Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018
A moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018 debateuse en sesións plenarias do Congreso dos Deputados do 31 de maio e o 1 de xuño de 2018, e supuxo a caída do seu segundo Goberno, que tivo que presentar a súa dimisión ao rei, e a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España.
Esta foi a cuarta moción de censura desde a transición española á democracia e a segunda presentada contra Mariano Rajoy tras a de Unidos Podemos o ano anterior,[1] así como a primeira de toda a democracia española en prosperar.
Historia
editarO 24 de maio de 2018 a Audiencia Nacional determinou como resultado das investigacións do chamado "Caso Gürtel" a existencia, desde a fundación do partido en 1989, dunha estrutura de contabilidade e financiamento ilegal nas finanzas do Partido Popular (PP), que se desenvolvía en paralelo ao que o propio partido informaba oficialmente.[2] A Audiencia Nacional, na sentenza, argumentaba que o PP axudou a establecer «un sistema xenuíno e efectivo de corrupción institucional a través da manipulación da contratación pública central, autonómica e local».[3] Doutra banda, considerou que Mariano Rajoy non fora «veraz» no seu testemuño como testemuña durante o xuízo.[4]
O 25 de maio a moción de censura foi rexistrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Unidos Podemos (alianza de Podemos e Izquierda Unida, entre outros moitos partidos), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), o Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT), Compromís e Nueva Canarias (NCa) anunciaron de inmediato o seu apoio á moción.[5] Ao mesmo tempo, Ciudadanos (Cs) certificou o final do seu apoio ao Goberno e pediu que se convocasen eleccións anticipadas, mentres expresou a súa desvinculación coa acción de Pedro Sánchez.[6][7] Fontes tanto do Goberno como do PP recoñeceron que a moción tiña perspectivas reais de éxito, xa que o apoio do PSOE e Unidos Podemos, xunto co dos partidos nacionalistas e independentistas periféricos, sería suficiente para gañar a votación.[8][9] O 26 de maio, o PSOE aceptou convocar eleccións anticipadas se Ciudadanos se sumaba á moción.[10][11] O Goberno admitiu perder o control da lexislatura e non descartou verse obrigado a convocar eleccións anticipadas para finais de 2018 ou principios de 2019, mesmo se chegase a superar a moción.[12][13][14]
O 1 de xuño de 2018 votouse a moción de censura resultando exitosa con 180 votos a favor, 1 abstención e 169 votos en contra, polo que Mariano Rajoy debeu presentar a súa dimisión ao rei Filipe VI e renunciou como líder do PP, sendo substituído por Pablo Casado.
O Congreso dos Deputados outorgou a súa confianza ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que foi investido presidente do Goberno. Converteuse así no primeiro presidente español que non era deputado desde que se restableceu a democracia en 1977.[15] Sánchez declarou antes que establecería un goberno «de transición» que asegurase a «gobernanza» do país e recuperase a «normalidade democrática» por mor da crise política desatada polo caso Gürtel, para logo, canto antes, convocar eleccións xerais.[16]
Votación
editarO 1 de xuño de 2018 votouse a moción de censura, finalizando con éxito e dando como resultado a destitución do presidente Mariano Rajoy e do seu Goberno por 180 votos a favor, 169 en contra e 1 abstención; e a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno.[17]
Candidato | Data | Voto | Total | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pedro Sánchez (PSOE) |
1 de xuño de 2018[18] Maioría absoluta requirida (176/350) |
Si | 84[19][20] | 67[21] | 9[22] | 8[23] | 5[24] | 4[25] | 2[26] | 1[27] | 180/350 | |||||
Non | 134[28] | 32[29] | 2[30] | 1[31] | 169/350 | |||||||||||
Abstencións | 1[32] | 1/350 | ||||||||||||||
Ausencias | 0/350 |
Notas
editar- ↑ El Confidencial, ed. (25 de maio de 2018). "¿Qué es una moción de censura?: la cuarta en democracia, segunda contra Rajoy". Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Cortizo, Gonzalo (25 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "El PSOE registra en el Congreso la moción de censura contra Rajoy". Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Vázquez, Ángeles (24 de maio de 2018). El Periódico de Catalunya, ed. "El PP y Correa tejieron "un sistema de corrupción institucional", según la Audiencia". Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Campos, Miguel Ángel (24 de maio de 2018). Cadena SER, ed. "El testigo Rajoy no fue "verosímil" al negar la caja b". Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Robles, Gemma; Santos, Pilar; Sánchez, Rosa María (25 de maio de 2018). "ERC y PDeCAT se inclinan por apoyar la moción de censura de Sánchez contra Rajoy". eldiario.es. Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Vázquez, Ángeles (25 de maio de 2018). "El PP, ante la crisis más profunda de la 'era Rajoy' tras la sentencia de la Gürtel". El Periódico de Catalunya. Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Esteban, Paloma (25 de maio de 2018). "Rivera pide elecciones anticipadas pero descarta la moción de censura de Sánchez". El Confidencial. Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Cortizo, Gonzalo; Aduriz, Íñigo (25 de maio de 2018). "Moncloa asume que es "posible" que la moción de censura contra Rajoy salga adelante". eldiario.es. Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Palomera, Esther (25 de maio de 2018). "Rajoy entra en tiempo de descuento". El Huffington Post. Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ "El PSOE acepta convocar elecciones en "unos meses" si Ciudadanos apoya la moción de censura de Pedro Sánchez". eldiario.es. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ "El PSOE acepta la condición de Ciudadanos de convocar elecciones tras la moción de censura". La Vanguardia. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Cortizo, Gonzalo (26 de maio de 2018). "El Gobierno admite la pérdida de control sobre la legislatura". eldiario.es. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ "Rajoy confía en superar la moción de censura y convocar elecciones para marzo". La Vanguardia. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ "Rajoy, sin margen para seguir". El País. 27 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018.
- ↑ Público, ed. (1 de xuño de 2018). "El primer presidente que no es diputado y otras seis curiosidades del nuevo jefe del Ejecutivo".
- ↑ Cortizo, Gonzalo (25 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "Pedro Sánchez anuncia la moción de censura para formar "un gobierno del PSOE" y pide el voto de todos los partidos". Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ "Pedro Sánchez gana la moción de censura y se convierte en el séptimo presidente de la Democracia". Finanzas.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ "Qué han votado los partidos y por qué en la moción de censura a Rajoy". El País. 1 de xuño de 2018.
- ↑ Merino, Juan Carlos (25 de maio de 2018). La Vanguardia, ed. "El PSOE registra una moción de censura contra Mariano Rajoy". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Ellakuría, Iñaki (28 de maio de 2018). La Vanguardia, ed. "Aval sin fisuras del socialismo catalán a Sánchez en su moción de censura". Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Gil, Ivan (25 de maio de 2018). El Confidencial, ed. "Iglesias reitera su apoyo sin condiciones ni exigencias de sillones a Pedro Sánchez". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Puente, Arturo (30 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "ERC da por hecho el sí a Pedro Sánchez mientras el PDeCAT pactará su posición con el PNV". Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ eldiario.es, ed. (30 de maio de 2018). "El PDeCAT votará lo mismo que ERC y asegura que está "en contacto con el PNV"". Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ eldiario.es, ed. (31 de maio de 2018). "El PNV confirma el final de la presidencia de Mariano Rajoy". Consultado o 31 de maio de 2018.
- ↑ Alós, Carlos (25 de maio de 2018). Levante-EMV, ed. "Compromís dará apoyo a cualquier moción de censura que desaloje a Rajoy". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Naiz, ed. (31 de maio de 2018). "EH Bildu votará a favor de la moción pero avisa que el rechazo a Rajoy «no es un apoyo al PSOE»". Consultado o 31 de maio de 2018.
- ↑ La Vanguardia, ed. (25 de maio de 2018). "NC votará a favor de la moción de censura si es para investir a Pedro Sánchez". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Romero, Alexis (25 de maio de 2018). ABC, ed. "El PP: "Está moción de censura debilita a España"". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Pérez Colomé, Jordi (25 de maio de 2018). El País, ed. "Ciudadanos no apoyará la moción". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Diario de Navarra, ed. (25 de maio de 2018). "UPN no apoyará la moción de censura y ve "oportuno" nuevas elecciones". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ 20minutos, ed. (25 de maio de 2018). "Foro Asturias rechaza la moción de censura de Sánchez: "No se puede arreglar España con quien quiere romperla"". Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ Europa Press, ed. (31 de maio de 2018). "CC anuncia por sorpresa su abstención en la moción de censura y tiende su mano a Sánchez". Consultado o 31 de maio de 2018.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018 |