñigo Méndez de VigoMaría Jesús Montero →
Minister of Education and Vocational Training (en) Traducir
7 de xuño de 2018 – 11 de xullo de 2021
← Íñigo Méndez de VigoPilar Alegría →
Ministro da educação (pt) Traducir
2018 – 2021
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 2 de agosto de 2016

Circunscrición electoral: Biscaia
Minister of Education (en) Traducir
9 de maio de 2009 – 14 de decembro de 2012
← Jose Antonio Campos (en) TraducirCristina Uriarte (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 12 de maio de 2009 – Pilar Pérez-Fuentes Hernández (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Vicepresidente Parlamento Vasco
25 de marzo de 2008 – 3 de abril de 2009
← Miguel Buen (en) TraducirBlanca Roncal (en) Traducir →
Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de maio de 2005 – 3 de abril de 2009

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 12 de maio de 2009
Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto
Universidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , profesora de ensino secundario , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua éuscara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: CelaaIsabel Dialnet: 46483 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria política editar

Inicios editar

Iniciouse na política en 1987 como responsable do gabinete do conselleiro de Educación, Universidades e Investigación José Ramón Recalde. Tras o breve interregno do goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Euskadiko Ezkerra de 1991, foi viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación con Fernando Buesa como conselleiro ata o fin da lexislatura (1995).[2] Na seguinte lexislatura abandonou as responsabilidades educativas, sendo directora de gabinete do conselleiro de Xustiza, Economía, Traballo e Seguridade Social, Ramón Jáuregui. Desde outubro de 1998 é parlamentaria autonómica vasca por Biscaia. Como parlamentaria foi responsable dos temas educativos do seu grupo. Entre 2008 e 2009 foi vicepresidenta primeira do Parlamento Vasco.

Conselleira de Educación editar

De 2009 a 2012 exerceu o cargo de conselleira de Educación, Universidades e Investigación no Goberno Vasco presidido por Patxi López.[2][3][4] Impulsou a reforma da Educación Pública Vasca, apostando fortemente polo trilingüismo e a incorporación de novas tecnoloxías en centros escolares, mediante o programa Eskola 2.0. Tamén concedeu gran protagonismo á Formación Profesional.

Celaá combateu o adoutrinamento nacionalista nas aulas. A súa primeira medida foi derrogar o currículo escolar (marca o que deben estudar os alumnos ata os 16 anos) aprobado polo seu antecesor, Tontxu Campos (de Eusko Alkartasuna) para desposuír ao currículo escolar da carga ideolóxica nacionalista que lle infundira o Goberno Vasco anterior, onde gobernaba o PNV en coalición con EA e Esquerda Unida. Entre outras cuestións, ese currículo fixaba o éuscaro como lingua preferente na comunidade. Celaá equiparou éuscaro e castelán ao mesmo nivel, de acordo ao bilingüismo de Euskadi. Outro xesto, moi polémico, foi matizar no currículo escolar o termo «Euskal Herria», borrando a entidade política-administrativa que figuraba nos libros de texto, pero blindando o concepto cultural. «Non o imos a eliminar pola sinxela razón de que Euskal Herria existe. É o país do éuscaro e é un territorio que temos de cultura común, de lingua común e que compartimos os vascos», asegurou nunha das súas primeiras entrevistas como nova conselleira autonómica.[5].

Durante a súa etapa como conselleira puxo en marcha os programas de presenza das vítimas do terrorismo nos centros educativos para que trasladasen a súa experiencia aos alumnos de Secundaria.[6][7]

Foi cabeza de lista do PSE-EE ao Senado pola circunscrición de Biscaia nas eleccións xerais de 2015[8] e 2016[9] pero non resultou elixida.

Ministra de Educación editar

Celaá foi elixida por Pedro Sánchez como ministra de Educación e voceira do seu novo goberno, tras o éxito da moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) en xuño de 2018.[10]

Cargos desempeñados editar

Vida persoal editar

Isabel Celaá é licenciada en Filosofía e Letras e Dereito[11] polas universidades de Deusto e de Valladolid. Está casada e é nai de dúas fillas. Ten acreditado o nivel C1 de éuscaro mediante o título EGA. Viviu e estudou varios anos en Irlanda.[10]

Notas editar

  1. "Isabel Celáa será ministra de Educación en el Gobierno de Pedro Sánchez". RTVE.es (en castelán). 6 de xuño de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Isabel Celaá será la ministra de Educación del Gobierno de Pedro Sánchez". eldiario.es. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  3. "DECRETO 6/2009, de 8 de mayo, del Lehendakari, de nombramiento de la Consejera de Educación, Universidades e Investigación.". BOPV. 9 de maio de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  4. "DECRETO 21/2012, de 15 de diciembre, del Lehendakari, por el que se declara el cese en sus funciones de los Consejeros y Consejeras del Gobierno". BOPV. 17 de decembro de 2012. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  5. "Celaá afirma que no eliminarán el término Euskal Herria del currículum vasco porque existe como "país del euskera"". Europa Press. 27 de xullo de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  6. "El testimonio de las víctimas, en Educación para la Ciudadanía". El Periódico de Catalunya. 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  7. "Catorce víctimas del terrorismo, listas para dar su testimonio en las aulas vascas". El Correo. vascopress. 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  8. "Elecciones Senado 2015. Candidaturas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  9. "Elecciones Senado 2016. Candidaturas proclamadas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "Las ministras y los ministros de Sánchez". Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  11. "Transparencia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar


Predecesor:
Íñigo Méndez de Vigo
(Ministro de Educación, Cultura e Deporte de España)
  
Ministra de Educación e Formación Profesional de España
 
2018 - no cargo
Sucesor:
no cargo